Rebumbio de actualidade
Onte ocorréronseme un par de temas para desenvolver ao longo da semana pero deiteime no sofá a ver informativos, ese mal hábito, e non podo resistirme a ofrecervos a miña mirada estrábica sobre o mundo tales días coma hoxe:
Información Internacional: En Catalunya celebran o San Jordi. Contábanos unha catalana que a clase política estaba varios chanzos por debaixo da cidadanía. Foille difícil convencer a un indiviudo testán coma min de que as sociedades democráticas non teñen os políticos que a poboación merece. Sen dar de todo o meu brazoa torcer quédome coa solución de compromio seguinte: hai veces que hai individuos ou xeracións que cambian o curso da historia. ¿Quen nos di que os tripartistas cataláns e Mas non mudarán o durante moitos anos motor económico, social e cultural de España? ¿Ficaremos todos de brazos cruzados mentres a internacional madrileñista ocupa este papel? Sen embargo un pobo que regala na súa festa libros e rosa ten sempre unha esperanza e unha resposta forte e decidida aos retos do futuro. (En Madrid as bibliotecas abren durante 24 horas con espectáculos para atraer a xente e aquí imos poñer poemas nas bolsas do pan)
Información local: O problema pode vir dado porque non existe unha verdadeira festa nacional galega. Existe o 25 de xullo, pero claro é, no peor dos casos, a festa dos do Bloque e no mellor as do apóstolo. Para a inmensa maioría dos cataláns a comunidade autónoma é nación, para Rilke era a súa infancia e para o galego a parroquia é nación. Pois ben, supoño que terei que cantar o himno (Noia, país de alegría dos Tamara)porque onte foi a festa de San Marcos. Esquecinme por completo. Non puiden ir comprar cabalo nin equino, tampouco gozar das atraccións de feira que detesto, nin compartir locais de hostelería ateigados de morea e media de descoñecidos, nin comer con tódolos amigos soeces dos meus pais (o amigo exhibcionista incluído). Non se vos escapará que ando desolado. O que máis me amolou foi que esta data coincide co aniversario da miña irmá e que non lle mandei correo electrónico nin a chamei por teléfono. Este blog débelle bastante a Tare e ela mesma comezou coa súa propia bitácora dixital da que non darei o enderezo para que os libidinosos non vos recreedes coa súa teutónica beleza.
Información tecnolóxica: Ao rego do anterior, o meu irmán, que naceu hai 13 anos, fala coma un mariñeiro de 50 e compórtase coma un trasno de 8, anda a chatear polo messenger cunha foto dun coche tuneado. Por se a desgraza non fora xa suficentemente devastadora anda a chatear con todos os amigos da miña irmá e con parientes lonxanos. Non contento con iso dalle ao meu enderezo a todo aquel que o queira. O outro día andívome inquirindo, con vehemencia, sobre se eu teño amigos con messenger así que xa sabedes: portádesvos comigo ou teredes que falar durante horas con Manuel de Carreira sobre fútbol a través de Internet.
Información deportiva ( Aquí , esta parte vaite aburrir podes saltala): Alonso di que el ao seu equipo non lle debe nada. ¿Cambiará el mesmo as rodas no próximo Gran Premio? ¿Que opinará entón Raikonen do seu equipo cando ten un coche que rompe con cada curva? ¿O xen que determina que sexas un individuo arrogante, desprezable, ignorante, estúpido e maleducado e o mesmo que determina que sexas piloto de carreiras?
O Porto gañou a liga lusa. ¿Constitúe un novo éxito do Eixo Atlántico e polo tanto do goberno galego e polo tanto de Emilio Pérez Touriño? O Chelsea foi eliminado polo Liverpool. ¿Equivocouse Mourinho, debía ter probado fortuna no equipo Renault?
Información de cultura e sociedade: O breve e autobiográfico A salto de mata de Paul Auster reencontroume con este recomendable (e segundo con quen fales sobre ou infravalorado) escritor e atopei puntos de conexión coa miña posición actual do meu cronograma vital. Un amigo meu séntese culpable polas miñas visitas ao furacán. Non somos fatalistas e cremos no libre albedrío así que Elric tranquilo que só é unha fase e deixa de tomar o indie español coma unha referencia filosófica persoal. Ademais no tugurio coincido con directores de cine botando unha soneca.
En sociedade un amigo bolseiro confesoume que as rapazas de segundo de carreira (hai catro anos que rematamos) parécenlle esplendorósamente fermosas. Canto máis tempo paso na facultade a beleza vai in crescendo polo que conclúo que estamos a facernos vellos e el máis calvo e eu máis gordo.Por outra as mulleres dos locais de última hora de Compostela tamén gañan en atractivo nas últimas pasadas. Non descartedes que nun futuro inmediato me convirta nun poeta costumista do encanto femenino en ambientes sombríos e con música dos anos 80.
