Punto para Pluto
Rompendo todas as quinielas o primeiro planeta que fixo desaparecer a humanidade non foi a Terra senón Plutón. Este corpo celeste pasa a ser planeta anano porque debido ao seu tamaño outros astros poderían ter esa consideración polo que habería overbooking de planetas no noso sistema solar. E iso sería terrible porque o nome dos danzaríns arredor do sol é unha das poucas cousas de cultura xeral que sabe (case) todo Dios. Os alumnos de primaria non aturarían tal esforzo.
Esta decisión tomouna aUnión Astronómica Internacional reunida en Praga a pasada semana. A ciencia, a nosa máis fiable ferramenta para coñecer a realidade, lémbranos que está baseada en convencións reversibles co tempo. Curiosamente a ciencia é un sistema de pensamento que ten coma píar que admite a súa infabilidade e, nunha caste de destino fatal, parece ser sempre propensa a negar as súas verdades. Aínda que neste caso trátase dun pequeno cambio de criterio.
Custa atopar verdades fiables e duradeiras. Un mundo postmoderno cheo de subxectividade, marcos interpretativos, especulacións... Este relativismo marea e fálanos dun mundo dunha complexidade crecente que quizais o ser humano non esté preparado para aturar.
2 DÃxome dÃxome:
O problema dun grande sector da ciencia é que rematou caendo nun dogmatismo equiparable ao da igrexa, esquecendo as súas propias limitacións e o feito de que un paradigma só é válido ata que se demostre racionalmente o contrario. Da pena ver como algúns científicos ousan falar de certezas absolutas en troques da dúbida e o erro como motores do coñecemento. Se mesmo Einstein cambiou de opinión e Ortega chinouse con el...
Que opinarán os plutonianos de todo esto. Coa arrogancia característica dos seres humanos, relegamos a Plutón (un planeta de pleno dereito durante anos) a unha categoría inferior, de planeta anano. Con qué dereito se desprestixa así a un planeta? As manifestacións recorrerán o sistema solar. Ninguén contou coa opinión dos plutonianos, non se someteu a ningún tipo de referendum... indignante.
Post a Comment
<< Home