Vergonza innecesaria
Lord Browne of Madingley é unha persoa que lle aforrou unha vergonza innecesaria á súa empresa. A min nunca me preocupara especialmente este señor pero quizais cometín un ero porque as súas decisións coma conselleiro delegado de British Petroleum tiveron gran influencia na orde económica e política global .
Browne foi un exemplo de liderado empresarial e un gran experto en axustar custes, sexa o que sexa o que se agocha detrás deste eufemismo. Pero cometeu un erro terrible que un xigante como BP non se podía permitir: ser homosexual (e que se descubrise). Consecuentemente Browne dimitiu.
O noso Lord accedeu á xefatura da transnacional no ano 1995. Dez anos despois unha das maiores refinerías da compañías localizada en Texas sufriu un accidente no que morreron unhas quince persoas a causa da pésima xestión das instalacións durante anos que incluían, de novo o eufemismo, medidas de redución de custos.
Durante o seu reinado BP levou a cabo un proxecto gasístico en Papúa Occidental coa connivencia de Indonesia que fixo o traballo suxo ocupando o país. BP ten amigos tamén nos reximes de Nixeria ou Myanmar e fai boas migas cos paramilitares colombianos. Quizais o amigo Browne puido ternos aforrado antes esta vergonza innecesaria.

Labels: hipocresía
1 DÃxome dÃxome:
Thanks for the posst
Post a Comment
<< Home