Relacións laborais
Descubrín as particularidades das relacións laborais cando deixei, a medio contrato, o meu traballo. Os meus compañeiros, ata de aquela moi considerados co bolseiro, ignoraron a miña despedida arrastrados polo trafego diario. Marchei botando de menos unha man na espalda, unhas mentiras piadosas sobre o ben que fixera ou algo así.
Así como a familia vai contigo a onde queira que vaias e fagas o que fagas, os compañeiros de traballo desaparecen cando seca a tinta do contrato do finiquito. É inevitable a pesar das moitas horas, os cafés innumerables, o tempo botado criticando ao xefe perder a cercarnía cos antigos compañeiros de traballo co tempo.
Ao final, iso din, só é traballo.

1 DÃxome dÃxome:
moitos entendemos e compartimos esa sensación :)
ánimo
si, é traballo, é difícil (e suponse que ata é mellor) non facer amigos :p
iso é o que din
Post a Comment
<< Home