Wednesday, July 18, 2007

Os lectores


Posiblemente se precisas de lectores para escribir é que te perde a vaidade. Algo case tan certo como que escribir para si trátase dun exercicio mentireiro e hipócrita totalmente innecesario. Tes sempre, cando menos un lector, que, no meu caso, dáme bastante a vara.


Recentemente botei a andar cun novo proxecto blogueiro de cuyo nombre no quiero acordarme que aínda non conta co feedback que me gustaría. Modesta mente, algúns dos posts penso que non dañan máis do habitual as convencións sobre redacción e os temas, sendo moi específicos, son abertos e xeradores de polémica. Choromico? A resposta é evidentemente e SI. Para unha vez que un rompe coa lei do mínimo esforzo Deus/Alá/Buda castígame coa indiferencia.


Sen embargo, a pesar das continuos trampas no camiño de Nada que dicir segue tendo algún lector fiel. Non ignoro, en absoluto, a contribución xenerosa dos lectores de Feeds a que os fans non se cansen da miña periodicidade antiperiódica. Sen embargo é máis sorprendente, se cabe, que algúns vos acheguedes por primeira vez por aquí. Se é así benvidos.


Ao contrario que no meu outro blog aquí síntome coma na miña casa. Preciso andar en calzóns e sen lavarme de cando en vez por unha cuestión de hixiene (mental). O inferno son os outros, dicía Camus e as veces ter moitos lectores só fai que esteas pendentes dos seus desexos. E iso non é o que eles queren de ti. Aquí respiro liberdade.

8 Díxome díxome:

At 9:27 AM, Anonymous Anonymous said...

Bueno, home, algúns seguimos a padiola sen considerarnos o suficientemente eruditos para respostar a tal erudición...

Saúdos.

 
At 10:38 AM, Blogger Elianinha said...

Alégrome ¿? de que poidas facer exercicios de porcallada mental ¿? de cando en vez. Unha lectora (agradecida aos feeds)

 
At 12:09 PM, Blogger Unknown said...

This comment has been removed by the author.

 
At 12:11 PM, Blogger O Nadador said...

Congratúlome de ter entre os meus lectores a unha raíña da blogosfera e a un rei dos borrachos.

 
At 12:51 PM, Anonymous Anonymous said...

Sinceiramente, se escribise máis a miudo, seguro que xa non estaba no meu agregador.

 
At 7:27 PM, Blogger Caufield said...

saúdos de alguén que le o teu blog por primeira vez :)
non deixes de escribir

 
At 7:48 PM, Blogger A Conxurada said...

Eu tamén estou a ler a túa blog por primeira vez, e sí, eu tamén quero que me lean, pero ssshhhh, non llo digas a ninguén que non quero pecar de vanidosa, pois dispostos a pecar, versionando a Pactar con el diablo: é sen dúbida a luxuria o meu pecado favorito.

 
At 3:12 PM, Blogger nOgS said...

:)

Aqui se respira liberdade:)

Como é bom ler-te.

 

Post a Comment

<< Home