Sunday, December 10, 2006

As malas noticias

Hai un dito que di que as boas novas non son iso, novas. Poderíamos chegar á conclusión de que, xa que logo, as malas sempre o son. A prensa, sempre rebelde, encárgase de darlle a volta á situación.

Estas poden ser as peores novas posibles, de seguro que si. Non obstante sabedes que son xa noticia unha vez ao ano. Das informacións das que vos falo son aquelas que a pesar de saír impresas ninguén repara nelas (ao mellor porque non van na portada). Aí van:

1.-O novo estatuto do Autónomo facilitará converter aos empregados en autónomos.

2.- A Bolsa é a gran beneficiada pola nova reforma fiscal

3.-Os bancos tamén poderannos cobrar por recibir unha transferencia, e non só por facela

4.-Europa perde a carreira da I+D

E sen embargo a noticia dos medios locais madrileños (Antena3, El Mundo, El País...) é que, tendo en conta que levan dúas semanas dando a lata co proceso de paz, os vascos aos que lle preguntaron opinan que o proceso de paz vai mal.

Sobre as noticias económicas vén a colación un capítulo dos Simpsons nos que dous extraterrestres se apoderaban dos corpos dos aspirantes a presidente de EUA Clinton e Dole. Homer descobre o engaño pero un dos extraterrestres declara sabiamente que "Dá igual polo bipartidismo estades destinados a ser escravizados por un dos dous".

1 Díxome díxome:

At 2:45 PM, Blogger Arale Norimaki said...

Levamos coa dialéctica da crise dende moito antes de que a miña cpu fora concebida. Un xornal que non estea ateigado de fatalíticas novas ou grandes revelacións (ainda que sexan as mesmas repetíndose cada x tempo), non é un xornal. Así que é normal que nimiedades como o empeoramento das condicións laborais (xa de por sí sublimes), ou o continuo despiporre do sistema financeiro global nos pasen desapercibidas.
Mais graciñas por destacalas de novo.

 

Post a Comment

<< Home