Aínda máis egocentrismo (que lle imos facer)
Gustaríame escribirvos algo enxeñoso, divertido ou que vos fixese reflexionar. Mais non vai ser o día. Como non teño nada que dicir só me queda venderme a min mesmo, como fai unha prostituta co seu corpo ou un xornalista coa súa integridade. O outro día unha amiga miña pasoume un test cunha serie de preguntas sobre min. Algún día farei unha entrevista a min mesmo pero espero que isto sirva para rirvos un pouco ou facervos reflexionar sobre se non sería mellor deixar de navegar e traballar na vez de ler estas patochadas. Aí vai:
.Que hora é?: 18:32h
1. Nome Completo: Por seguridade non o direi.
1. Alcumes: Joao, Juan, Suan, Paco, Jesús, Xoanciño do Cou-Cou, Xoan de Carreira e o peor de todos, e por ende máis popular, Xan.
2. Por quen te puxeron o teu nome ? Por un carteiro bohemio (lease putero) de Porto do Son que foi o meu padriño. El chamábase Juan e a miña nai por putear galeguizou o nome.
4.Signo Zodiacal: Piscis con ascendente Libra, mono no chino e casa no azteca.
5.Tatuaxes: Se non admitimos a cara, ningún.
6.Amaches tanto a alguén como para chorar: Se non fose así sería un desgraciado.
7.Estiveches nun choque de coches?: Algunha vez nas festas de Noia
9. O vaso medio cheo ou medio baleiro?: Aínda que está medio baleiro eu estou sempre a piques de afogar nel.
10.Color de ropa interior favorito: Un que non chame a atención
11. Numero favorito: 17
12.Color favorito: O das tardes do verán
13. Supersticioso: Só no futbolístico e cunhas botas negras que teño.
14. Tipo de música de preferencia: A boa.
16. Flor: Orquídea.
17. Cando foi a túa última visita ao hospital: Para ver ao meu tío que morreu ao ano seguinte.
18. Como te ves en dez anos:Máis gordo, máis calvo, máis frustrado, máis emparanoiado, máis inútil, máis pobre. En definitiva: sempre máis.
19.Que cambiarías de tu vida: Soio ser eu quen fallo... Pero partindo de que é imposible gustaríame ter máis estabilidade laboral e casa propia.
20.O primeiro que pensas cando te despertas: ¿Canto falta para o venres? Salvo na fin de semana que penso ¿Canto falta para o luns?
21.Que hai nas paredes da túa habitación?: Cousas que eu non puxen.
22.Nomea á persoa que tal vez non comente este post: Aquí
23.Nomea á persoa que seguro responde: Mona
24 Quen te gustaría que o respondese: O Choqueiro
25. Que lle dirías a alguén e non te atreves: Dame o teu patrimonio e suicidate ou Se a nai dos meus fillos e mantenme o resto da miña vida.
26.Deporte favorito: Os que practican outros.
27.Timido ou extrovertido: Sociable pero reservado.
29.Gústache leer: A miña postura sobre a lectura é a mesma que sobre o sexo.
30.Falas algún idioma: Galego non monolingüe inicial, castrapo, mal inglés (Alan if you are reading this you can confirm it), portugués de ir comprar toallas e francés de taberna.
31.Pasatempo libre favorito: Recriminarme o que non fago.
32.Praia ou montaña: Climas suaves.
33.Coleccionas algo: Frustracións, amigos, recordos, anécdotas chorras, rexeitamentos de curriculums por parte das adminstracións públicas...
34.Tes algunha fobia: Cascudas, non falo de Ronaldo pero si de Roberto Carlos, os irmáns Hierro, Raúl, Iván Ferreiro... Así a bote pronto...
35. Cando foi a última vez que choraches: Penso que pode facer xusto hai un ano pero cada vez choro menos.
36.Gústache a túa letra?: Cando a entenda direiche
37.O pan gústache con qué? Con pan (en serio)
38.Se foses outra persoa, serías o teu amigo? Difícil elección pero diría dous compañeiros de promoción en xornalismo: P.C. e M.L., o meu pai e, de poder elixir alguén famoso, Giovanni Van Bronckhorst.
39.Tes un diario de vida? O blog é algo polo estilo.
40.Es sarcástico?: Seguinte pregunta.
41.Saltarías en bungee (puenting)? Cando facer puenting significase a xuventude eterna encantado.
42.Cal é o teu cereal preferido? Smacks de kellogs.
43.Desabrochas os zapatos antes de sacalos? Habitualmente si.
44.Crees que eres fuerte? Non, pero en certas situacións si o son
45.O teu helado favorito? De fresa e nata e italiano.
46 ¿Canto calzas? 39-40
47.Roxo ou Rosa? Depende da Rosa que sexa
48.Qué é o que menos te gusta de ti? A falta de vontade
49.A quen estrañas moito? Ao meu primeiro amor.
51.Qué color de pantalóns e zapatos tes postos? Azul oscuro.
52.O último que comiches hoxe? Polo asado
53.Qué estás a escoitar neste momento? Metallica coa Sinfónica de San Francisco interpretando Of wolf and man.
54.A última persona coa que falaches por teléfono? A secretaria dun director xeral da xunta
55.Trago favorito? O zume de laranxa
56.Deporte favorito para ver por tv? Furbor
57.Comida favorita? As uvas moscatel
58.Película de terror ou final feliz? Nin unha nin outra
59.Última película que viches no cine e con quen? Spellbound e so
60.Día Favorito do ano? O 17 de maio.
61.Inverno ou verán? Mellor eses dous que a primavera ou o outono. Un verán moderado.
