Sunday, May 27, 2007

Tribulacións electorais

A falta dunhas horas de que se pechen os colexios electorais estas eleccións municipais gardan unha tensión especial para min. Sempre me sentín máis implicado nos comicios locais que noutros de maior trascendencia a priori polo peso superior do meu voto ( e o día que Galiza se convirta por fin nunha confederación de parroquias nin vos conto).

Sen embargo estas eleccións son de especial importancia porque o traballo de amigos meus depende dos resultados. Xa sexa defendendo a impecable xestión dos seus xefes ou botando aos imbéciles e escuros da alcaldía. Nunca pensei que ademais de seguir con especial atención os resultados dos concellos veciños estaría pendente de vilas de Pontevedra. A todos vós moita sorte.

Eu, por completar un post anterior, tiña que ter estudiado o idioma de Goethe para a miña reválida particular de mañá. Temo que non teño nin idea de como se di isto en alemán e que dependo da gracia do profesor. Afortunadamente aparenta ser unha persoa compasiva.

Pois ben, estas son as miñas tribulacións electorais, distintas que as de LCD Soundsystem o vídeo co que animo a espera dos resultados ( se é que alguén o da lido antes dos resultados, si sei que é un truco moi barato para incluír un vídeo que me gusta).

Labels:

1 Díxome díxome:

At 9:57 PM, Blogger arnulfus said...

Se che gusta o cinema anímote a visitar este blog:
bandaparte-autofocus.blogspot.com

 

Post a Comment

<< Home