O curioso éxito dun can a medianoite
Un libro de culto (isto refírese normalmente a que os que falan del lérono ao contrario do que pasa coa meirande parte dos "bos libros") dos nosos días é El curioso incidente del perro a medianoche (na súa edición en español). Trátase das aventuras en primeira persoa dun neno autista con gran talento matemático que empeza coma unha novela de Sherlock Holmes e acaba sendo o que é, un relato iniciático dun rapaz no mundo dos adultos.
Se escribo agora "non teño nada en contra dos libros de éxito" os lectores espelidos, seguramente todos os que non estudiastes xornalismo, deduciredes que realmente SI teño algo en contra dos títulos que venden moitos exemplares cando non é certo. Creo que todo libro que supón un estímulo importante para un grupo grande de xente ten que ter os seus méritos. Ao xeito do protagonista, bastante cuadriculado, supoñemos, polo seu trastorno aquí van algunhas razóns polas que me gustou este libro:

- A súa lectura é fácil e fluída.
- As situacións son moi recoñecibles e facilmente trasladables a outros contextos.
- Non hai artificios.
- Non é maniqueo.
- Non insiste ata facerche sangrar os ollos en dicirche que a vida é marabillosa a pesar de todo.
- Ten algún rasgo de humor e orixinalidade que quedan gravados.
- Ten tipografía grande ( á miña idade agradécese).
Agora van algunhas razóns polas que cro que lle gustou a outros lectores:
- O protagonista é unha persoa especial, solitaria atrapada nun mundo gris e vulgar que non recoñece e premia o seu talento.
- O protagonista sáese coa súa a través das súas habilidades especiais recordándonos, redundantemente, que EL É ESPECIAL.
- Porque os capítulos están organizados en números primos. Un detalle de orixinalidade accesorio que é co que o autor dá moitas veces cor ás páxinas.
- Outro xeito é usando debuxos, que están por todas partes.
- Supoño que é bastante coherente que se o narrador é un autista, o libro teña unha estrutura tan dividida en capítulos estancos moitas veces alonxados do fío narrativo (son abundantes os capítulos de digresións científicos)
- É un libro que fai algo moi dos nosos días: ensina a través da narración e do xogo. Os individuos con maior potencialidade de coñecemento da historia vivimos na paradoxa de que só podemos aprender sobre matemáticas ou astronomía porque negámonos a aprender doutra maneira que non sexa divertíndonos.
- Como é fácil de imaxinar as contradicións e ambigüidades dun autista son moi limitadas e fáciles de comprender. Non vai escandalizar moralmente a ninguén.
Agora vou coas razóns polas que non me gustou desde o meu punto de vista persoal:
O protagonista paréceme un dos monstros máis arrepiantes que deu a literatura. Na contracapa do libro comparábase ao rapaz autista con Oliver Twist e Holden Caullfield (O gardián entre o centeo). De acordo co segundo en desacordo co primeiro.
Oliver Twist, era un gran libro de humor concebindo o humor coma a máis grande manifestación da literatura: unha crítica despiadada e grotesca que ademais entretén. A través dese neno podemos ver todas as contradicións dunha sociedade racista, clasista, violenta, hipócrita e inxusta. Sempre recordarei a naturalidade e a rexouba como conta que o seu pai lle pegaba en días alternos da semana.
Holden Caullfield trátase pola contra dun narcisista que entra en crise cando o seu desproporcionado ego narcisista choca cunha sociedade que lle impón regras e modelos de comportamentos nos que ten que reprimir. O seu autor acabou sendo espello do seu personaxe e o libro foi de cabeceira para moitos asasinos célebres coma o de John Lennon. É un modelo para calquera embiguista sen escrúpulos deste planeta: desde os neocon ata os artistas contemporáneos que estafan aos museos de arte contemporáneo.
Cristopher Boone, o protagonista, é un enxendro a efectos morais. Na vida real estaría máis que xustificada a súa misantropía, egoísmo e falta de escrúpulos polo seu trastorno. Sen embargo na novela búscase, como na maioría das novelas, continuamente unha identificación emocional co protagonista que a min, por momentos, resúltame espantosa por (outra lista):

- É extremadamente individualista tanto que non soporta o contacto físico.
- Di que non sabe contar mentiras pero pásase toda a novela mentindo e sempre no seu propio beneficio. A mentira é un instrumento da civilización extremadamente útil pero nunca xustificable para saírse un coa súa.
- Todo ten que ser exacto, matemático e racional negando cousas coma as mentiras ou as figuras literarias. Enrócase nun mundo máis gris limitado na vez de intentar aceptar a realidade en toda a súa complexidade.
- Manipula aos demais coas súas armas, especialmente aos seus pais, ata conseguir o que quere.
Poderíamos concluír que ao igual que Holden é un egoísta narcisista pechado no seu mundo que na vez de tentar a integración ou o cambio do exterior denuncia a maldade dos demais por non pregarse aos seus desexos. A min que queredes que vos diga, cando leo que Bush vai vetar ao Congreso por non querer mandar máis tropas ao congreso recórdame a el. É o produto dunha sociedade tan tremendamente individualista na que como consecuencia lóxica hai un feroz terror ao OUTRO. Que tanta xente se identifique cun personaxe así (e ao mesmo tempo ver o fácil que sería identificarse con alguén que non quere problemas cos demais e un universo máis simple) dáme bastante medo a verdade.
3 DÃxome dÃxome:
Como androide simple que son a miña lectura do libro non deu froito a tantas inferencias e de pouco me lembro xa. Porén foi unha ferramenta moi útil para comprender a quen mo recomendou, un amigo sociópata con pavor ao contacto físico a quen do libro en adiante amosabamos cariño dándolle cabezazos no brazo.
Rediós, por iso tardabas tanto en escribir, estabas a preparar unha tese doutoral. Noraboa, novo doutor.
Non en serio, moi interesante a crítica. Haberá que ler o libro...
Eu tamén lin o libro. A parte máis arrepiante é cando soña un día perfecto, nun mundo no que o prota estea só.
Por certo, eu identifiqueime plenamente con Holden Caufield. Debo preocuparme?
Post a Comment
<< Home