Cousas pasan (cun epílogo sobre ortografía)
Cousas pasan (adicado aos que lles interesa cotillear sobre a miña vida ou a personaxes como a Mona que desfrutan recriminándome a miña falta de pudor) :
Convertinme no único traballador da institución na que traballo, emocioneime vendo como Gio acababa coas esperanzas do Celta de ir a Champions e, xa de paso, gañaba a liga; fun ao concerto dunha anglo-marroquina que movía ben o bandullo e (ATENCIÓN: políticamente incorrecto) os peitos rodeado de gafapastas calvorotas calados coma tumbas mentres o meu acompañante deixaba os intestinos en Capitol; entrei nunha festa de anarquistas sen pagar e non me atrevín a comer o seu queique polos ingredientes que puidese levar; cometín varias neglixencias no meu traballo; afeiteime, tiven un problema cun curmán esquizofrénico; a miña irmá veu a visitarme dende Alemaña, foi unha oportunidade única para pasear do brazo cunha rubia guapísima; descubrín que toda unha promoción de xornalismo comparte unha obsesión comigo; volvín a achegarme á que sería a miña esposa ideal na mesma discoteca á mesma hora (as 6 e media) e volveu a pasar de min; nunha acción paralela, o meu axente comercial (Leo Messi) negocia para que uns tratantes lugueses cumpran co asinado e me concedan a unha individua de 20 anos ben valorada polo meu axente; estiven cos meus compañeiros de piso nun botellón na casa dun antiguo futbolista da selección alemana sub-15 que debutou na UEFA co Hertha de Berlín, nesa casa vin coma unha persoa que disfruta vendo á xente vomitar (porque según el gústalle que a xente saque o que ten dentro) retiraba a pota do meu compañeiro de piso cunha culler da pileta; lin insistentemente o blog dunha persoa decepcionante en todos os sentidos e que cada vez me decepciona máis (¿E por que o fago?); leo os comics que El Duende me presta e disfrutei moito coa victoria do meu amigo Moisss; recuperei o contacto coa miña amija de Curtis-Cuenca gracias ao, bendito, messenger, falo por teléfone con Zenone; vivo unha segunda etapa leitora de Paul Auster; plantéxome aumentar os meus horizontes profesionais; vexo as mesmas persoas os venres e nos mesmos lugares; volvín ver a un anxo que traballou na fotocopiadora de Mazarelos e agora é camareira nun restaurante da Zona Vella; e, en definitiva, o tempo pasa.
Este post tamén serve para probar que non sei usar os puntos e comas.
10 DÃxome dÃxome:
aparece a competencia por terras de lugo, imos por 20 vacas e 3 años, aínda q a min, particularmente, chámame máis a atención o limoeiro...
princesa vampira
bicos
vémonos por santiago
Máis desfrutei eu co gol de Bodipo...
Bastante impudoroso sí, pero bueno, sirve para que os amigos que non están sempre presentes coñezan como foron parte dos teus días coas súas noites. Así que viches a C...a, por certo, viches a ¿I...e?
Como tasador, recoñezo que unha oferta adecuada é a de vintecinco vacas e un limoeiro. Ademais, gañas unha cuñada maja. (Empezarei a ter vocación empresarial.)
Por certo, saúdos á Mona, xa que a mencionas, porque dende que Messi está lesionado non a vexo. Pero non volvamos a el, por favor,gustaríame outro alcume (non me sirve Escudé tampouco. Xamais o fútbol marcara tanto a miña vida, vaia fatalidade!
Bicos para Zenone tamén Sendo pouco pudoroso tamén, debo dicir que aínda recordo o tacto do seu "traseiro" na miña man nunha noite case tan épica como as de Champions.
Aínda que o post orixinal pareza un caos, todo na vida está relacionado. Así que coma fichas de dominó, se por fin consegues aparcar un Ferrari diante da túa empresa, poderás ter a esa rapariga lucense, e se cadra contratar a Gio como secretario ou chofer, ou telefonista...
Só comentades cando hai cotilleos.
hai que facer un blog colectivo que funcione a xeito de "tomate" virtual galego. é o que vende. o pudor é contrarrevolucionario
Qué formas de coacción son istas, Nadador? Non estás satisfeito cos teus lectores? Quizais prefires unha élite intelectual máis adicada á descomposición do suxeito na posmodernanidade?
Vaites, vaites ...Indignante, indignante.
Aínda podemos ir e gañala gracias a Intertonto e ademais sen medo de descender a temporada que vén nin celebracións masivas por enfrontarnos ao Arges Pitesti en primeira ronda.
Non merece a pena buscar eses consolos e esperanzas. Somos, sen máis, unha merda. We're a shit, we're a es-eich-ai-ti, shit.
Só comentades cando hai cotilleos...????? Claro! Es q hay algo más interesante....
(Biquiños Messi)
Post a Comment
<< Home