Sunday, July 29, 2007

Perdendo a batalla

O outro día asistín á argumentación dun compañeiro de traballo (asturiano) de por que os seus fillos mestizos (galegoasturianos) non deberían aprender tanto galego na escola. Os seus argumentos pódense resumir en:

Para que van aprender mis hijos una lengua que sólo se utiliza en Galicia? Lo más probable es que no puedan trabajar quí como no sea de obrero, camarero o funcionario y si se van a Madrid, Barcelona, Londres, Bilbao, París o Estados Unidos de poco les va a servir. Eso no quita que crea que se deba estudiar y conservar porque es un idioma propio de aquí.

Por razóns laboral-estratéxicas (ou por hastío ou por covardía) limiteime a asentir e a agardar pola máis mínima interrupción para marchar.

Podería argumentar en contra que ninguén se plantexa que linguas como o esloveno ou o estonio, cunha reducida comunidade de falantes, non den prioridade absoluta ás súas linguas identificativas como pobo. Certo é que neses países tamén se prima o estudo e o consumo cultural de linguas de maior calado no mercado lingüístico (no caso galego poderían ser o español, o portugués e o inglés) con accións como películas en versión orixinal subituladas e similares.

A vantaxe do galego é que cunhas nocións mínimas de ortografía e gramática portuguesa e un bo nivel de inglés podería ser unha privilexiada zona de intercambio entre Europa e América. E o AVE a Madrid segue a ser o gran proxecto para moitos estrategas...

Podería argumentar a favor do meu compañeiro que a súa actitude pode ser moi representativa do que pensa a maioría da poboación de Galicia e que non ten unha gran representación nalgúns foros, como por exemplo internet.

Téndese a demonizar á xente que non se entusiasma coa normalización lingüística pero olvidamos que a maioría son xente racional e decente que só quere o mellor para si e os seus fillos vendo no galego un obstáculo máis ca un vantaxe. Especialmente crúa a constantación dun forasteiro de que aquí os seus fillos non van ter traballo.

Tiven a sensación de perder a batalla cando, tras tantos anos e ter visto tanta demagoxia e hipocresía desde cada bando, decidín non argumentar. Gustaríame estar tan equivocado como Fernando Alonso.

8 Díxome díxome:

At 2:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Xa que usas termos militares, direiche que algún estratega alemán -estou citando de memoria, pode ser Clausewitz-, dicía que unha guerra se gaña cando o inimigo perde a vontade de combatir.

 
At 1:50 PM, Blogger elduende said...

Tamén é certo que as batallas non se gañan discutindo cos compañeiros de traballo, e que vostede, señor nadador, non ten por qué ser un paladín da galeguidade 24 horas ó día.

 
At 7:13 PM, Anonymous Anonymous said...

Podedes facer un AVE de Malpica a Padrón. Ós nacionalistas lles entusiasmará. Home, a rexión sufrirá un atraso terribel o perder a ligazón a capital do Estado, e os habitantes viviran moito peor, pero a nación eche máis importante que o benestar, Moito más importante que o pan na mesa. Sen dubida.

 
At 1:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Señor Juanchopo, o benestar dun país non depende do que se tarde en chegar a Madrid. Pero para os españolistas chegar á capital de ESPAÑA é máis importante que o pan na mesa. Sen dúbida

E xa sei que non lle teño que dar de comer ao troll...

 
At 1:21 PM, Blogger Ra said...

Perder batallas está a la orden del día, como dijo uno de los mayores pensadores de nuestro tiempo, "la vida es una derrota tras otra hasta que acabas deseando que se muera Flanders".

 
At 12:15 AM, Anonymous Anonymous said...

Quizais non, señor elric, quizais non. Pero dende logo é mais importante o tempo que se tarda en chegar a Madrid (pasando por tantas ciudades no camiño) que o tempo que se tarda en chegar de Coristanco a Viveiro. Quizáis non él un razoamento que nos guste dende o espírito combativo, pero non se come do aire.

 
At 12:09 AM, Anonymous Anonymous said...

madrid precísavos para personaxes da súa opereta

m.a.

choc

acaban de traducir a Pavese. lavorare stanca, ser galego a veces tamén, de seguir así imos rematar como borges:

como es común fama, recientemente me he afiliado a los gallegos, lo cual es una forma de excepticismo

que cansado iso de contrapoñer coristanco malpica padrón viveiro a madrid, que erro, que pouco viaxado

felices castelos e viños bávaros

 
At 9:30 PM, Blogger Unknown said...

yo solo digo que no veo batallas perdidas,solo discusiones inútiles.
para que razonar con alguien que piensa que enseñar algo más a su vástago es inútil...
con esas proposiciones podríamos acabar diciendo estupideces del tipo:
para que estudiar matemáticas si el mundo esta lleno de calculadoras_
para que estudiar dibujo, tenemos la cámara de fotos_
para que estudiar música, si tenemos el mp3_
señores el saber no ocupa lugar y nunca sabremos de la utilidad de algo si lo ignoramos, aportando múltiples elementos damos más opciones para que puedan decidir por si mismos. un saludo Nadador

 

Post a Comment

<< Home