Non fagades caso rapaces
Sinto ser impopular, porque non é algo que me agrade, pero a selección española de baloncesto, a pesar do seu brillante papel, non é merecedora do Premio Príncipe de Asturias.
Ou si.
O Premio Príncipe de Asturias está cuberto de merda dende que llo dan a Alonsitos e se guían polo impacto mediático do galardón e non por facelo máis prestixoso ano a ano premiando a grandes deportistas con traxectorias brillantes. Como mostra algúns dos candidatos: Nadal (20 anos)- Federer (25 anos), Isinbayeva (na plenitude da súa carreira)ou o chinés Liu Xang. De feito a selección é unha incorporación de última hora.
O grandísimo campeonato realizado, a súa simpatía e espírito de equipo e as comporacións odiosas con outros deportes non os fan merecedores dun galardón que pretende (ja) rivalizar con Nobel. Cada catro anos hai un campeón do mundo de baloncesto e a memoria dos éxitos deportivos é de curta duración. Por iso temo que tanto eloxio, rapaces do basket, son sempre inmerecidos a pesar de que a vosa calidade deportiva está fóra de dúbida. Que non vos pase coma aos de fútbol e seguide loitando por mellorar e desfrutar na cancha que é, en definitiva, o que podedes aportar á sociedade. Non fagades caso deses que hai un mes non sabíades quen erades e nin sequera se dignan a ir aos pabillóns a entregarvos as copas.
5 DÃxome dÃxome:
Suscribo todos y cada uno de los caracteres de tu escrito. Cuanto menos se aprecie el premio a sí mismo menos aprecio se le tendrá. Espero que no hagan lo mismo en otras disciplinas y le den el premio a Emilio Aragón en Medicina o algo así...
Non te preocupes. Que o baloncesto vai seguir igual de puteado que sempre. Así que non hai perigo.
Completamente de acordo. Aposto que o ano que vén danlle o premio das Letras a Pérez Reverte "pola súa franqueza, a valentía dos seus personaxes e a súa capacidade para promover a industria do cine en España".
Pra min que antes de que remate setembro, o baloncesto volverá esquecerse (non é o desexable, pero non move tanta pasta coma o fuchibol). Eu creo que aquí funcionamos por impulso: senón lembremos a david cal, con dúas medallas olímpicas e que estivo durante meses sen saber se ía poder participar nas seguintes olimpiadas porque non tiña un spónsor que o apoiase, ata que chegou Gealsa. Unha auténtica vergoña. E despois da emoción das medallas, caiu no esquecemento, como todos.
o próximo Príncipe de Asturias para a Liga Nacional de Billarda!!!
ovaral.blogspot.com
Post a Comment
<< Home