Non por moito mirar...
Os programas p2p son unha das aplicacións máis interesantes do mundo das novas tecnoloxías composto por Internet, ordenadores, lavadoras e demais. Un teórico brasas preocuparíase polo libre acceso á cultura ou polo dereito inalienable de Jamiroquai a ter 7 Ferraris grazas aos royalties. A min preocúpanme as enfermidades que programas como Azureus ou Emule traen consigo.
Quizais a máis grave é a que a min me afecta e me obriga a mirar constantemente o estado de descarga dos meus arquivos (dos que teño copia e comparto legalmente sempre) por ver se co meu ollar suplicante consigo uns kb máis de baixada.
A realidade é que non. Ir cada cinco minutos a mirar as túas descargas non axuda en nada a que o programa baixe. Confeso que ás veces paso horas preocupado coma un pai nun hospital observando as evolucións do seu fillo adolescente en coma.
Tédeo en conta.
Post realizado no ordenador de El Duende.
3 DÃxome dÃxome:
Hónrame que as súas nobres dedas empregasen o meu indigno teclado para o exercicio do seu arte, señor Nadador. Xa demostrou que a súa presenza físicoínformática é tan forte que, só con achegarse, fixo funcionar a miña nova gravadora de DVD.
A parte do peloteo, confeso que, a min, a síndrome que me pega nestes casos é a de ¿que merda descargo eu agora? Ponme nervioso non ter nada a baixar, así que remato por facerme con pelis que non vexo, xogos que non instalo e cómics que non leo. Patético.
que bonitas quedan as cousas feitas no ordenador de El Duende...
Non é por amolar, sabes que me encanta pero non é o caso, pero as dedas só son os dedos dos pés. E non, non escribo cos pés se é o que insinúas.
Máis bonitas quedan as cousas se as escribe El Duende, Leon Tolstoi ou John Cheever.
Post a Comment
<< Home