Thursday, September 07, 2006

Peloteo a un compañeiro da blogosfera

Debo recoñecer que me encanta a Caixa de Xastre do Mendinho. Paréceme un blog necesario e refrescante por moitos motivos.

Un porque está feito por un profesional dun campo que se prodiga pouco pola blogosfera coma o dos enxeñeiros. Haiche moito xornalista, profesor de galego e estudante e as experiencias e referencias comézanse a repetir e aburrir.

Segundo porque sempre propón temas salientables e reflexiona de maneira intelixente, sintética, deixando aberta unha porta ao debate constructivo e introspectivo sobre Galicia e o mundo na sociedade da información e nun contexto globalizado.

Terceiro porque estou canso de blogs, coma Nada que dicir por exemplo, que son o espello da personalidade narcisista e adolescente do seu autor. Creo que o futuro do blog pasa por autores que den pola súa profesión, coñecemento ou experiencia vital un valor engadido ao seu espazo con contidos centrados en áreas temáticas. Basta de diarios de instituto, por favor.

Así que, Xosé Manuel, non escribas un vergoñento comentario de agradecemento e segue co teu traballo que o estás a facer moi ben a pesar da curta vida do teu blog.

6 Díxome díxome:

At 7:00 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Haha, antes ao contrario, creo que o teu blogue é excelente. A reflexión sobre o papel mediático da clase médica do teu penúltimo post foi do mellor que lin en tempo. Eu desde logo non o faría mellor.

Escribir un blogue non é un traballo, é un pracer, é sano, é moito mais barato que ir ao psicoanalista, e algo teño que facer nos recesos do meu traballo. Cada quen escribe o que lle apetece, como é normal.

Ás veces as miñas opinións parecen arrogantes ou "sobradas", é verdade, recoñézoo; mas nunca fun políticamente correcto, éche un defecto da miña personalidade que estou tratando de corrixir para levar menos paus.

E sei exactamente qué comentario non che gustou. Por iso, bótalle unha ollada a este blogue en castelán e despois cóntame a túa opinión:

http://mujeresderoma.blogspot.com/

Encantaríame ter blogues así en galego, de veras. Era o único que quería dicir con aquel comentario. Oxalá puidese eu facer un así, pero non teño os coñecementos necesarios.

Desculpa se algún comentario che incomodou, non era a miña intención.

 
At 10:07 AM, Blogger O Nadador said...

A verdade teño que admitir que non sei de que comentario falas e non facía ningunha alusión a nada (palabrita del niño Jesús). O teu blog non me parece arrogante, en serio paréceme bastante respectuoso, e non hai ningún reproche.

Falsa polémica zanxada, por favor segue así.

 
At 9:31 AM, Blogger Lúa said...

fo...er en fin tan ben estas cousas, ou non?

 
At 6:43 PM, Blogger Zerovacas said...

Querido e admirado nadador:

Hai unha carta para ti en http://zerovacas.blogspot.com

 
At 6:44 PM, Blogger Zerovacas said...

Empezara a contestar aquí, pero resultaba un comentario longo de máis.

 
At 12:02 AM, Blogger X said...

Nadador concordo completamente con vostede nas apreciacións sobre o blog do Mendinho.
Mendinho tamén a min me gustaría saber facer un blog coma o de mujeresderoma, pero... en fin, porque se me adiantou outra que senónnnnn.
Saúdos aos dous.

 

Post a Comment

<< Home