Preguntas sen posible resposta
Vendo que non vos gusta Coetzee, ou non o líchedes formulo unha serie de preguntas posiblemente irresolubles para o voso esparexemento:
-¿Por que alguén aínda que a todas luces pareza ser unha persoa excelente, cunha atitude moi positiva cara ti e aos demais, que non fai nada malo a ninguén e se comporta con corrección aínda así caeche mal e desconfías dela?
-¿Cantas veces hai que votar algo, por exemplo a lei de patentes de software, ata que se dean conta de que non é boa para ninguén salvo para algúns poucos? (Supoño que unha resposta posible é cando eses poucos vexan cumpridos o seu desexo).
-Se Alonso xa rajaba dos seus compañeiros e xefes ¿Que dirá cando perda o campionato? (Esta si ten resposta, virá co tempo, mais apetecíame poñela aquí)
-¿É ser político unha profesión especialmente difícil ou e que os partidos non teñen xente válida porque os que valen están no privado gañando máis?
Aí vos quedan.
6 DÃxome dÃxome:
Vaia, a min interésame Coetzee pero non lin abondo del como para opinar con coñecemento de causa ^^U
Respecto das preguntas irresolubles, anímome coa primeira:
-Ocorrenseme varias posibilidades:
Porque o exceso de correción adoita agochar personalidades desequilibradas (Hitler era un perfecto cabaleiro, respectaba enormemente ás mulleres en público, era vexetariano e tiña moi bós modais.
Porque hai unha forte incompatibilidade química.
Porque hai motivos para sospeitar que tan só o subconsciente recoñece e que non serán racionalmente aprehendidos ata que algún movemento en falso do "alguén" faga saltar o sinal de alarma.
Lamento o meu limitado potencial neuronal, hoxe tocou unha de psicoloxía de catro pesos...
arale continúa coa súa teoría da química, eu creo que me mira e ve un conxunto de protóns e electróns en movemento. XD
Na primeira, polo menos, pensas en alguén en especial. Só che digo que cando alguén tenta caerche particularmente ben e fai por agradarche, hai unha desconfianza natural (e beneficiosa) porque sabes que oculta un "eu" que alomenos, esa persoa considera negativo. Para as demais, as respostas son moi difíciles.
Detecto un certo cabreo neste post. ¿Estropeouse a felicidade absoluta no CESGA?
Para animarte, ahí van unas respuestas absolutamente inútiles.
1- Porque por mucho que sean agradables contigo, cierto tipo de gente nunca te caerá bien, ya que eres un huraño asocial con muchos traumas.
2- Hasta tener la mayoría absoluta en el Parlamento.
3- No sé las palabras exactas, pero harán temblar la tierra.
4- Ambas premisas son ciertas.
El duende ha hablado.
A verdade é que non hai ningún problema no meu lugar de traballo (agora os meus arquienimigos ao coñecer a miña identidade poderán acabar comigo facilmente). É simplemente unha reflexión de sobre como unha persoa que ten todas as papeletas para caerche ben (ou mal) non acaba de casar contigo.
Reflexión aceptada. O certo e que tes moita razón.
Acabo de volver ler o meu comentario anterior e parece máis agresivo do que tiña en mente cando o escribin. Aclaro que non me tomei a mal a referencia velada, e que me interesaba polo teu estado de ánimo de modo xenuíno, e non irónico.
Aclaro tamén que esa segunda persoa que emprego na primeria resposta é xenerica (como a que usas ti para preguntar) e non se refire a ti. De feito, a descripción cadra máis comigo que contigo.
Post a Comment
<< Home