A droga do ano
Se o ano pasado foi o do alcohol para min este é o do café. As costumes do meu centro de traballo acabaron por incorporarme a este non tan saudable hábito a pesar da súa popularidade.
O café vén de tradición familiar. O meu avó estivo moitos anos en Cuba e ao retornar inculcou ás súas fillas, entre elas á miña nai, o hábito de tomar tres-catro vasos de café ao día. Eu sempre me resistín. Tiña, e creo que aínda conservo, certa desconfianza a todo o que fose considerado droga porque pensaba que eu mesmo me basta para a enfrontarme á vida. Co tempo todos descubrimos que necesitamos cantos máis "algos" e "alguéns" para simplmente sobrevivir.
Se o alcohol é unha droga social que me permitiu coñecer xente do máis decente ás 8 da mañá, o café é máis ben laboral. Permíteme aguantar un día enteiro sen botar unha soneca no medio e estar desperto a primeira hora no traballo así como deitarme máis tarde. As consecuencias físicas xa as estou a percibir: malas dixestións, tensión permanente, cando non consumo interminables sesións con Morfeo..
Seguramente a pregunta que un se deba facer en referencia a unha droga non é se esta é boa ou mala senón se paga a pena. Un abuso do alcohol controlado ampliou o meu círculo social pero acabou cos meus sábados e domingos pola mañá. As consecuencias negativas do café manifestaranse de seguro nos próximos anos con crueza. Sen embargo, coma os protagonistas de Trainspotting, creo que polo de agora me merece a pena.
Labels: Drogas
8 DÃxome dÃxome:
Eu son membro de cafeinómanos anónimos. A última intentona foron 2 meses de abstinencia. Consecuencias: baixada brutal do rendemento e unha relación desenfrenada e concupiscente con Morfeo. Logo, ironías da vida, deume unha crise de insomnio (ou crise de parella con Morfeo, aínda non o teño claro). E ante tal pitorreo vital sustituín a Robovitamina-A por café e LK. E polo momento paga a pena.
Podes probar co lo té. É moito mais saudabel emais ten teína, que a min tamén me funciona contra o acoso de Morfeo.
Non!, non podes abandonar o alcol! Vólvete politoxicónamo!!!
Yo vivo con un adicto al café y entiendo perfectamente lo que es.Ánimo...
O estímulo do café en doses axeitadas, non ten porque producir necesariamente contraindicacións esaxeradas nin nocivas para o organismo.
Non autoxestiones o teu malestar físico...
ai, o café, a cocaína do século XXI (¿ou era o LK?)
Un máis do clube dos cafeinómanos. A combinación de Ginko biloba + gingseng + café mantente como unha moto unha semana. O malo é que despois tes que descansar o que non descansaches.
Onde puxen gingseng quería escribir ginseng.
E sí, o café é do grupo de drogas da cocaína como ben explica o profesor Escohotado. De feito existe unha equivalencia dose de cafeína / dose de cocaína.
Post a Comment
<< Home