Unha historia de segundas oportunidades
Ninguén me puido confirmar a procedencia dese home aínda que había que non dubidaba en adxudicarlle unha infancia difícil ou un desequilibrio dos neurotransmisores para explicar aquela tendencia a alertar sobre a catástrofe permanente ao redor nosa. Nin sequera nisto había acordo. Moitos afirmaban ter coñecido ao individuo cando se comportaba coma un pai de familia cariñoso, un estudante trouleiro, un bailongo de verbena ou o bromista da oficina ata que deu en converterse nun profeta da apocalipse.
Moitas das historias referidas a el comezaban cunha pequena anecdota reveladora. Por exemplo, alguén aparcara en dobre fila e obstaculizaba a saída do seu vehículo e el afirmaba con voz grave: "Este automóbil está devastando a convivencia cidadá e creando unha crise viaria de impredecibles consecuencias. O seu responsable debería ser castigado con todas as da lei". Nun proceso gradativo estas frases comezaban a introducirse no seu ámbito doméstico. Así, dependendo sempre da versión, dixéralle á súa muller ante unha sopa estremadamente salgada "Esta sopa é un malvado atentado contra a saúde dos membros desta familia. O cloruro sódico que aquí introduciches é un claro intento de segar as nosas vidas cruel ser ¿humano?"
Como en calquera traxedia o protagonista ía perdendo todo canto o rodeaba. A familia xa a perdera despois de comentar os posibles destinos de vacacións, despois tocoulle ao traballo ("As actividades de piratería que nesta empresa se desenvolven fanme recordar aos mongois saqueando cidades por toda Asia"), aos amigos ("a alegría que me invade sería estrema de non ser porque sospeito que detrás das vosas, en principio, altruístas intencións agóchase a posibilidade dun secuestro por parte da banda terrorista ETA") e ao can ("dende a túa, por probar aínda, fidelidade canina autoexcúsaste por encher de refugallo fedorento o planeta mais eu sei que hai bioterrorismo no fondo do teu corazón").
Convertiuse nun paria. A comunicación con el resultaba insoportabale porque quen podería convivir con aquel heraldo da apocalipse. En consecuencia o seu discurso volveuse tan terrible que xa non dispoño de palabras para reproducilo. Din algúns que o oían rosmar o seu rancor nas portas das igrexas ou na estación de autobuses que ao final a penas podían distinguir á súa voz dun furioso trebón.
Neste punto as versións fanse moi diverxentes e moi coincidentes ao mesmo tempo. Hai algúns que din que sucedeu en Madrid ou Valladolid, outras que nun sitio máis pequeno de veraneo. A maioría afirman que foi un encontro casual aínda que hai quen di que chegaron alí pola sona dese home. Fose coma for case unánimemente todos contan coma dous homes de traxe e garavata se achegaron a el -derrotado,disposto a entregarse a morte, absurdo.
"Estimado amigo, chámome Ángel e el Eduardo. Levamos as rendas dun partido político na oposición e necesitamos darlle un toque máis castrofista aos nosos discursos. Cremos que ti podes ser o noso home."
O resto xa o coñecemos todos.
3 DÃxome dÃxome:
Tremebunda revelacion. E, digo eu, ¿non teria tamen este home unha marcada tendencia a botarlle a outros as culpas dos seus propios erros? Tipo, "O informe de gastos que fixen non cadraba debido a conspiracion mundial dos nacionalismos para manipular os prezos da copra nos mercados latinoamericanos" ¿Ou iso xa lle viña o partido de fabrica?
Apuesto a que tenía Bigote. Ahora existen seguidores que, como él, promulgan futuros oscuros y tenebrosos. Algunos, nostálgicos quizás de su imagen, mantienen el bigote. Si alguno lo ha conocido como Vicente, yo sé donde está...
Brillante.
Un bo post para o día da bestia.
Post a Comment
<< Home