Wednesday, October 04, 2006

E unha última pregunta sen resposta definitiva?

A personalidade defínese cos erros? É dicir, tropezamos na mesma pedra unha e outra vez e ese tropezar no mesmo obstáculo é o que nos define coma nós mesmos? A madurez é aceptar o que un non pode ser? A saber.

Prometo que o próximo post será menos metafísico e máis fatafísico (influencia mixta de Arrabal e Andrés Montes).

5 Díxome díxome:

At 4:26 PM, Anonymous Anonymous said...

eu creo que non. Penso que pretendemos mellorarmos neses erros, froito da experiencia fai que non repitamos as mesmas decisións, pero que a personalidade segue a ser a mesma. Pero podes fixarte en que as persoas que te rodean tropezan unha e outra vez no mesmo, mentres ti pensas "pero como non se dan de conta?". E un tamén cae nos seus propios, como se lle colleses cariño a esa pedra na que te enganchas e caíses unha e outra vez. Así o vexo eu. Por exemplo: a miña pedra é a inocencia, créomo todo. A maior burrada que me poidas dicir, pápoa como nada. Cos anos (aínda que pronto cumprirei 21 anos por segunda vez) vou vendo que malia que varias veces me meteron bolas como mundo, non me fago desconfiada, sigo a picar. E polo tanto, aféctame cada vez máis, pero non por iso penso que sexa máis inmadura.
Non sei se me expliquei. Creo que a personalidade se forma na adolescencia e que como diría Arale, ven condicionada pola química, polos xens en parte, pola educación recibida, polo ambiente no que medramos, pero que cando se supera esa barreira e se entra na vida adulta, esa personalidade (salvo experiencias moi brutais, como vivir un suicidio, a morte, etc. no que o shock é tan forte que altera o estado mental do individuo), pois que esa personalidade está formada. As enganchadas en pedras poden provocar modificacións na conduta, pero non na personalidade.
Agora ben, esta é a miña -extensa- opinión. Aínda non te durmiches?

 
At 5:45 PM, Blogger O Nadador said...

zzzz zzzz zzzz
... Esto, ah si... Interesantísimo. Bueno, retrucareiche porque polo menos sei que o tempo que esteas a ler este comentario non estaras vendo un video de Iván Ferreiro.

Non creo que o que dis sexa incompatible co que digo eu. Ser tan crédula é parte importante da túa personalidade, polo que entendo do que escribiches. Eso era o que eu quería transmitir. Que as equivocacións reiteradas son proba inequívoca dalgún rasgo de personalidade.

Por outra banda coñezo un caso de credulidade maior. Unha rapaza preguntoulle ao seu primo que eran todas esas luces que había no ceo e que a veces se movían. E o seu primo díxolle que eran cazas e ela creu iso ata que se riron dela. Eu pregunteille: "E cantos anos tiñas"? "21".

 
At 10:04 PM, Blogger Arale Norimaki said...

Como androide que son debería dicir que a personalidade se basea nos erros de código e nos esforzos do programador para arranxalos...pero non o farei.
Facendo gala dos meus trastornos mentais primeiro direi que creo nos erros e na dúbida como pilar da aprendizaxe, ben sexa para identificar as propias limitacións ou para correxir conductas/actitudes mudables (o que implica que che dou a razón). E a continuación engadirei que lle teño fobia aos erros, especialmente aos recurrentes, (o que contradí a miña lóxica inicial) e que Elianinha ten de inocente o que eu de loira.

 
At 9:31 AM, Anonymous Anonymous said...

vaia, arale, por fin admites que te puxeches mechas.

 
At 10:07 AM, Blogger Zerovacas said...

Perdoame, x, esta semana estou moi pouco fatafísico. Por iso non contestei a ningunha das túas 5 preguntas. Cando intentaba facelo só se me ocorrían lugares comúns. Cavilarei nunha resposta e dareicha diante dun licor café

 

Post a Comment

<< Home