Poña unhas cortinas
Na declaración institucional e, non obstante, solemne, feita polo presidente da comunidade de veciños de Galicia podíase observar ás súas costas Santiago de Compostela posiblemente, sen querer comparala cunha marca de cervexa, a máis fermosa cidade de Galicia.
Podíase ver a Catedral, a máis abraiante da provincia da Coruña, a zona monumental... e as urbanizacións novas do trinque cun aire a película de utopía sombría e os edificios amoreados na procura dunha raioliña de sol. Xa sei, xa sei que Santiago é así e que se lle vai facer. Máis decatádevos de que nunha declaración institucional suponse que os detalles deben estar perfectamente calculados e imprimir unha imaxe de sobriedade e garantía.
Vale, é posible que ninguén se tome en serio ao presidente de Xunta salvo el mesmo. Ese é outro problema. Do que vos falo é de que a cotrosidade, a nugalla e o malfacer están por todas partes. Que non deixan de ser produto dos nosos males endémicos: a covardía, a falta de imaxinación e a envexa.
Ou ben se fai mellor a escenografría para que non saian as nosas miserias urbanísticas en pantalla ou se amaña a paisaxe do país. Sabendo como sabemos que a política é un arte de tempos cortos coñecemos a resposta máis realista. Así que señor Salgado, poña unhas cortinas. Como non encontrei foto nin vídeo da noticia déixovos cunha emotiva actuación musical. Próximamente haberá un post sobre o meu problema co YouTube.
Aí estamos
4 DÃxome dÃxome:
O problema de Touriño non é o que saia detrás na fiestra mentres el fala. O problema de Touriño é que di parvadas como que todo está controlado. As cortinas axudarían, sen dúbida, pero só se llas meteran na boca para que estea calado.
aí precisamente certa o minotouro, cando di, "todo está controlado"
o lume quizais sexa a costura pola que racha o control, pero ollo, axiña se cose ou se lle pon un retal, quero dicir institucións policiais, psiquiátricos, trullos, "axudas", espectáculo
e todo con "transparencia", como no cine, transparencias, falsidades, aí mostra o poder, un poder tan perralleiro como o que pode exercer, na transparencia
esa transparencia é unha forma cruel de opacidade, un insulto á "cidadanía" e á labreganía
bush, case todos, saen dunha porta que se fecha, móstrase ante un espazo fechado aos medios, o poder queda atrás, é secreto
minotouro as xanelas abertas etc, no fondo mostra só unha cousa a súa carencia de poder, ou en demótico, non manda un carallo, só por iso, estúpido e atinado a un tempo escolle a "transparencia informativa", detrás só hai vacío
recomendo a lectura "cinsa no vento" emilio araúxo, en noitarenga
mr chok
voume facer unha camisola que poña: fire
Nadador, que tal por casa? a ver se nos vemos un día destes. Eu tamén teño problemas co youtube. O video de Touriño está colgado, creo que había un link en Vieiros
vou montar unha empresa de cortinas co que sobre das bandeiras de nunca máis.
Post a Comment
<< Home