Thursday, November 16, 2006

Perdón

O perdón é un concepto moi ligado á cultura xudeo-cristiana e aos ateos recalcitrantes dános un pouco de yuyu falar del. Débese perdoar aos que nos ofenden? Perdoar aos que non nos fan dano de verdade é doado. Igual que cando desculpamos sabendo que secuestramos á outra persoa co noso xesto, en concreto, altruísta.

Se vos parece que estou a falar coma un cura termade dos chapeus porque creo que os que perdoan teñen fe. Non nun monstro de espaguettis voador nin ningunha parvada máis elaborada con representacións en frescos da Capela Sixtina senón na xente. O problema vén cando a xente carente de conciencia de culpabilidade insiste en facernos mal de forma voluntaria ou involuntaria. Coma en tantas cousas nesta vida onde está o límite entre actuar correctamente ou ser parvo?

As alternativas máis claras, a vinganza ou o rancor non me convencen. A vinganza é unha ferida aberta que só se pecha cometendo un acto vingativo. Unha vez que se consegue só queda baleiro. O rancor é se cabe peor. Consiste en obsesionarse con alguén que non debería ter valor para nós.

Guindade os vosos tomates porque sempre admirei o perdón sincero e completo. Paréceme un xesto de verdadeiro amor, xenerosidade e humanidade. Algúns dirán que é un síntoma de debilidade. Eu creo que débil é o que non é capaz de elixir e anda pola vida prisioneiro de si mesmo.

Labels:

5 Díxome díxome:

At 5:37 PM, Blogger elduende said...

Perdoar é unha forma de quitarse un peso de enriba. Só por iso, merece a pena.
Aínda que cando a putada é o suficientemente grande, son partidario da vinganza.

 
At 8:46 PM, Anonymous Anonymous said...

Mientras seas capaz de discernir quien se merece tu perdón (no cualquiera), y seas capaz de no pedirlo por ti sino por el otro, entonces creo que ya lo habrás alcanzado.

Me alegra encontrarme gente que todavía tiene fe en la gente. Cada vez quedan menos...

 
At 12:06 AM, Anonymous Anonymous said...

Zenone, véxote sentimental e alcólico. Vas rematar como un Valle-Inclán calquera alá polos madriles.

En canto ao perdón... Ben, eu tendo a perdoar bastante, así que por momentos penso que a cruel vinganza podería ser unha boa escolla...

 
At 1:08 AM, Blogger Bautista said...

O máis bonito dos perdóns son as múltiples clases existentes.
Un dos que máis odio, que un funcionario che diga "Perdón, pero acabamos de pechar a ventanilla e non podemos selarte ese impreso, vén mañá por aquí". O seu perdón equivale, noutras palabras, a que tomes polo cú ven tomado.
Un dos que máis me gusta: "Perdón, pero a esta invito eu que así débesme unha". Ese perdón, ditpo por unha rapaza, equivale a que aínda queda noite por diante.
Por desgracia siguen abundando os primeiros. E non sei se son xudeo-cristiáns, pero póñenme dunha mala...

 
At 7:55 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Eu creo que máis que o perdón do que gosta a tadición xudeo-cristiana-islámica é da autoflaxelación. Como xa dixera Nietzshe a autoflaxelación é unha forma de vicio coma outra calquera, incluso peor que os vicios sexuais.

 

Post a Comment

<< Home