Tuesday, August 01, 2006

Bigmouth strikes again

Resúltame insoportable o egocentrismo e sen embargo vou facer unha afirmación tremendamente egocéntrica: creo que é necesario que siga adiante con este blog. Non para o voso entremento e estremecento senón por razóns meramente egoístas.

Abrúmame a gran cantidade de autocomplacencia, conformismo e conmiseración ao redor do meu universo próximo. Por outra resulta esgotador que me toque sempre encargarme de sacar o lixo. Sen embargo calar resúltame máis insano. Prefiro envelenarme a boca.A veces o blog sanda. Lera unha vez no xornal que unha alta porcentaxe de adolescentes deixaran de ir a psicoterapia cando comezaran co seu blog.

Tamén estiven a pensar en quitar os comentarios. Cheguei á conclusión de que resultaría absurdo porque algúns son case a única satisfacción da edición desta web. Non podo negar que me amala o costume dalgúns lectores de na vez de saudarme recitan o meu último post agardando algún comentario enxeñoso ou nova revelación. Pois non, todo queda no blog e así debe ser. Aos que me coñezades en carne e óso rógovos que evitedes este hábito malsano. Para facilitarvos o labor teño pensado evitar na medida do posible as autobiografías e miserías persoais. Aproveito para pedirvos que non fagades valoracións do blog ou dos posts. Supoño que @s vos@s amantes non os calificades (in)satisfactoriamente despois de cada encontro. Simplemente desfrutades, sufrides ou sentides que teríades aproveitado máis o tempo indo ao súper a mercar pinzas para a roupa. Pois isto é igual.

Se non vos gusta é o voso problema ou do camareiro que vos teña que aturar.

Unha vez que volva da miña viaxe á civilización prometo manter certa regularidade na escrita. Ata entón.

5 Díxome díxome:

At 8:28 PM, Blogger elduende said...

Alabada sea la virgen del carnero. Xa era hora de que te decidises a volver encher a web, oh xenio e gloria das artes cibernéticas. Os teus acólitos agradecémoscho, pero non en persoa, non, diso nada.

 
At 12:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Pues a mi me has dejado algo sorprendido, por no decir otras palabras. Creo que las vacaciones serán provechosas. A la vuelta nos veremos renovados, cuidate.

Espero que "sempre me toca a min sacar o lixo" no fuera un comentario literal o indirecto...o ambos.

 
At 10:25 AM, Anonymous Anonymous said...

oes, perdona que che diga penso que é ao revés: tócache a ti amolarte cos comentarios que a nós nos apetezan, que para iso nos deixas comentar.
e senón, elimina os comentarios.

 
At 4:30 PM, Anonymous Anonymous said...

Es un notas e ten razón o segundo anónimo. A xente quere insultarte, non o podes evitar, iso non quere dicir que non disfrutemos do teu blog, por suposto.

 
At 12:38 PM, Blogger O Nadador said...

Sobre o lixo: era metaforico

 

Post a Comment

<< Home