Sunday, October 01, 2006

Coetzee si, Coetzee non

Dúas persoas que merecen o meu respecto no terreo da literatura expresaron as súas reticencias cara o premio Nobel de África do Sur J.W.Coetzee. Un por a súa prosa fría, ríxida, desapaixoada, matemática e implacable que non dá pé ao humor ou á alegría de vivir. Outro porque prefire a escritura virgueira, adxectivada, rica e colorida. Dúas críticas para un mesmo autor.

A miña experiencia cos seus libros (polo de agora Foé, Elizabeth Costello, Desgracia, Infancia e Juventud) non lle quita a razón aos meus amigos. Todo o que din é certo. Por outra banda é un escritor de exactitude innegable, un gran retratista do funcionamento da mente humana e das diversas correntes escuras e bravas polo que a existencia nos arrastra.

Se eu lle tivese que poñer un pero sería que un ten ás veces a sensación de que se está a ler a un Kafka ou a un Dostoievski revisitado. Nada malo pero tampouco nada orixinal. Certo é tamén, que quizais non sexa a mellor lectura para unha tarde soleada de verán. Escoito ao lonxe a Chimo Bayo: "Coetzee si, coetzee non".

3 Díxome díxome:

At 10:07 AM, Blogger Zerovacas said...

Concordo en todo. O que sempre admirarei dos teus posts é como podes meter na mesma frase a Coetzee e a Chimo Bayo

 
At 9:34 PM, Anonymous Anonymous said...

Pois a min gustoume Elizabeth Costello -o único que lle lin- , apesar de que se lle poida criticar que pareza unha forma de "camuflar" un ensaio sobre cuestións xerais.

Discrepo coa defensa do vexetarianismo que fai Costello, aclaro.

 
At 10:11 AM, Anonymous Anonymous said...

Só lin "Desgraza", e gustoume moito. A trama, cando a lin na contracapa, non me interesaba en absoluto, pero enganchoume deseguida así lin as primeiras 20-30 páxinas. Polo ben escrita que está, nun uso moi lúcido da narración en presente, sen posibilidade de distanciamento ou proxección. E polo nihilista e demacrada que é a súa visión do mundo: se nós (no seu caso, os afrikaners) fixemos que este mundo sexa unha puta merda... ¿por que nos imos queixar? ¿cal é a nosa escusa, o noso atenuante? Mellor encaixar a desgraza e seguir vivos igual, que lle vas facer, como maldición. Nada de suicidios ou mortes efectistas...

¿Cal leo agora?

 

Post a Comment

<< Home