Tuesday, January 30, 2007

Amizade

Que é a amizade? Podemos facer un tratado e tentar explicalo todo ou buscar a verdade nos pequenos detalles e dicir que a amizade é un reencontro no que cada palabra é saborosa e nunca hai que pedir escusas pola demora na que este se produciu. É posible que a amizade non consista noutra cousa que dous individuos en frente o un doutro en silencio porque o silencio resulta suficientemente elocuente. Un continuo diálogo interrompido polos días.


Así que amigo sinto dicirche, en resposta á túa última pregunta, xa non escribo pero quizais só polo feito de que só o necesito para gañar o pan. Alégrame ver que ti si e congratúlame máis que non o fagas sometido ás túas propias pantasmas.

Unha aperta querido troll.

Labels:

Thursday, January 25, 2007

Despois de tanto tempo



Hoxe estivo cerca de nevar. Ás miñas costas teño unha fermosa horta na que uns científicos sementan exemplares de gran calidade de especies autóctonas. Gústanme os días frías e soleados e as tormentas de verán. Serei complicado.


Desde a última vez que escribín morreron Sadam e James Brown. Outra xente anónima tamén morreu e naceu e, en xeral, todos facemos o posible por manternos aquí.

Vai frío e máis se perdeu en Cuba. Son cousas que pasan e éche o que hai.

Labels: