Conservador e vicioso
Así definiu a miña maneira de xogar ás cartas un amigo meu. O de conservador explicábase porque nunca arriscaba de máis e ía apañando miserablemente pequenas vitorias ata que o deixaba seco. Nunca me vía bendecido por grandes vitorias aínda que as miñas derrotas, axustadas polo xeral, e, a medio e longo prazo, resultaba unha estratexia acertada. E do de vicioso pois... um... bueno este non é un blog persoal como o de Baltariño, ¿non?
Onte volveu a saír o tema. Un vello coñecido deste blog eloxiou a organización da NBA e defendeu que o fútbol europeo debería tomar boa nota e realizar grandes cambios para facela máis espectacular e atractiva. Eu opinaba o contrario, que trocar certas cousas non ten razón de ser. Dado o seu bo xuízo habitual imos deixalo en que eu cría que el se equivocaba e el de seguro que pensaba que a resaca non me deixaba pensar (aí non lle quito a razón).
E si gústanme pouco os cambios. A maxistral Atrapado en el tiempo- para a historia a escea na que a marmota conduce o camión cara o abismo- sería un bo filme para facer o meu debut. Sobrevivo grazas ás rutinas. Canto máis agradables e estimulantes son estas, coma compartir este espazo con vós, mellor é a miña vida. Os eventos extraordinarios só me causan tensión e estress. Unha peaxe a pagar para seguir vivindo.
Son de costumes fixas. Fago metros de máis para non cambiar de cafetería e os camareiros saben o que vou tomar do menú. Nun mundo no que todo é cambio resistirse a el é a única maneira de protestar ante a orde universal do universo.

5 DÃxome dÃxome:
Señor nadador, eu non lle dixen que fose conservador por non estar de acordo comigo. Díxenlle que era conservador por recorrer á tradición como argumento: “É que as ligas nacionais de fútbol están moi arraigadas”. ¡Toma! ¡E os touros, e a ablación de clítoris, e a corrupción urbanística!
En todo caso, reitero a miña oferta de pegarlle un tiro de gracia cando sexa vello e se volva de dereitas.
Emulando a un coñecido rapaz de Greenbow, Alabama, direille que "conservador é o que ten algo que conservar". Se as súas costumes e rutinas lle son pracenteiras, gorente delas e faga por conservalas (na medida en que estea nas súas máns)...eu xa levo un feixe de bares perdidos :(
Así que xogabas ás cartas... foi antes da túa aversión polo xogo?
Haha, así que o noso Nadador é conservador e viciosete, que bon. Eu prefiro dicir que son un clásico, un animal de costumes e hábitos non sempre todos saudábeis.
Baltar....¡Colócanos a toos!
Post a Comment
<< Home