Tuesday, September 05, 2006

Adeus Cidade Malota

Rompo a miña promesa de non falar de min para facer un anuncio público. O vindeiro mércores comezarei unha nova etapa profesional o que implicará a fin das miñas visitas semanais á Cidade Olívica ou, máis propiamente, Cidade Malota.

Non coñecín demasiado Vigo porque o meu rutinario itinerario(estación de tren-taxi ao lugar de traballo-taxi de volta-estación de tren) non mo premitía . As visitas virxiliadas por Elric ou Mona foron de máis axuda.

O que un exército de urbanistas non conseguirá nunca será definir as cidades. Estas nútrense do espírito dos seus habitantes e Vigo é vital, dinámica, ruda e narcisista á par que acomplexada. Quizais o sitio de tolos onde traballei non poda ser unha xusta representación da cidade. Se buscase unha ligazón entre os habitantes e a cidade diría que é dura e implacable na superficie e amable e viva no seu interior.

Os melancólicos botamos de menos ata as bágoas. As miñas mellores condicións laborais non evitarán que estrañe a brisa mariña do porte e o comportamento kamikaze dos seus automobilistas. Despídome cunha frase do meu ex-xefe que creo que é reveladora do espírito vigués: Eu creo que é bo tentar facer cousas estimulantes aínda que pareza imposible a súa realización porque ás veces, incluso, saen ben.

3 Díxome díxome:

At 2:05 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Ten o seu encanto, recoñézoo, mas custa acostumarse a esa cidade tan caótica. E aínda que ten a xente máis traballadora e dinámica da Galiza como ti dis con razón, aínda lle falta un chisco para ter o nivel de servizos e de de oferta cultural da Coruña ou de Compostela.

É unha cidade, ao meu ver, demasiado desordeada e moi focada no industrial. Todo chegará.

 
At 11:40 PM, Blogger Zerovacas said...

Algo diso penso eu tamén. Vigo é como estas persoas moi atractivas, aínda que cunha beleza estraña, ás que dá certo apuro achegarse.

 
At 9:45 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois eu penso ir vivir para Vigo en breve e apetéceme. Dende logo é mentira que teña menos oferta cultural que A Coruña e Santiago: Vigo e a cidade con máis e mellores concertos. Só que non sei se soportarei a impaciencia. En calquera caso, un bo chute urbano pode ser positivo para a medio prazo regresar con ansias ao rural.

 

Post a Comment

<< Home