Thursday, December 14, 2006

You Win!Perfect

...A frase que todos queríamos oír cando xogabamos o Street Fighter II. O videoxogo que reinou nas salas recreativas cando as máquinas tragacartos dominaban o universo. Foi un produto cultural de gran trascendencia social nun microespazo da xuventude que afectou a xente de todo o globo pasando por riba de culturas e diferenzas merecendo ocupar un posto de honra no mundo dos videoxogos xunto co Space Invanders, os Comecocos, Super Mario, Tetris, Doom ou Sims.

O argumento, propio dunha película de Van Damme, consistía nun campeonato mundial de tíos dándose mamporros por todo o mundo. O que deixara aos demais con máis cardenais gañaba. Despois da túa victoria sobre M. Bison( curiosidade para Frikis: na versión xaponesa M.Bison é Balrog é viceversa por un erro na tradución) viña unha escea pateticamente resolta que a min chegáronme obsesionar. En xeral teño unha fascinación incomprensible polos finais dos xogos de loita, quizais porque daban unha dimensión máis profunda aos personaxes (nin eu mesmo creo este comentario gafapasta) e certo sentido a tanto Oriuken.

O importante do xogo era a posibilidade de entrar a dobres sen interromper o percorrer do "modo historia" o cal abriu unha dimensión máis socializadora dos videoxogos en particular, un bo exemplo son os shooters coma Counter Strike, e da informática en xeral, desterrando, cada vez máis, de que a informática, necesariamente, aílla ao individuo.

Non menos importante eran os detalles: cada personaxe tiña dúas maneiras de celebrar a vitoria nun asalto, todos tiñan escenarios (horriblemente tópicos eso si) personalizados e con certa interactuación, as características e golpes especiais de cada personaxe que un tiña que descubrir por si mesmo, a dificultade crecente de cada personaxe dependendo de en que orde te tocasen (Guile ou Ryu de oitavo admito que me resultaban moi difíciles).

A miña táctica de combate era certamente conservadora. Collía a Ryu e adicábame a lanzar ondas dende un curruncho. Cando o oponente viña cara a min a cubrirse e a saltar ata volverme a poñer a boa distancia. Só me achegaba cando o outro estaba en "paxariños". Penso que, de perder alguén o tempo na misión, se se fixese un estudo sobre personaxes favoritos gañaría Ryu cunha pequena diferencia sobre Ken. Na liña impudorosa que caracteriza a este blog admito que sempre quixen xogar co karateka norteamericano. Afirmo ante vós que os que saben xogar de verdade, coa gallardía e valor necesarios, asumían o estilo de presión abafante en todo o campo do yanki.

Na festa de aniversario da tenda friki Zónula Catro o seu dono afirmaba que os menos frikis xogaban con Ken e os outros con Ryu. Acepto esta teoría a medias. Os verdadeiramente frikis xogaban con Zanguief ou Dalshim.

E vós de quen víñades sendo, Ryu ou Ken? El Duende tamén se fai esa pregunta.


Labels: , , , , , , , , , , , , ,

14 Díxome díxome:

At 8:13 PM, Blogger elduende said...

So unha nota ó pé rapidiña:

En Xapón, o nome orixinal do boxeador negro do xogo era Mike Bison (M. Bison) e o do malo final, Balrog.

Cando lanzaron o xogo en EEUU, a filial ianqui de Campcom temeuse que os avogados de Mike Tyson lles puxeran un preito por dereitos de imaxe e, ¡zas! intercambiaronlles as identidades.

E ata hoxe.

 
At 9:58 AM, Anonymous Anonymous said...

Ken ou Ryu...

Certo que as posibilidades económicas dos rapaces de clase media a comezos dos anos noventa non daba para máis dun par de partidas diarias (a non ser que teus pais foran ricos e ti ludópata) Había que rendabilizalas. De aí a obsesión por Ryu ou Ken. Porque con eles tiñas máis posibilidades de gañar e pasar á seguinte fase, estirando a partida, rendabilizando os cartos.

Daquela, os xogadores que preferían a Ryu ou a Ken eran: ou ben rapaces oportunistas e advenedizos, de clase media-baixa con ganas de ascender na escala social, e xogar tanto tempo ás máquinas como os seus rivais da clase alta... ou precisamente eses rapaces burgueses obsesionados por converter a súa superioridade económica en dominio social a través do éxito no xogo.

Daquela, xogar con Ryu ou Ken non era máis ca caer nos camiños perversos do capitalismo...

