Robert Palmer vs. Shania Twain
Xoguemos as diferenzas entre estes dous vídeos clásicos de Shania Twain e Robert Palmer.
O sexo oposto é habilmente obxectivizado a través dun look idéntico que quita a humanidade a eses atractivos especímenes. O falso feminismo preponderante non libera á muller senón que converte ao home nun obxecto sexual. A metrosexualidade que escraviza tamén ao home na procura dun aspecto inhumano é outro bo exemplo. Perdón polo tópico, pero o noso propio corpo acaba sendo unha mercadoría máis no que a súa cotización na bolsa do amor/sexo acaba sendo o esencial.
Non me resisto a abandoar este post sen denunciar a unha serie de incomprensible éxito e bebedora de todas estas "virtudes": Ally MacBeal.
Non me resisto a abandoar este post sen denunciar a unha serie de incomprensible éxito e bebedora de todas estas "virtudes": Ally MacBeal.
2 DÃxome dÃxome:
Xoguemos ás diferenzas pois:
O-s catro "coristas" esteroidicos de Shania teñen unha absoluta carencia de ritmo e coordinación. Palmer está literalmente arrodeado de femínidas presuntamente excitadas movendo a pelve ao unísono.
-Os metrosexuais eses mon teñen que seducir á cámara nin andar lixeiros de roupa. Shania sí e amais ten as gónadas de cantar sobre as prerrogativas de ser a "real woman" pertencendo a unha secta do máis curioso e abstemio. A Palmer só se lle ve de cintura pra arriba (se cadra porque non hai moito que ver).
Hai tempo xa que os corpos son mercadorías e non só para as múltiples industrias que nos fabrican os "complementos" (como a todo boneco que se precie). A metrosexualidade é unha ampliación de mercado da cosmética. Unha moda máis. Nada ten que ver con cambios sociais.
Be product, my friend, be product.
Post a Comment
<< Home