Saturday, October 20, 2007

Beleza confiada


Michelle Pfeiffer volve ao cine (tíñamos noticia de que marchara) e cóntallo a Molina Foix. A entrevista, nos límites do egocentrismo por parte do xornalista de El País, guindou unha frase que chama a atención. Para a guapísima norteamericana da idade da miña nai a beleza é "Confianza". "Una confianza en uno mismo, una cierta pereza".

Observando con atención a aquelas persoas que a sociedade considera fermosas ou que teñen máis éxito conquistando parellas non se pode establecer un criterio claro. Non recordo onde escoitei que había guapos-feos como Harvey Keitel e todos temos referencias de casos de xente boba e mansa que estraga os atractivos que lle deu a natureza. A personalidade é o motor da beleza.

A seguridade nun, a decisión e ter unha personalidade desprovista de dúbidas adoita a resultar atractivo. É como un refuxio para a maioría das persoas. Eu sen embargo prefiro a alguén que desconfíe xa que, cando menos, terei como proba da súa intelixencia, unha cualidade moi sexy, que o mundo non é simple.

Labels:

5 Díxome díxome:

At 1:41 PM, Anonymous Anonymous said...

A min gústame pensar que a beleza é unha coherencia entre a forma e o fondo, o cal loxicamente non quere dicir que os guapos sexan boas persoas e os feos non. A idea é que as persoas son belas polos lazos que se establecen entre os seus atributos físicos e psicolóxicos, porque os seus rasgos e xestos nos permiten interesarnos polo modo de ser desa persoa (acertada ou equivocadamente). Sei que non é unha definición que poida ser completa nin de carácter universal, pero estou convencidísimo da súa validez.

 
At 11:19 AM, Anonymous Anonymous said...

¿Por qué eres tan bueno McXoan? ¿Por qué?

Y si la belleza está, supuestamente, en conceptos no-físicos... ¿por qué todas las mujeres guapas siempre se van con otro? Será que nosotros somos guapos pero tontos...

 
At 11:49 PM, Blogger FraVernero said...

Querido Nadador, discrepo, discrepo...

A beleza é beleza. Os estudos científicos cada vez apuntan máis á súa universalidade, alén das modas e costumes culturais. Determinada biólóxicamente, e relacionada coa fertilidade e a xuventude. Logo está o atractivo, que é outra cousa, e que anque soe incluír á beleza, inclúe tamén cousas máis doadas de mellorar (anque non tanto) como esa 'personalidade', e a seguridade e decisión que despois citas.
Mais que un refuxio, eu creo que é unha inversión por parte, sobre todo, do outro sexo, que aínda busca algunha clase de protector. Concordo en que o mundo non é simple, mais discrepo terríbelmente sobre o atractivo da intelixencia...

 
At 7:02 PM, Blogger O Nadador said...

Por alusións.

Eme a túa proposta paréceme interesante e gárdoma para parasitala.

Anonymous, non volvas citar, por favor!!!!!!!!!!!!, o nome que outros me deron ao nacer e direiche, respondendo tamén a Fravernero que a beleza física, eses atributos bioloxicamente atractivos, é importante na medida que ser gordo, feo e baixo non axuda a ligar PERO (e aquí está o quid) non impide.

Unha personalidade confiada, esa preguiza no acercamento e a seguridade convirte a unha mosca nun mosquito e a un lobo nunha xauría. Todos coñecemos casos de sedutores inexplicables e creo que radica na súa personalidade. A única arma da que dispoñemos por nós propios para seducir.

E se a intelixencia non é atractiva por que Marylin casou con Arthur Miller?

 
At 10:02 PM, Anonymous Anonymous said...

Capital cultural. Por iso casou con el. Vaidade. Gañas de non sentirse unha muller obxeto...

 

Post a Comment

<< Home