Thursday, May 24, 2007

Mourinho detido polo seu can



Ese titular apareceu na edición electrónica de Marca, o diario máis vendido de España. Algún avispado xefe de redacción decatouse de que levaba á comicidade. Non vexo ao entrenador portugués detido polo seu can. E que conste que creo que o feito de que non estivese vacunado non ten que ver coa súa exclusión do corpo de policía londinense.

Quero romper unha lanza en favor do xornalismo deportivo sobre todo comparado co periodismo máis "cool": o político. Facer tal cantidade de información sobre feitos irrelevantes e manter a tensión é estremadamente difícil. Precísase moita imaxinación e unha capacidade de terxiversación fóra do común. Os grandes narradores da radio foron de sempre locutores radiofónicos que demostran unha gran creatividade lingüística.

A prensa política, tratando temas de estremada relevancia e cun ámbito de actuación potencialmente infinito, cae en rutinas semellantes ás do deportivo. Está máis xustificado que a un pseudoanalfabeto brasileño hábil golpeando un esférico feito con pel de vaca se lle concedan liñas e segundos de emisión dicindo obviedades que permitirlle a alguén igual de analfabeto dicir tonterías como estas.

A linguaxe é moito menos rica e colorida no xornalismo político a pesar dos excesos creativos da deportiva. O número de erros sintácticos, gramaticais e ortográficos é o mesmo. A honestidade é maior na prensa deportiva onde os columnistas van a calzón baixado e non ocultan aos seus lectores ás súas ideas de fondo.

E sobre todo, o deporte non deixa de ser un entretemento e a política é tratada como unha xornada de liga máis. Merecemos unha liga mellor.

Labels:

2 Díxome díxome:

At 2:58 AM, Blogger gatina said...

Algún analfabeto dos que falas sí que tería que vacunase, o mellor ainda, levar o bozal ven apretado!!!

 
At 10:54 AM, Anonymous Anonymous said...

Jajajaja, moi bo pasar do can de Mou ao can de Aznar...

 

Post a Comment

<< Home