¿Outra prensa do corazón é posible? (ou desexable)
Unha morea de casualidades e circunstancias levou a que a prensa rosa española, que é seguida por máis interese pola audiencia e cunha decisiva influencia na opinión pública, se ocupe dun tema "serio" (coma se a vida de Cayetana Martínez de Irujo non o fose).
A corrupción en Marbella, grazas ao famoseo de baixo perfil que (Gil)*2 introduciu e á Pantoja, é o epicentro da crónica social. Co seu estilo baseado en berrar máis có do lado mentres se guinda o código deontolóxico ao lume os comentaristas televisivos amosan ser moi arroutados á hora de acusar a quen sexa (lembrade como pouco antes das eleccións xerais de 2004 destaparon un Magrittiano romance entre Cayetana Guillén Cuervo e Aznar)e insaciables á hora de tirar do fío. Alégrome de que a infamia dos de sempre sexa o centro dunha información tan popular e que, esperemos, contribúa a evitar a impunidade dos delincuentes.
Sen embargo a súa incompetencia á hora de facer información e non show business queda patente con demasiada frecuencia. Coma por exemplo cando un "piriodista" dixo que os encarcelados da "Operación Malaia" mantiñan conversas dende os seus módulos cando hai aparellos que o impiden en todo o centro. Por outra semella unha continuación natural que despois de traer a maltratadores, prostitutas, vagos profesionais e drogaditos aos platós agora sexan os excompañeiros de cadea de Roca as estrelas dos platós. De seguro que alguén honrado, por pura estatística, acabará por pasar por un deses programas.
A posible alternativa poderían ser programas como Chanel nº4, de cuatro, que trocan caspa por glamour con alto cotilleo sobre Hollywood ou sobre moda e alta costura. Para min non ten ese ambiente de pillavanería da rúa polo que, ás veces, fai bocexar un sorriso pola cara lavada do sinvergüenza de turno.
Dito isto: ¿Que excusa ten a prensa do corazón para non amosar a súa indiscutible profesionalidade tendo un tema tan xugoso como o de Marbella? ¿Ë posible unha prensa rosa rigorosa, de calidade, entretida e que se nutra de información sen incorrer en faltas á honra de cada persoa cada vez que lle poñen un micrófono a alguén na boca? ¿Dará o tema para tanto ou pasará coma na prensa deportiva (e por que non, xeral) que de tanto espazo por encher é posible que o teñas que encher con nada e iso sexa precisamente o que ofrezas?
1 DÃxome dÃxome:
A excusa que ten a prensa do corazón para non amosar maior profisionalidade no tema de Marbella é simple: xanon ten profisionais para abordar o tema doutro xeito.
O mesmo aconteceu coas tertulias políticas. Os comentaristas políticos tipo Balbín desapareceron e apareceron os chamados "polemistas" e "creadores de opinión".
Hai algúns anos escoitei ás dúas da mañá en Radio Nacional unha entrevista-diálogo entre Emilio Romero (un excelente xornalista algo de dereitas pero nada que ver con Jiménez Losantos) e Paco Rodríguez (o da UPG) debatindo sobre historia, política e lingua: unha delicia polo respeto mutuo amosado e polo elevadísimo nível que tiñan os dous. Creo que pasarán anos ate voltar escoitar algo así.
Post a Comment
<< Home