A sangue frio (Vida de can )
Un home que lle pega a un can ocupa un, bastante valioso en termos económicos, espazo de tempo nun medio informativo nacional. Esta información recibe un tratamento privilexiado nunha televisión de alcance nacional- ou estatal se colledes a autovía nacionalista- polo que a autonómica-ou nacional- fai o propio.
A gran difusión do feito fai que gran parte da poboación de Aguiño, coñecido por ser berce de diplomáticos e pacificadores ao igual que outras poboacións galega coma Cangas, vaia aos xulgados clamando xustiza... Non para o suposto mal veciño, o que dá cun pao, senón para o verdadeiro mal veciño, o que denuncia torturas a un animal indefenso.
As señoras berran polo xulgado "Non tivo un problema cun veciño en 35 anos","se o can lle comía as galiñas tiña que darlle para que aprendera, que non fora a morderlle ao neto". E denuncian ao chivato, ao delator que busca o escarnio público a pagou a súa pena, "e non se entende que se remova o tema se non é por intereses do veterinario. Se quere aos animais, cómo en vez de gravar non intentou salvalo». O veterinario e a súa muller saen escoltados pola policía local.
Hai un dito no xornalismo que di que se un can morde a un home non é noticia, pero se o home morde ao can si. Habería que engadir, coletilla da era audiovisual, sempre que teñas as imaxes e , coletilla da era internet, se ten calidade para aparecer en YouTube. Cans, mulleres, nenos e estranxeiros son maltratados continuamente por cidadáns de toda condición social e cultural ao longo e ancho do universo coñecido. Unha caste de deporte universal.
Si, señora, hai que educar ao can para que non vaia ás galiñas nin ao neto. Pero se se ten que aplicar tan a fondo para aprenderlle ao animal e que o dono exerce peor de dono que o can de mascota. Recoñézao señora, e recoñeza tamén que o que di do can dise moito das mulleres ("algo faría"), dos nenos ("ten que aprender") e dos estranxeiros ("nos íamos traballar e non a roubar").
Non sei se en Aguiño len vostede a Koetzee, tranquila porque moitos contertulios de Sánchez Dragó tampouco, porque debo confesarlle que a lectura de Elizabeth Costello porque este libro fíxome reflexionar sobre se o respectar a todas as criaturas vivas non é un paso máis adiante coma especie. Un acto de xenerosidade desinteresada e sincera que só poden ter os máis grandes. Os máis baixos escalafón do mundo animal están exonerados diso.
Admito que me custa sentir empatía polos animais. Que este video, e outros peores, non causan en min máis desacougo ca un artigo de Jiménez Losantos. Tamén descoñezo se o maltratador en cuestión, ao igual que moitos dos criminais nazis, é unha bellísima persoa. Quizais non importe demasiado. Seguramente só se trate dun individuo que se move polas leis dunha sociedade, a galega, na que baterlle ao can, queimar o monte, contaminar o río, non traballar nun posto de funcionario público, mentirlle aos da cota láctea ou aos de facenda, ser rico sen ter as letras básicas, colocar a familiares en postos que pagamos todos e facer da chafallada un arte son pecados veniais.
4 DÃxome dÃxome:
En Michigan e non sei onde máis hai leis contra o abuso de animais; en media Europa hai unha chea de normas de protección do medio ambiente e, o que é máis importante, unha grande conciencia social polo coidado común do entorno. Seica aquí iso non interes a importalo, os McDonalds e os H&M dan máis "beneficio"...
PD: Moi axeitada recomendación literaria.
Os veciños de Aguiño mixturaron o touciño coa velocidade e aproveitaron a difusión mediática do caso do Pastor Alemán para atacar ó veterinario (que como non o coñezo non sei se o merece ou non). Pero o feito en si é repelente e o individuo ten que responder diante da xustiza polo que fixo que non ten nada que ver coas dispustas persoais que poida ter co veciño.
Eu teño tres cans: un pastor alemán, un belga e un golden. E dou fé que non fai falla bater neles para que aprendan as cousas. Os pastores saben rápidamente o que teñen que facer e o golden parace que nace con todo aprendido.
Os trapos sucios de Aguiño:
... e todo comezou hai quince anos nun pleito entre veciños pola propiedade dun camiño...
... e a cousa púxose fea cando envelenaron o can do veterinario...
... e a cousa empeorou, ate degradarse, cando o veterinario enviou aos medios unhas imaxes que xa tiña gravadas dende hai varios anos e polas que xa condearon no seu momento ao veciño maltratador...
Bos e Malos, cando hai merda polo medio podes caer dunha banda ou doutra, é aleatorio
Todo o que se aprende encadeado á información local (eu prefería facer noticias sobre a caída da socialdemocracia sueca, pero a nova do día é a morte duns anciáns millonarios do Sar, calcinados entre o lixo que acumularan polo síndrome de dióxenes. Snif)
http://www.fragmentosgutenberg.blogspot.com/
Post a Comment
<< Home