Thursday, November 30, 2006

Suicidio

A entrada sobre o suicidio da Wikipedia en inglés descuberta por casualidade desenterrou o meu interese polo tema. Tamén me eirve de recordatorio de que aínda non colaborei a pesares de que xa me fixen usuario da Galipedia. Felicitalos de todas maneiras.

A entrada recolle por orde alfabética a famosos suicidas reais e ficticios e a algúns cadáveres cunha morte cuxa intencionalidade non puido ser identificada. Tamén,recoméndovos de veras a entrada, saen reflectidas notas de suicidio famosas, descricións clínicas sobre o tema, tipoloxías, asociacións relacionadas... Unha verdadeira fonte de coñecemento.

Como soe pasar con estas cousas da Sociedade da Información falo sen ter tempo de ler coa calma e a atención merecidas a entrada da Wikipedia. Seguramente, son testán ás veces, non cambiaría as miñas percepcións que teño sobre o acto do suicidio: morrer é un dereito tan inalienable, ou máis se cabe, coma morrer e constitúe tamén unha acción sumamente egoísta.

Eu, coma moitos outros adolescentes malcriados, egoístas e sen problemas de verdade, fantaseei con quitarme a vida por cousas que agora azóranme. Cos anos un adquire consciencia do que a morte é e perde ese arrouto adolescente. Un comeza a ter medo porque xa sabe do que fala. Por outra banda tamén decatámonos de que nós só somos unha parte da nosa existencia.

¿Ao final a vida dun a que pertence? Está claro que nós temos, cando menos, o 51% das accións pero non me atrevería a causar unha dor permanente aos meus pais, irmáns e a algúns amigos por moi difícil que estivese a cousa. Xa sei que despois de dado o paso o único que importa é canto van tardar os vermes en devorarte pero o noso entorno ten un cachiño de nós.

Tamén acepto, e creo unha obriga ética, entender a vontade dun enfermo terminal a morrer sen dor. E quen queira discutir isto que me explique por que si está aceptado sacrificar a un can ou a unha vaca e non a un ser humano.

Labels: , ,

10 Díxome díxome:

At 1:27 AM, Anonymous Anonymous said...

Post difícilmente mejorable Xoan. Me has dejado con cara de "qué tipo este!".

 
At 9:24 AM, Blogger Zerovacas said...

No meu caso xogou a favor do suicidio aquela cancioncilla de los piratas que dicía aquilo de "la ventana es un buen lugar para escapar". Pero paréceme moito máis desacougante o de "red wine and sleeping pills help get back to your arms" de radiohead. Así que agora vou escoitar o "Ghost rider" de Suicide.

 
At 10:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Hablar del "derecho" al suicidio me parece inhumano y una perversión política, ya que el suicidio no es una potestad sobre el propio cuerpo, un gesto de determinación, sino más bien un síntoma psiquiátrico. Si se analizan en profundidad los casos de suicidio por detrás subyace un trastorno psiquiátrico, aunque a veces cueste observarlo porque ese acto de quitarse la vida puede idealizarse.

 
At 10:58 AM, Anonymous Anonymous said...

Continuación: Vincular los suicidios a un trastorno psiquiátrico no es una muestra de desprecio hacia las personas que se quitan la vida, sino de compasión. Nada más absurdo entonces que proclamar un derecho a la enfermedad.

 
At 12:10 PM, Anonymous Anonymous said...

Creo que en esto que menciona nuestro amigo anónimo anterior se equivoca, puesto que no es posible aseugrar tan tajantemente que el suicidio es un síntoma psiquiátrico.

Más bien podríamos decir que el suicidio "se entiende" como un síntoma para un diagnóstico, por ejemplo, de depresión mayor. En este caso creo que la intención es discutir esa atribución. Por defecto atribuimos el suicidio a una alteración (psíquica, psicológica...) pero la pregunta es ¿por qué? ¿Acaso no tenemos libre derecho a decidir cada uno por sí mismo? Creo que eso es lo que plantea el posto (entre otras cosas).

 
At 5:20 PM, Anonymous Anonymous said...

El formularse esas preguntas es reincidir sobre el mismo error base de considera el suicidio como un acto de determinación personal cuando NO ES ASÍ. La vinculación del suicidio a trastornos de índole psiquiátrica, y no sólo la depresión, ya que eso sería simplificar puesto que puede estar ligado a otras muchas patologías, aclara las preguntas que plantea el post.

 
At 9:40 PM, Blogger Arale Norimaki said...

A entrada da wikipedia pinta moi interesante, haberá que atopar un oco para mirala ben.
Respecto do debate entre anónimos, eu penso que as patoloxías psiquiatricas non son tan sinxelas de catalogar, e que a valoración de "enfermos mentais" vai variando co tempo e segundo a sociedade na que se atope o individuo "afectado", co que tampouco se pode meter a todos os suicidas no saco de "trastornados mentais" (que é unha persoa "normal", ao fin e ao cabo?).
Por unha parte, creo que aquí os románticos e moita literatura contribuiron a mitificar o suicidio. Pero tamén penso que boa parte das persoas que optan por esta vía para finalizar a súa vida son conscientes da gravidade do seu xesto, pero xa perderon a esperanza en calquera outra vía de "recuperación" ou "saída".
Cantos suicidas foran atiborrados e anulados con antidepresivos (altamente adictivos, dito sexa de paso) antes de rematar coa súa vida? Coido que non poucos...

 
At 9:21 PM, Blogger O Nadador said...

Un par de puntualizacións antes de comezar: Querido amigo agradezo os teus eloxios pero prégovos que non citedes o nome da miña partida bautismal e que, na medida do posible, procuredes firmar cun pseudónimo por cuestións de identificación. Aínda que Arale, coma bo robot con bragas, explicouno xa moi ben.

A cuestión suscitada polo segundo anónimo (por iso vos dicía que era mellor asinar) é representativa do difusa que é a propiedade da vida.

Debo admitir que estou en desacordo coa idea de que alguén teña algún problema de tipo psiquiátrico porque hai xente que toma esa decisión acuciado polos problemas da súa vida.

Ao fío do que di MSP creo que a mellor canción sobre o tema é Rock and Roll Suicide, de Bowie.

 
At 11:05 AM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

O clima e o sentemento de culpa son as princpais variabeis sociolóxicas para determinar o número de suicidios. As sociedades protestantes soen ter mais suicidios que as católicas polo tema da culpa e o perdón. A sociedade xaponesa ten un alto sentido da culpabilidade e iso tamén explica a súa tendencia suicida. Despois o clima explica que na Galiza haxa mais suicidios do que en Murcia, por citar un exemplo. E en Finlandia máis suicidios do que en Grecia.

 
At 5:54 PM, Blogger verdello said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 

Post a Comment

<< Home