Sunday, May 21, 2006

Finlandia



A victoria de Finlandia no festival da canción de Eurovisión confirma unha verdade evidente que non pode ser expresada doutro xeito: os fineses son raros.

Vaite saber por qué pero á miña facultade acodían moitos destes nórdicos na procura de calor humano no profundo sur europeo. Así facíase inevitable contactar con algún despistado polos corredores. O que máis me impresiona dos finlandeses é que, por mor do seu idioma, non cambian a entonación da súa voz no máis mínimo. É igual que estean a ser torturados ou estean no medio dun orgasmo que a súa voz deslizarase monocorde polas súas gorxas. En concordancia coa súa voz está a súa cara de profundos ollos azuis inexpresivos.

Un pallaso arxentino contou que unha vez fixeron un espectáculo alá e o seu compañeiro deulle unha labazada, de broma enténdese, e que todo o público abandoou o local como protesta ante a violencia aí exhibida. Porque tómanse a vida en serio, algo que realmente, como cidadán provinte dun espazo social inxusto, corrupto que ama a improvisación, non podo entender.

Cóntame un amigo meu que os Finlandeses consideran aos Suecos uns extravagantes e que os de Suecia ven aos seus veciños coma uns brutos. Nos anos 50 era un dos países máis pobres da rexión e grazas ao seu aproveitamento intelixente dos seus recursos forestais lograron un certo nivel de vida. O diñeiro gañado investírono en crear empresas de telecomunicacións e agora son un exemplo de civilización cando a principios de século tratábase dunha tribo de bárbaros segundo os seus veciños. Hai comparanzas odiosas pero algúns exemplos moito máis.

Creo que escribo todas estas liñas co único motivo de deixarvos unha foto dos gañadores. Aí vai. De Eurovisión falaremos outro ano.

5 Díxome díxome:

At 1:50 PM, Anonymous Anonymous said...

Finlandia é para min o país dos contrastes por excelencia. Da neve á sauna, das últimas tecnoloxías nokia a un trineo sami. Da brutal soidade que destilan os seus habitantes ao calor e amabilidade doutros, unha vez gañada a confianza.
Pero se falamos de "civismo" gáñannos por moito.
Iso si, apaixóalles o heavi, o sinistro, o rock hortera. Para mostra, eurovisión.

 
At 5:29 PM, Blogger acedre said...

E un pais asombroso. De xente tranquila e pouco faladora, co record de suicidios do mundo e que lle gusta o Hard Rock.

 
At 12:40 AM, Blogger elduende said...

A victoria de Lordi non é máis que a confirmación definitiva de que o friki está de moda. E nós con estes pelos.

 
At 2:26 PM, Anonymous Anonymous said...

pero alguén intentou algunha vez escoitar / entender/ ler/ ... finlandés? unha gramática do carallo! eso sí, fan un licor de arce... telita!

 
At 6:27 PM, Blogger O Nadador said...

Os meus contactos cos finlandeses foron a través dos erasmus, o kalevala (escríbese así) e os rallies. Ningún me invitou a nada.

 

Post a Comment

<< Home