Monday, May 28, 2007

Tschüss Deutsch

O meu primeiro curso de alemán vén de rematar a falla do exame final, intrascendente por outra banda, e para pechar o círculo con aquel post que escribín ofrezo unha serie de reflexións sobre a língua teutona:
  • Se estudias non é tan difícil.
  • É similar a un xogo de malabares e empezas con dúas bólas, e logo tres, e catro e ao final non sabes onde te meteches.
  • Soe acontecer que leas textos enteiros sen entender nada en absoluto. Tamén pode que fales sen saber o que dis.
  • As cousas escríbense como se len e só hai unha maneira de dicilas. Isto pode ser bo... se coñeces a maneira.
  • Xa o intuía polo meu cuñado pero os alemáns teñen un sentido do humor e unha maneira de entender a vida con similitudes cos galegos. (Por exemplo usan moitas partículas tipo "e logo")
  • Non hai que desfallecer. Vou continuar por se un día teño que falar cos meus sobriños nun idioma que non sexa o da terra ou o colonizador. Despídovos cunha espectacular rolda de prensa do rei do Catenaccio: Giovanni Trapattoni. Non fala italiano pero tampouco alemán.

Labels: