Dúas notas sobre a información da jalisia
Será deformación profesional. A grande noticia da TVG hoxe é que vai calor. Adicaron uns 5 minutos de informativo a tratar ese feito insólito, especialmente no verán, con conexións en directo, vídeos, consulta a expertos... Vou acabar por pensar que os contidos de maior relevancia social dos xornais son os sudokus.
Tamén me chamou a atención o titular da Voz Madrid prima a Galicia con 42 millones para desarrollar la ley de dependencia. ¿É esta a maneira que ten Zapatero de evitar un alzamento nacional ou un Plan Quintana?
PD:O gran protector da esquerda española superouse.
7 DÃxome dÃxome:
os millóns serán, máis que para desenvolver a lei de dependencia, para evitar a in-dependencia ;-)
15 días sen novidades e demasiado...
Novidades sen 15 días tamén
É que aquí quedamos marcados co de "vai un sol de carallo" e non saímos de aí...
Está vocé de férias?
Eu estou na feira do gando. Coma o protagonista de "En un Mercedes blanco" de Kiko Veneno.
O da calor aínda bué, como seica non estamos afeitos...
outra nota típica: os atascos. O verdán pasado era normal que 10 dos 20 minutos de informativo da RG se dedicaran ó devandito tema... mentres non se dicía nada dos 700 nenos que viñan de finar en India, nin do caso de Roquetas...
Post a Comment
<< Home