No apartado de espectáculos asistín a un concerto do grupo local Os Homens (se non se escribe así pido desculpas). A súa técnica musical paréceme moi digna para un grupo novel e galego polo que só lles pido que quiten as camisetas a raias para que a xente non os confundan con Franz Ferdinand.
Anuncios por palabras:
Preciso test psicotécnicos e un ventríluoco inglés para superar as probas do ICEX que arestora se presentan coma unha das solucións máis ilusionantes para o meu futuro.
Alquilo a miña proverbial capacidade de escoitar neuras alleas e compartir problemas con calquera amiga ou amigo aburrid@ ou falto dunha man amiga. Fagoo polo caldo, literalmente, por préstamo en productos culturais, por un intercambio de neuras (aínda que as miñas remitiron dende que deixou de chover), unha velada divertida ou un pouco cariño.
Cambio parte da miña indeferencia ante o traballo, a cultura non popular, as festas de Noia e o material de oficina por un par de comentarios pola vosa banda para que este blog non se convirta na fábrico de aburrimento definitiva despois de Pedro Ruíz, ese xenio incomprendido.
(PD: Observaríades que hai unha serie de fotos acompañando a este post. Pensei que ao mellor o post podía facerse moi longo e decidín engadir estampas agradables. -O meu xefe dixo unha vez "Ninguén pode loitar contra o poder da imaxe"-Así que metín unha de Ribadeo, vila preciosa que non coñezo como debería, outra de Orlando Bloom, Alicia Keys e ese último fulano é o cantante de Def Con Dos que incluín por deferencia coa miña amiga a Mona. Para que digas que non me acordo de ti.(
14 DÃxome dÃxome:
Estimado nadador,
echo en falta un suplemento dominical con algún reportaje de investigación. Quizá pudieras encontrar ideas en estos lúgubres ambientes que frecuentas, donde se dan cita nobles pensadores y artistoides en el súmun de su creación.
Quizá una editorial de reflexión sobre la peligrosa tendencia al alza del número de gente y ganas de bullicio nocturno que existe una vez llega el período primaveral.
Pudiera ser una aportación una sección de entrevistas. ¿Has pensado en entrevistarte? a mi me resultaria interesante leerlo.
Un saludo
Señor nadador, quito o chapeu ante a intensidade da súa prosa. E non se preocupe por ver belezas por todas as partes, non é a idade, é a primavera.
a cabra co vicio dá cos cornos no cu
más vale pajaro en mano que pau nos fuciños
como xa van dous comentarios, débesme un portaminas, é material de oficina, non?, pero quero un deses de mina grosa, coma min, pesado
auster é moi especial. pero MOI POUCA xente o entende de verdade. é unha cuestion case metafísica. o de que á xente lle gusta moitisimo ou nada, é certo. pero non e cuestión de gusto. é de empatía.
É certo iso que dicides de Paul Auster(o da empatía, quero dicir). A min pásame o mesmo con Dan Brown.
O Nadador responde:
Eses lugares que comenta o usuario anónimo cumpren, que eu saiba, coas condicións de salubridade impostas pola consellería de sanidade. Se houbese nobles pensadores e artistoides onde eu vou non me aceptarían. A entrevista a min mesmo sedúceme como idea para un post pero temo a caer no paroxismo do egocentrismo.
A beleza, como xa lle comentei señor Duende, tamén ten que ver coa idade coa que un mira. Máis anos-máis capacidades para percibila-menos para conseguila.
Señor Choqueiro, non teño material de oficina de meu e non me guste que insinúe que os cabrunos son máis viciosos que os que non o son.
Sobre Paul Auster e Dawn Brown... Curioso que o primeiro non venda case nada en Estados Unidos e o segundo teñoo na casa para practicar o meu inglés. Aí está.
Perdoa, Nadador. Sobre Dawn ('Amencer') Brown...¿que é o que 'aí está'?
Pois que está na casa a agardar por min.
¿E por que é curioso que Paul Auster non venda case nada en Estados Unidos?
Porque é estadounidense.
...
(nada que dicir.)
¿...?
Lin onte nunha revista literaria que a Asociación de Críticos francesa vaille conceder a "O código da Vinci" un premio especial á mellor novela dos últimos 25 anos.
Por fin os franceses descubriron o sentido do humor.
Post a Comment
<< Home