A chuvia en Compostela
Enantena ordéname que escriba un post sobre a chuvia en Compostela. Non serei galego e amosareime a favor. Olvidando razóns egoistas (non podemos saír a pasear nin a xogar co que nos trouxeron os reis), forasteiras ( as necesidades da nosa horta de regadío murciana e os seus campos de golf anexos) e de loxística (se saio á rúa móllome) que chova é cousa boa. A Galiza está verde, o aire está máis limpo, disfrutamos máis do noso acubillo cun libro ou unha película tapados por unha manta de Snoopy mentres fóra os ceos descargan a súa ira.
Por outra banda unha situación meteorolóxica tan desaquilibrado axuda á comunicación cos seres sosos e a perder tempo nos centros de traballo ou comidas familiares con conversas insulsas sobre os excesos pluviais. A xente fea ademais pode/podedes/podemos agochar as nosas desagradables caras e corpos baixo capas e capas de roupa. Moitas ratas deben de estar a afogar nos asulagados sumidoiros composteláns. E sempre é bo que non haxa demasiadas ratas nos sumidoiros ou nos pazos de goberno.
Sempre me sorprendeu o esaxerada que é a xente coa chuvia en Santiago. Vale, chove, pero vós sodes galegos e pode haber unha diferenza como moito de 20 días ao ano. Creo que xoga na súa contra que Santiago sexa unha cidade asequible e divertida onde a xente pasea e camiña e fai cousas. Seguro que en Zamora a xente non se molla case nunca.
A chuvia en Compostela é un tópico coma calquera outro. Custaría admitir outros coma os funcionarios que non rascan bóla, os profesores universitarios que non van a clase, os estudiantes de farmacia que tardan 14 anos en sacar a carreira pq van herdar o negocio familiar, os tunos (ou non, os tunos). O normal en Santiago é que faga un día nubrado sen frío nin calor ou que faga un día soleado e, por amolar, caian tres ou catro gotas.
Leva case 3 anos chovendo case nada desde aquel infernal ano 2001 de cinco meses de chuvia consecutiva. É posible que se estea a configurar outro diluvio anual compostelano. E eu digo "Hail, chuvia."
7 DÃxome dÃxome:
Mítico curso 2000-2001. Un día saiu o sol e tiven que tapar os ollos.
Pues a mi me gustó porque la gente se quedaba siempre a tomar la penúltima esperando a que escampara. Así acabábamos...
Lembro aquel curso, Elric, rachaban os paraugas de tódolos incautos paseantes camiño das facultades...
O problema de Santiago, segundo o meu parecer, é que a choiva é impredicible, media hora desaparece, logo volta e arrecia con máis forza para que despois volte a saír unha raiola de sol...
Prefiro estes días tan diáfanos, chuvia, chuvia, chuvia, pero o certo é como réplica a aquel curso, o curso 2003-2004, para os que estudiaran aínda, e si, eu aínda estudiaba (máis traballaba que estudiaba) case non choveu.
Vexo á xente moi posta en canto ao réxime pluviométrico interanual de Compostela. É igual que chova ou faga sol, a cuestión é queixarse do tempo, como levamos facendo miles de anos. Nunca chove a gusto de todos e nunca choveu que non escampara.
¡Ah, traición, ah, perfidia! Este era un tema que eu gardaba para días de cero ideas. Agora terei que buscarme outro.
A min a choiva gústame, para ver dende a casa, como as tormentas, pero é unha lata se tes que ir traballar. So digo eso porque son un urbanita ó que lle gusta mirarse o embigo. Se fose un labrego, opinaría distinto.
O que si é insoportable, e que chova e faga calor. Ese e o clima do Ganges.
E, pola contra, tamén estivo o inverno da LOU (curso 2001-2002, creo), que case non choveu.
En Compostela chove bastantes máis días por ano que en Vigo, Coruña ou Lugo. Agora, a cidade de Galicia onde cae máis auga é Vigo, con bastante diferenza con Santiago. Ademais, eu sosteño (mais non teño datos contrastados cientificamente, dádeme uns días) que o lugar de Santiago onde máis chove é Vista Alegre, seguro.
O curso 2000-01 foi o meu primeiro ano en Santiago.Na miña vida usara un paraugas en Ourense ata aquela, ese ano fixen un master en manexo do mesmo.Non paraba de chover.
Lembrome unhas prácticas en Física que eran un suplicio.Chegabas sempre empapado ata os dentes.
Para discutir o tema de que en Santiago chove mais ca no resto de Galicia,podo remitirme a ourense.Alí chove menos(non seu os datos exactos) pero estou seguro que chove menos.Ademais hai algo que para min é fundamental,é que chove vertical co cal se vas con paraugas o por debaixo dos soportais non te mollas.
O problema principal de Santiago para min é o maldito vento.Xunto coa choiva un cóctel que te empapa por fóra.
A cuidarse
Post a Comment
<< Home