No seu lugar, e aproveitando a diversidade xeográfica dos loitadores, anticipándose á era da globalización, eu prefería tirar os cartos sen pasar da primeira ronda para probar como se xogaba con uns e / ou con outros. A variedade de escenarios encantábame precisamente por esa exaltación do tópico, tan necesaria para un cativo soñador atrapado nunha cidade pechada sobre si mesma.

Por filias ideolóxicas o meu candidato inicial era sempre Zangieff...

Pero por pura xeopolítica da guerra fría, os programadores do xogo fixeran del un dos xogadores máis torpes, difícil de manexar e falto de habilidade.

Canso de perder por humillación, decidín procurar a revolución en América Latina e convertinme nun fiel xogador de Blanka. Encantábase o seu pelaxe verde e a espectacularidade dos seus movementos simiescos: chuchar o sangue ó contrario, arramplalo like a rolling stone...

(Nunca cheguei a gañar o xogo, por suposto. Nin este nin ningún. Anque o meu favorito daquela foron as distintas edicións do videoxogo de Rallies de Carlos Sáinz: novamente o movemento arredor do mundo como constante)

Por último, pregunta retórica: ¿para cando canonizará o Presidente Lula a Blanka como heroe nacional do Brasil?

 
At 10:22 AM, Anonymous Anonymous said...

Sin pretender hacer un análisis tan profundo y metafísico del juego como el que me precede, he de decirte que yo también escogía a Ryu. Nunca había pensado el por qué, pero la verdad es que me he sentido identificado con tu exposición.

Yo era muy viciado, y he visto acabar el juego con todos los "mecos", sin duda los más tiernos eran los de Blanka y el de Chun-Li.

Que tiempos!!

 
At 11:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu xogaba con Chun Li, como dixen en ametroescaso

 
At 3:51 PM, Blogger Arale Norimaki said...

Vexo que o aniversario de zónula foi inspirador para parte do blogomillo...

Como xa dixen no blog do Goblin, tiven unha infancia triste pero xogaba con Chun Li cando me escapaba da vixilancia slumpiana nas reunións familiares.

 
At 1:08 AM, Blogger Comandante Clelia said...

A verdade e que eu crecín estrebillando no Indiana Jones e a ultima cruzada, o Monkey Island de LucasArts e o Sim City, e como son das que lle doe ver como os tempos cambian aí deixei a miña afición aos videoxogos, cando aínda só un pequeno home de mostacho conquistaba as consolas xunto coa "Sonimegadrai". As novas versións do Monkey decepcionáronme como a calquera que estimase ao capitán Guybrush Threepwood. Así que pouco máis sei de videoxogos, pero serviume de excusa para escribir aquí, jejejej.

 
At 9:26 AM, Blogger Zerovacas said...

http://www.elpais.com/juegos/juego.html?juego=19

Para xogar un anaco no traballo. ¿Empezas hoxe as vacas, non?

 
At 1:26 PM, Anonymous Anonymous said...

Debo de reconhecer, completamente avergonzado, que eu escolhia sempre a Guy ( demasiada merda de Hollywood no meu subconsciente).
Máis sempre fum malisimo neste jogo...

 
At 2:40 PM, Blogger Unknown said...

Eu sempre fun de Guile... Non teño moita idea de por qué, pero era o que collía sempre...aínda así, nunca chegaba moi lonxe.
Pola miña zona (Ferrol) era moi popular entre os colegas de instituto coller a Bison e coser ós rivais, voando contra eles... Non me lembro moito, pero penso que era un golpe fácil e bastante efectivo...
Por desgracia, xa non hai xogos de maquinitas coma estos...Ou se os hai, eu non os vexo...
Que añoranzas...XD
Un saúdo a todos.

 
At 4:07 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Confeso que estaba namorado de Chun Li

 
At 4:26 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Ah, se non lembro mal, o Street Fighter é da mesma ápoca que o Donkey Kong, un dos xogos para Atari primeiro e Nintendo NES despois, máis vendidos da historia.

Era tan bo que ata tivo sequelas como o Mortal Kombat ou o Samurai Showdown.

 
At 1:42 PM, Anonymous Anonymous said...

El juego que molaba era el Shinobi, o algo así, para mega driva, en el que manejabas a un ninja y salían personajes de la marvel.

 
At 12:55 PM, Blogger O pastor eléctrico said...

Eu sempre xogaba con Dalshim. O "combo" lapa de fogo-patada alta era espectacular. Se conseguías que teu rival non se achegase, tiñas gañada a partida.

 
At 11:13 AM, Anonymous Anonymous said...

Morreu , este blog??

 

Post a Comment

<< Home