Tschüss Deutsch
O meu primeiro curso de alemán vén de rematar a falla do exame final, intrascendente por outra banda, e para pechar o círculo con aquel post que escribín ofrezo unha serie de reflexións sobre a língua teutona:
- Se estudias non é tan difícil.
- É similar a un xogo de malabares e empezas con dúas bólas, e logo tres, e catro e ao final non sabes onde te meteches.
- Soe acontecer que leas textos enteiros sen entender nada en absoluto. Tamén pode que fales sen saber o que dis.
- As cousas escríbense como se len e só hai unha maneira de dicilas. Isto pode ser bo... se coñeces a maneira.
- Xa o intuía polo meu cuñado pero os alemáns teñen un sentido do humor e unha maneira de entender a vida con similitudes cos galegos. (Por exemplo usan moitas partículas tipo "e logo")
- Non hai que desfallecer. Vou continuar por se un día teño que falar cos meus sobriños nun idioma que non sexa o da terra ou o colonizador. Despídovos cunha espectacular rolda de prensa do rei do Catenaccio: Giovanni Trapattoni. Non fala italiano pero tampouco alemán.
Labels: idiomas
4 DÃxome dÃxome:
Eu non teño cuñados galegos, nin galegos nin de ningun outro lugar(jeje), mais no verán hei facer uns cursos de galego, que falta me fai...
Noraboa polo aprendizaxe.
Non hai nada imposíbel pero o do alemán é superior a min. De momento fico co meu bo inglés e portugués e un italiano mal chapurreado.
O meu alemán non é moi difícil do de Trappatoni. É difícil de carallo, pero non imposible. Tómao coma un reto.
que cabreo ten o tipo, por certo
Post a Comment
<< Home