A vida dos outros
Percorridos uns anos ti deixas de ter importancia para ti. Primeiro o sacrificio vén dado polos fillos (as mascotas, os coches tuneados, a carreira profesional ou artística e os obxectos de coleccionista son equivalencias válidas) e vívese para darlles vida. Desatados desta carga a nosa existencia pasa a ser a doutros. Calquera resquicio da existencia dos fillos, os veciños, os políticos ou os moinantes da crónica social pasa a ser o epicentro das nosas vidas porque a nós, a partir de certa idade, cesamos na nosa existencia porque non aparece na televisión ninguén que se nos pareza nin a sociedade nos ten preparado moitos tormentos máis. Somos de aquela coma eses executivos aos que non poden despedir e os ascenden cun maior salario, sen ocupación definida e nun despacho con boas vistas.
Veñen á miña cabeza os meus pais, xente máis vella aínda e máis cotilla incluso pero tamén intúo que esta sensación sófrena os investigadores que adican toda a súa vida a estudar o que escribiron outros, ou ao que escribiron uns sobre o que fixeron uns terceiros. Tamén están os que nos falan deles ou os que, por hobby, non fan máis que ler sobre os que, de verdade fixeron os outros.

Labels: Vida Literatura
2 DÃxome dÃxome:
No cravo, señor Nadador. A arte e as industrias culturais amósannos unas vidas cheas de importancia e significado, que nós nunca poderemos ter porque o Universo é un lugar caótico e pouco dado a dar explicacións.
Por sorte, sempre poderemos abrir unha conta en Second Life e desfogar alí os nosos frustrados desexos de protagonismo. Viva a virtualidade.
Señor Nadador, ¿recuperou vostede a Sartre? Creo que o que vostede precisa é unha cura de saúde basada nas milagreiras propiedades do LK do M.
Agardo estar logo por aí para acompañalo en tan xusta e precisa terapia.
Post a Comment
<< Home