Sempre aos mellores
Un compañeiro de traballo vén de sofrer un pequeno susto ao ter o seu pai un amago de infarto. Este compañeiro, que ata ten nome de algo máis ca santo, é unha excelente persoa. Case a mellor que un se pode atopar polos campos do Señor. A reflexión en quente apuntaba ao inxusto que é que os mellores sufran. Pero os bos tipos sofren. Igual cós malos.
Se queredes consultar un libro sobre o tema creo que hai un por aí que se chama El Quijote. Tamén, falo de oídas e o meu audífono é gafapástico, Nazarín de Buñuel vai sobre ese mesmo tema: idealistas que ofrecen o ben á humanidade e esta devólvelles pauazos no lombo. A xente boa pásao mal. A xente mala tamén o pasa mal. Só a xente que o pasa ben o pasa ben. Seguramente desfruta do seu coñac na cima do mundo ou na terraza perante un solpor de verán. Ao mellor corren cun/cunha mulato/mulata(s) pola praia (en pelotas).
Visto así parece que dá un pouco igual. Quizais sexa así. Xa sabedes que o sol acabará por tragar o sistema ao que dá nome e que seguramente, salvo para os que cren con intensidade semellante en Cristo, os Reis Magos e Buda, non haxa máis vida ca que arde. Mirádeo así, se este compañeiro de traballo non axudara a facernos a vida mellor cada día seguramente a proximidade da morte dun ser querido resultaríanos totalmente indiferente. Existen diversos tipos de egoísmo como existen diferentes xeitos de deixar pegada na xente. Eu prefiro aferrarme ao que di que axudando aos demais axúdaste a ti mesmo na contra do que di que isto é un todos contra todos. Por certo, está mal que nos alegremos da morte de ninguén ¿non?
Os meus xefes teñen mala sorte comigo. Ao anterior morreulle o pai e a este estivo a piques. Espero que todo se trate dunha coincidencia. Ánimos dende aquí aínda que sei que non me vas ler.

Labels: Antracita, bo, bondade, bucólico, Cristo, despeñaperros, Miró, Petrogrado, Reis Magos
4 DÃxome dÃxome:
Ui, os xefes len mais blogues do que pensamos... En todo caso, oxalá que teña unha breve recuperación
Estou cos bós e cos que sufren, pero non cos que se angustian...
"Madame, en realidad yo no sé si os parecerá cosa extraña, pero nunca he oído decir, ni se me había pasado por la imaginación hasta que lo he escuchado de vuestros labios, que las mujeres bellas puedan sufrir".
Karen Blixen, o libro, por certo, é teu, xa o rematei; Pronto terei que pasar pola túa estantería para unha nova colleita.
A vida é corta, problemática e mesquiña, pero é o que temos, así que hai que disfrutala. Comparto a súa visión do egoísmo, señor nadador, e ten sorte de ter un xefe que tamén a comparte.
Es un mata-pais-de-xefes. Cando cambies de choio en ano e algo agardo que che toque un xefe ben cabrón para que te aledes dos males que a túa presenza perversa vai provocar na súa familia.
E sobre mortes das que nos aledamos: certo militar austral metido a golpista e xefe de estado, amiguiño de Milton e promotor dos chicago boys: nada como destrozar un país coa escusa de reflotar a súa economía...
Post a Comment
<< Home