As aventuras dun post calquera
Simplemente deixar constancia da lectura dun marabilloso libro de William Boyd: As aventuras dun home calquera. A tese principal é un tema de reflexión corrente de moitas persoas e artistas. Analízase coma a andaina vital dun individuo é tan sumamente rutinaria, predecible e ordinaria coma, ao mesmo tempo,única e irrepetible. Esta novela é un brillante exemplo co peregrinar dun individuo cos problemas compartidos por todos nós (os procesos de madurez, o amor e o desamor, a batalla contra a soidade e a morte, as relacións familiares...) a través dun escritor vocacional que, por amor e graza de diversos azares, convértese en tratante de arte, espía, terrorista, terratenente ou marchante de arte coñecendo no camiño a Picasso, James Joyce, ao Príncipe de Gales, Pollock, a Guerra de Biafra, a II Guerra Mundial, a Heminway, a Guerra Civil Española... e viaxando por Suiza, Uruguai, Nixeria, Islandia, Alemaña, Gran Bretaña, Francia.
A novela emocionoume por momentos. Resulta fácil sentirse identificado co protagonista, tan mísero e tan grande a un tempo. Confeso que axudou a que aceptase mellor a novela o feito de que o protagonista da novela nacese o mesmo día ca min e que o carácter de Logan Gonzago Monstuart se asemellase moito ao da persoa que me recomendou o libro e o tipo de literatura que defende. Fóra do frío da complexidade estilística, que moitas veces non é máis que un xeito baleiro de buscar a excelencia, transmite calor e a un verdadeiro ser humano. Na última páxina tes a sensación de perder a un ser querido e iso non me pasa a miudo cun personaxe de ficción.
7 DÃxome dÃxome:
Monstuart, iso si que é un apelido con persoalidade.
pois eu tomo nota.
Tanto que ler e tan pouca vida...
Dende logo, ten boa pinta.
eu participo da idea do duende, lamento tanto non ter tempo para ler, teño un montón de libros que se apilan en tarefas pendentes, e que non lles dou feito frente. Sinto un alivio cando os remato, unha felicidade, a satisfacción do traballo ben feito.
Entre ti e máis eu levamos 0 posts na última semana. ¿estaremos incubando algo?
por que aparezo de anónimo???
Supoño que porque non marcaches o da identidade coma Blogger.
Post a Comment
<< Home