Existencia e (in)sistencia
No libro dun filósofo de moda atopo entre outras ideas estimulantes esta:
Para comprender este paradoxo, debemos ter en conta que o oposto á existencia non é a non existencia , senón a insistencia: o que non existe, continúa insistindo, tendendo á existencia (o primeiro en articular esta oposición, foi , por suposto, Schelling cando no seu Tratado sobre a liberdade humana, introduciu a distinción entre existencia e o fundamento da existencia). Cando perdemos unha oportunidade ética crucial, e non logramos facer ese xesto que o cambiaría todo a propia existencia do que debería ter feito atrápame para sempre: aínda que o que fixen non existe o seu espectro segue a insistir.
Ás veces creo que vivo nesa existencia e insistencia desde hai anos. Ata que se cumpre certa idade non se poden acumular o suficiente número de erros para considerar algún coma crítico. A maior parte do tempo son o suficientemente listo como para chamarme gilipollas a min mesmo.
Reconforta polo menos que o diñeiro que investimos en filósofos vale para algo de cando en vez. O próximo post prometo que será menos obsceno e máis banal.

Labels: pornografía
4 DÃxome dÃxome:
porno duro
Por desgracia, hai moitos gilipollas e moi poucos o suficientemente listos como para chamarseo a eles mesmos.
Un post suxerente,nesta vida non todo é custión de existencia, ás veces hai que insistir...
Un saudo.
Hmmm...de seguro que froiz tería algo que lle dicir sobre iso
pregúntome se iso mesmo lle pode pasar a un colectivo, penso na comunidade de veciños de galicia, penso nos espectros que deberá soportar, que xa soporta de feito, unha aperta
chock
Post a Comment
<< Home