Friday, April 21, 2006

Temas perdidos

Nun momento dado as follas con ideas para posibles relatos e demais proxectos literarios ateigaron libretas recicladas cheas de flecos de papel. Os miolos bulían a argallar ideas que case nunca chegaban a papel e unha vez alí case mellor que non tivesen chegado.

Cheguei a ter máis de 300 argumentos para relatos, novelas, obras de teatro que agora alá van... Moitas delas despois dun imperceptible pero innegable proceso de madurez non superarían a corte. Supoño que as imprescindibles de verdade fan boa a lei de Darwin superaron o corte e aínda as recordo e espero que nalgún intre pasen a ser parte dunha obra literaria.

Ata hai pouco co blog pasábame igual. Ao día ocorríanseme 3 ou 4 argumentos para non dicir nada e algún, coma espermetazoide que fecunda a un óvulo, chegaba extásico á súa meta. Moitos dos temas dos que me esquezo ao longo do día son coma fillos pródigos e algúns dáselles por volver pero a maioría non. Un non pode deixar de sentir impotencia como pai.

As miñas demoras e os meus descoidos á hora de actualizar este blog fanme plantexar se xa agotei todos os temas e debería introducir outros menos persoais e máis creativos ou cambiar de formato. Sobre os temas que ao final non se explotan co tempo tendo a consideralos coma carne de canón. De cada 10 ideas unha sae adiante e, con sorte, unha desas 10 boas irá para adiante. Sacrificios necesarios.Sen embargo cada tema esquencido é unha pena máis no zurrón.

4 Díxome díxome:

At 8:13 PM, Anonymous Anonymous said...

Unha vez alguen confesoume que os mellores versos nunca se escriben. Quero moito a esa persoa que mo dixo, aínda non perda xa nada do seu tempo en pensar en min, nin sequera sabe o importante que foi na miña vida, pero non creo en ela.

 
At 2:59 AM, Anonymous Anonymous said...

the old anonimo, davis, vaia,

unha vez alguen confesoume que os peores versos sempre chegan a escribirse. Odio a esa persoa que mo dixo, e, aínda que nunca pense en min, sabe perfectamente o pouco que importou na miña vida, pro eu creo cegamente nela.

Ababdon o esterminador, ernesto sábato, onde di: "querido y remoto muchacho........"

o resto e xogar ás tabas, que como todo xogo de azar, ten un só prestixio: o tempo que enreda o azar, ou ben: T.T. "dado que rebota, salta, se entretiene, enredando la incertidumbre del azar...." que pouco dadaistas eran os dadaistas.

saúde e cancións

 
At 4:27 PM, Blogger Patrice said...

ves? eu tamén me acordei... pero está claro quen madruga máis dous dous... a partir de agora lereite.
bicos dende a contraportada...

 
At 9:27 AM, Anonymous Anonymous said...

É certo iso que dicides de Paul Auster(o da empatía, quero dicir). A min pásame o mesmo con Dan Brown.

 

Post a Comment

<< Home