62.Bicos ou abrazos? Apertas.
63.Postre preferido? Tarta de mazá.
64.Onde é o máis lonxe que estiveches da túa casa? Berlín
65.Estiveches namorado algunha vez? Si
66.Arrepentiches algunha vez de algo? E quen non?
67.Color de ollos preferido: Verdes (si, son egocéntrico)
68.Nome de rapaz e de rapaza favorito: Giovanni e Patricia
69.Fumas? O dos demais.
70.Condóns de laranxa ou de limón? Declárome de kas laranxa pero os condóns insípidos por favor
71.Sexo con amor ou sexo con morbo? Con morbo non probar, sen amor non me gusta. (Se algunha me quere demostrar que estou equivocada que mo faga saber)
72.Usas algunha muletilla? Supoño que moitas. Dicídeme vós.
73. Tes algo pendiente por facer? Todo
74.Un momento especial na túa vida: Elaborar este post.
75.Es feliz? Non creo que me poda queixar.
76.Que hora é agora? 19:05
14 DÃxome dÃxome:
Estas preguntas mandaronma ó correo hai tempo, pero vouna a facer como se non respostase a outra.
Que ben un post largo para entreterme o tempo que me queda, estaba farto de ler poemas de lope e de ver fotos. Agora vouna a respostar, demostrando que non son nada friqui.
Por certo manifesto as miñas queixas, eres un pésimo axente literario, despois de semanas sen post acumulas tres ou catro nos mesmos días de anunciar a miña crónica, así non hai forma de convertirse nun vendedor de best-seller, aínda que sexa un best-seller de gran calidade literaria.
Ben creo que trala emotividade inicial entroume a pereza. O que fixera eu tiña eso de peli favorito, libro, canción, chorradas desas que coas lecturas, escoitas e madureces (véxase inestabilidades varias) cambian, así que quería saber que poñería agora mesmo sen lembrar aquel cuestionario anterior...
En fin Nadador, es inconfundiblemente ti neste post, sinto no telo lido con máis calma para facer unha análise máis miúda. Só unha licencia...
O primeiro que pensas cando te despertas? Que tardei me acostei onte.
A miña postura sobre a lectura é a mesma que sobre o sexo.
¿Horizontal?
Por un momento pensei que estaba a ler o Cosmopolitan.
Tanto a leitura como o sexo son actividades saudables que gosto de practicar pero nunca teño ocasión e na vez deso dedícome a ver a tele ou a comer.
Oe, mire, perdoe, disculpe, a qué hora toca Kiko Veneno?
ala, para fastidiar, comento, e digo, por exemplo:
tonto-el-que-lo-lea
pues yo estoy por no contestar, por joder, tb... ¿xq lo dabas por hecho? ¿me estas llamando charlatana? Pues tienes razon!! Me encanta lo de follar y leer en horizontal (y según Les pueden hacerse las dos cosas a la vez); m encanta q x fin reconozcas q podrias ahogarte en una lágrima; m encanta q consideres imprescindible llorar por amor... y sobre todo me encanta q seas tan cursi como para comentar todo esto con nosotros!!! (Lo digo en serio, me encanta)
Ola! aínda te lembras de min? que casualidade que o teu nome favorito de rapaza sexa Patricia... Teño que darche a razón: é un nome verdadeiramente bonito (se me permites o egocentrismo -hehe-). De feito, sempre digo que lle poría a miña filla (hipotética) Patricia se eu non me chamase así...
Saúdos...
Aseguro que non era por facerche a pelota e que, sintoo, non pensaba en ti cando o puxen.
Xa o supuña... estarías enfermo se fose así... eu, tamén sinceiramente, tampouco che deixei ese post pensando en que ti pensases en min. Tamén moi sinceiramente, non é necesaria esa actitude tan sarcástica. Bicos.
1'40, noite
estaba pensando no de follar e ler simultáneamente, será cousa de probar, según o que se escolla pode ser de non parar de rir
tamén en que les boca abaixo: é a unica postura sobre... a non ser que leas sobre unha barra de equilibrio,
bueno, o que non entendo é a necesidade de responder a nada, creo que é unha superstición confiar así nas palabras, e que cada resposta é en certa maneira falsa, pero dicir isto non quere dicir tampouco nada, a min ultimamente gustame ler entrevistas con derridá, é un espectro que me visita ultimamente
por outra parte faime pensar, outra vez, en que os blogs son unha maneira coma outra de perder o tempo, o outro día estiven mirando un que me cabreou... radikales libres... o fascismo actual tomou o "K", a linguaxe cada vez me parece máis insuficiente, non me gusta sentir iso pola violencia que conleva
quizais por iso, máis que nunca, precisemos dun discurso, outra vez, sarcástico, vitriolico, e algún ico máis, que sexa en forma de libro é unha necesidade, non unha elección, eu agárdoo
de ti
e ti,
regálasme esta flor seguramente coa secreta esperanza de que me convirta en vaca,,,, como dicía un amigo meu
chocante
cre que me esta pasando algo raraokskjdlf
djklsajfñfhs
muuuuuu
A preocupación é muuuuuuutua.
Había uns días que non pasaba por aquí. Gústanme as respostas 12 e 20, e o cuestionario é en xeral moi revelador. Creo que agora coñézote bastante máis que hai cinco minutos (tamén me coñezo algo máis a min mesmo). Está ben isto, acabo de descubrir cousas sobre ti bastante inesperadas, coma por exemplo ¡pensaba que tiñas os pés máis grandes!
Post a Comment
<< Home