Gordan decepción
Se crese no poder maléfico do Señor Torito pensaría que anulou as clases nos institutos porque:
a)Porque un neno llo pediu. Aínda non estaba adaptado á volta ao traballo e Tou, sabémolo por unha portada de Galicia Hoxe, gosta moito dos nenos.
b)Para facilitar a volta das vacacións e dar tema de conversa. "Mira que vento fai." "Pois non é tanto coma din.""Estes da Xunta".
c)Para que Galicia sexa portada dun informativo estatal. E para iso, como sabedes, é preciso unha catástrofe natural.
d)Coma parte da estratexia de Touriño, excomunista, para crear unha nova Cuba socialista.
Pero penso que as razóns reais son:
a)Que os políticos pasaron dunha deixadez absoluta cara este tipo de ameazas a unha paranoia profunda sempre na mesma dirección: cubrirse as costas.
b)Porque non houbo confianza no propio servizo meteorolóxico da Xunta, Meteogalicia, que restou importancia á ameaza. A Xunta decidiu facer caso a Antena3 e Telecinco e aos seus meteorólogos de medio paraugas que ilustraban a noticia con imaxes do Mich ou do Katrina.
c)A histeria colectiva e un estado ao que se deixan arrastrar os políticos populistas e seguidistas. Desgraciadamente todos e cada un dos partidos entran máis neste xogo.
4 DÃxome dÃxome:
Ola:
Cito La Voz de Galicia do día 22 de setembro:
"En Cee, el IES Agra de Raíces se quedó sin trescientos metros de tejado (estaba en obras), que salió volando para caer en el patio."
¿O seu comentario sería o mesmo se, imos supoñer, fose pai/nai dun fillo aplastado polo tellado deste instituto caído ao patio á hora de entrada? Coido que non.
Estou dacordo. Se lle pasase algo a un neno caíalles o pelo. Máis valeu previr...
Pensei que viviamos en Galicia, onde cada inverno recibimos un mínimo de tres ou catro borrascas como esta (de feito, esta semana chegan os restos do furacán Helene). Non se poden pechar os colexios cada vez que vaia chover. En todo caso, pódese optar por medidas máis focalizadas (retrasar o momento da entrada dos nenos até as 10, ou facelo só nas zonas de costa...). Non se pode facer política a canonazos, sobre todo porque a política compónse de grandes decisións (política de Estado) e pequenas decisións (xestión, micropolítica).
Veña home, nin arre nin xo, msp. Como ben di Manuel se alguén resultara ferido qué, ¿imos despois a manis a ler panfletos peperos preguntándonos por qué ese cole estaba aberto...? Distinto é cando tódalas previsións falan simplemente dunha borrasca, aí non ten sentido suspender as clases, pero se se espera algo máis forte (aínda q despois non fora para tanto, certo), por qué non se poden tomar precaucións? Eu penso q a razón da maioría das críticas é que ós pais os fillos gústanlles moito, sobre todo mentres están no colexio...
Post a Comment
<< Home