Saturday, September 15, 2007

Os MacCann

Voume a comportar como unha vella cotilla ademais con prexuízos racistas. Cando vin por primeira vez á muller dos MacCann asusteime porque vin nela a viva imaxe da frialdade e do egoísmo e narcisismo postmoderno.

Non sei se me pasei. O que tento dicir é que esa imaxe (tópica) negativa dos anglosaxóns, especialmente británicos, estaba encarnada por unha nai que acababa de sofrer unha traxedia de dimensións, aínda hoxe, descoñecidas. Ningunha nai española, non culpable, tería esa expresión mentres o seu marido expoñía con precisión de cirurxán a súa terrible dor.

Que eu saiba en Portugal e en Gran Bretaña hai presunción de inocencia. Sen embargo se os MacCaan fosen os, poñamos por caso, os Coelho, un matrimonio portugués que veranea en Plymouth (a saber por que) o Sun e o Daily Mirror xa os terían pendurados dunha árbore.

A imaxe que ofrecen os medios non ingleses é que os pais de Madeleine son, dalgunha maneira, responsables da morte da súa filla e que montaron un enorme circo mediático para saír indemnes. Todo tipo de xente, rica-inglesa-famosa, está disposta a declarar que este, charming, matrimonio é inocente e todo se trata dunha manobra da policía dun país terceiromundista
para cubrir a súa incompetencia.

Os últimos rumores, non esquezamos que non son máis ca iso, apuntan a que tiraron o cadáver desde o iate dun amigo. Non sei se a vós vos produce a mesma náusea ver a toda esta xente rica e arrogante cubríndose as costas. O maior pecado para min desta sociedade formalmente democrática non é a desigualdade en si senón a impunidade coa que actúan e a diferenza de criterio.

A inxustiza reside no feito de que o saibamos todo sobre a biografía dos marines norteamericanos mortos en combate e nada sobre os seus opoñentes que caen nunha proporción moito maior. Ou en que haxa moreas de películas e videoxogos nos que as forzas norteamericanas rompen as leis internacionais para levar a morte fóra das súas fronteiras e se aparece unha soa web en Palestina ou Siria cunha temática similar se califique ao país enteiro como terrorista.

Se se proba a culpabilidade dos MacCann non haberá condenado que conte con menos solidariedade pola miña banda. Os privilexiados que contaron con todas as opcións do mundo e elixiron mal deben sufrir todo o peso da lei. Será esta unha das poucas veces que aconteza.

Labels:

10 Díxome díxome:

At 1:45 PM, Blogger Elianinha said...

Sen lugar a dúbida. Comparto contigo a mala ostia que me entra por esforzárense en que a policía portuguesa pareza tercermundista.

 
At 1:50 PM, Blogger O Nadador said...

No teu caso hai tamén un compoñente étnico non? :D.
(Saúda ao teu agregador da miña parte)

 
At 11:05 AM, Anonymous Anonymous said...

Un post "maruja"... curioso.

Nunca me gustaron os xuízos mediáticos.

 
At 2:04 PM, Anonymous Anonymous said...

ya me has reventado un posible post, pero es que sigo con interés el caso desde sus primera apariciones en prensa, y estaba esperando a una conclusión.

no podía estar más de acuerdo contigo.

 
At 2:24 PM, Blogger O Nadador said...

Sinto terte reventado nada, anónimo amigo.

 
At 7:54 PM, Anonymous Anonymous said...

A min o bombo que se lle deu a este caso dende o principio sempre me fodeu. ¿Cantos cativos desaparecen tódolos días en todo o mundo (por non falar dos que morren) e non se lles presta atención?

Por poñer un exemplo que nos pilla perto, o caso de Yeremi, que desapareceu nas Canarias e do que só se falou nos primeiros días.

No que respecta á "tercermundista" policía portuguesa, ¿non foron estes os que detiveron a "El Solitario", despois de putear durante anos ás forzas de seguridade españolas?

 
At 2:13 PM, Blogger Unknown said...

certamente é un rollo moi chungo y o peor é o espazo que lle dan a diario nos mass-media, xa non sabe un que pensar, xogan coa nosa pena, rabia e indiferencia, a ver como acaba todo.

 
At 12:36 AM, Blogger Arale Norimaki said...

Tarde coma sempre (a culpa e dos agregadores de feeds, que ainda son demasiado complicados para un ente binario coma min), pero engadome ao cluster de indignados e dou fe de que eiqui tamen hai un feixe de xente ate as narices de oir falar de Madeleine, namentres Mugabe reventa o seu pais, os preas de Blackwater matan a familias en arroutas gatillescas e mesmo os policias gringos apalean a un estudante por facer preguntas inoportunas. Por ponher un exemplo, digo.

 
At 12:05 PM, Blogger Elianinha said...

claro que no meu caso hai unha compoñente étnica: levo anos escoitando desprezos contra o portugués. Desprezos que xorden do complexo e de que como non sabemos tirar para adiante, o máis fácil é mirar a ver de quen nos podemos rir. Como cando nas estatísticas: "GAlicia está a la cola de X servicio, sólo seguida por Extremadura". Pois menos mal que queda extremadura, así non hai que tirar para adiante, que xa non somos os peores.

 
At 10:58 PM, Anonymous Anonymous said...

Hai pouco, no meu traballo se presentou un madrileño a pagar con tarxeta. Lle dixen que non admitiamos e montou en cólera, que tiñamos que acepta-la porque é de curso legal. Será de curso legal, pero non obrigatoria, lle respostei. O caso é que o nacho pagou con moita mala hostia e dicindo que "es una vergüenza, que HASTA EN PORTUGAL las aceptan", menospreciandoos claramente.

Por certo, namentras marchaba berraba que "esto solo pasa en este país gobernado por rojos de mierda".

 

Post a Comment

<< Home