O.C.
Teño uns cantos amigos, eu en parte tamén confeso ser seguidor, que seguen as aventuras de Ryan e Zed con asiduidade e alternan coa lectura de comics gafapastas ou películas de Kaurismaki. E non só estou a falar de ti, falo de máis xente.
Non teño outra explicación a este fenómeno salvo que as referencias indies e popies dan un toque de glamour a estes , certo é, superpijos de Californias suficiente para chegar a un público máis amplo do normal. Pode que explique a razón de por que un dos poucos produtos televisivos que non son capaz de aturar son os culebróns sudamericanos. Porque... ¿É O.C. algo máis ca iso?
As tramas están condimentadas co mesmo: relacións amorosas imposibles, loitas de poder, infidelidades, venganzas, fillos segredos, xiros inesperados e inexplicables, cambios de parella inverosímiles, chantaxes, xente en coma (non recordo agora mesmo a ningún pero acabarao habendo) e demais artificios habituais. Pode que o único que diferencie a estas series do Norte e do Sur sexa o luxo da produción e, por outra, a periodicidade. Seguro que Shakespeare e Cervantes terían problemas para facer unha serie diaria.
Xa que falamos de leit motivs o meu favorito de O.C. son as pelexas en reunións públicas provocando o conseguinte escándalo. Hai unha practicamente en cada capítulo e case todas teñen ao carapau de Ryan coma protagonista. Coma capullo chistoso obviamente sinto empatía cara Zed. O seu romance con Summer tamén axuda. Marisa é tan sosa coma o seu compañeiro e a súa roupa tena que elaborar un xaponés experto en miniaturización.
Os estudiosos da comunicación estudan a Dreyer, a Lars Von Trier e incluso a xente máis aburrida e impopular, pode que haxa unha identificación igual que me pasa a min con Coen, e esquécense das series de adolescentes e de trintañeiros que realmente son significativas da mentalidade da xuventude da nosa nación, de calquera delas. Pensade nos 90 en Sensación de Vivir, Melrose Place e agora en O.C.
Volvo a falar de min. Hai uns anos fun a un curso dun mes para ser guionista de teleseries. Ademais dun argumento para un novo produto audiovisual protagonizado por un obeso mórbido, fan acérrimo de Alonso que repartía pan polas aldeas de Bergantiños leveime a desagradable lección de que todas as teleseries (TODAS) se basean nun esquema ríxido narrativo. Aplicar esta terrible ensinanza a Seinfeld e Médico de Familia pode levar á tráxica conclusión de que non deixan de ser o mesmo. Aínda que Cicely se vista de seda, Cicely queda.
4 DÃxome dÃxome:
Grande serie "doctor en alaska". Polo demáis tes toda a razón, todalas series se basan no mesmo e todas, no fondo, son iguais.
¿OC? Todas son iguais, pero unhas son máis iguais ca outras
Son incapaz de aturar as series de televisión.
Primeiro porque non teño constancia de ver un capítulo tras outro, e perdo o fío. A miña vida non é tan regular.
Segundo, porque enérvanme os seus esquemas ríxidos, cabréanme, estoupa a miña xenreira e o único que consigo e anoxar ás persoas que teño o lado e ven esa mesma serie sen tanto trauma. Non aturo a enchenta de lugares comúns, especialmente cando se trata dunha realidade allea á miña que desprezo con intensidade (caso O.C.).
Hai algunhas estrañas excepcións. No seu momento, Doutor en Alaska. Pero daquela eu era un adolescente coa vida pautada pola convivencia familiar, e era máis sinxelo reunirse as fins de semana de madrugada diante da tele. Os personaxes, nos seus distintos roles de expulsados do mundo moderno obrigados a convivir, espertaban a miña (escasa) sensibilidade.
Unha extraña excepción, actual, é "Nip / Tuc" (ou, coma traducen na galega "Quita e Pon"). Retratan o mesmo mundo pijo e superficial que en OC, desta vez en Miami, pero sen ningunha caste de atenuante, amosando a súa perversidade banal en grao máxima: Daquela, se odias ós personaxes non é porque a serie sexa noxenta, senón porque esa é a pretensión dos seus creadores, facer unha serie sobre xente guapa exhibindo sen reparos toda a súa sordidez. Non hai quen se salve. Encántame.
Tamén me gusta "A dous metros baixo terra", pero aí fallou a miña constancia, non fun quen de ver máis de media ducia de capítulos. Perdía o interese. E iso que tiven a primeira tempada completa na casa en DVD para vela cando me petase. Quizais un exceso de pretensións arties do baras que é Alan Ball.
¡Onde estea un bo filme de Bergman, Tarkovski, Antonioni ou Angelopouolos no que non falen que se quite tanto pseudo-dramón adolescente!
Por último, como retrato de pijos chungos californianos, prefiro a Breat Easton Ellis. As referencias gafapastas van na mesma liña (vinte anos antes, claro), pero polo menos non pretende que che caian ben os imbéciles dos seus personaxes
Penso que clavas o "por que nos gusta OC?". Eectivamente eu detestaba Melrose Place ou Beverly nonseiqué (Mal traducida como Sensación de Vivir) e en cambio encántame esta. Discrepo coa crítica que fas do personaxe de Marisa Cooper, porque a súa faceta alcólica lle dá un especial glamur. Os meus preferidos seguen sendo Cohen fillo e Coen pai.
Vou, en todo caso, engadir algún factor máis: a excelente banda sonora e a producción de George Lucas.
En canto ás series, súmome ao clube de fans de "Northern Exposure" (Doutor en Alaska) e confésovos un detalle friqui. O outro día lin nun blog "liberal" que a actriz que fai de Maggie O'Connell era simpatizante republicana. Nunca esperaría iso dela...
PD: O meu blog vai perder unha ligazón en breve...
Post a Comment
<< Home