Saturday, September 22, 2007

Inexplicable Tata Golosa

Non me convence ningún achegamento convencional á figura de Tata Golosa e ao seu éxito do verán Micromanía. Sería fácil agarrarse a tópicos como a mercantilización da muller, a sexualidade para púberes, a pseudopornografía para atraer ao público, os éxitos horteras do verán, a capacidade dos italianos para crear produtos deste tipo... Non é o que me chamou a atención.




A canción consegue algo pouco común neste tipo de hits nacidos ao calor dunha clara de limón. A súa letra resulta desconcertante a calquera xa que combina provocacións propias dunha peli porno de baixo orzamento con sincopación abrupta (esa sucesión de afirmacións que nos lembra á canción que todos cantamos no día da paz "La Muralla") expresadas nun ton máis desconcertante incluso (Non vos lembra a unha centraliña telefónica?).

Polo que respecta á imaxe semella un dos trailers de carallada de Tarantino ou Robert Rodríguez. É espectacular a clara referencia aos Chemichals Brothers e como se repiten planos sen ningún tipo de rubor. Hai un arrecendo claro a curtametraxe de instituto pero, cando menos no meu, non había mozas como esas.

A amiga Golosa conseguiu algo inaudito nunha canción do verán: que analizase a súa letra e a súa música tentando atoparlle algún sentido. Polo de agora os intento foi en van. Supoño que alguén tivo a idea de facer unha canción sobre probar micrófono e outro sobre felacións. Un terceiro considerou que había un camiño claro para fusionar ambos temas pero, desgraciadamente, ese terceiro home estaba en tratamento psiquiátrico.

Descoñezo as vosas impresións sobre a cuestión. Seguramente o máis saudable e produtivo é que carezades delas. Para iso xa estou eu.

Labels:

1 Díxome díxome:

At 6:54 PM, Anonymous Anonymous said...

...new video dedicated to the blue pill of love...

http://it.youtube.com/watch?v=l6764FFEddY

 

Post a Comment

<< Home