Sunday, October 28, 2007

Dúas películas de Cronenberg


Dáme vergonza, ou non, admitir que non vin moitas pelis de Cronenberg aínda que si as dúas últimas: "Unha historia de violencia" e "Promesas do leste". Cando un antigo comentarista deste blogue indicoume que eran películas cun sentido de humor evidente quedei algo desnortado.

A primeira que vin foi Promesas do Leste e resultoume un entretido conto de nadal. Un trhriller no que pasan poucas cousas pero ben contadas. Sorpréndeme, iso si, as máis que eloxiosas críticas que está a ter e que considero algo esaxeradas.

Onte vin Unha historia de violencia que encontrei máis entretida e localicei rasgos dun humor realmente macabro e que me fixo sentir mala persoa por empatizar con el. A película vese estragada por pequenos detalles como a actuación do, por outra banda excelente actor, John Hurt e certos toques tarantinescos bastante difíciles de dixerir. A historia, admitámolo, tampouco é moi crible e resulta unha parodia bastante divertida da concepcíon do mundo estadounidense e do heroísmo.

Véndese Cronenberg ao cine comercial? Coido que non. Estas dúas películas seguen a ser igual de enfermizas que as outras pero baixo un berniz de convencionalidade moi ben enfiado. Tamén me parece curioso certo aire Atom Egoyan. Cousa de canadianos?

Labels:

3 Díxome díxome:

At 11:31 AM, Blogger FraVernero said...

Bueno, eu de Cronomberg teño unha particular debilidade pola peliculiña 'Existenz', xa que se presta para un proxecto futuro que quería escribir sobre narracións gnósticas en productos culturais contemporáneos. Cinguíndonos só ao cine, penso tamén na 'Dark City' que tanto vos gustaba a ti e máis a Carlos (e que veu reciclados os seus decorados para a primeira Matrix) e a triloxía dos Wachowsky, o Piso número 13, etc...

 
At 12:27 PM, Blogger A Raíña Vermella said...

Eu quedei traumatizada por "Crash", que vimos unha noite case sen querer e sen saber de que ía e pensei que este home debería visitar un especialista. Igua teño que ver mais cousas del para cambiar a miña idea.

 
At 11:48 AM, Anonymous Anonymous said...

É William Hurt, non John Hurt.

 

Post a Comment

<< Home