Friday, March 31, 2006

Yo no me llamo Javier (máis egocentrismo)

Pedinlle ao meu xefe o contrato que me une co meu sacrosanto traballo e descubrín que todos os datos eran correctos salvo un: o nome. Non me chamo Xan. Tampouco o cambiei por galleguismo do castelán Juan, o vasco Jon ou o catalán Joan. E que a xente mo chame asúmoo coma unha desgraza máis. O que xa me parece que supera os límites da realidade e que nun contrato apareza o meu nome mal.

Esta situación recórdame a unha obra maestra da poesía contemporánea. Na canción Yo no me llamo Javier (Joder) Pablo Carbonell solta todo o seu talento lírico e constrúe unha de tantas obras maestras que nos legaron Toreros Muertos. Síntome identificado non pola impotencia ou por como din un amigo meu de que é unha canción sobre a perda de intedidade nun mundo en constante cambio e sen referentes fortes (que tamén). Identifícome porque é a historia do meu nome. Déixovos con ela:

No nena tu te equivocas
yo no te conoci en la playa
No nos fuimos juntos a comer paella
y nunca pasaste una noche en mi hotel.

No soy el primo
de Cha de Pechiá
No tengo un Pachí
en la puerta
No te has bañado conmigo
en la piscina de mi chalet

Yo no me llamo Javier (4 veces)

CORO:
Deja ya de joder
yo no me llamo Javier
sueltame mujer
Yo no me llamo Javier
Yo no me llamo Javier
Yo no me llamo, Javier...ah ah ah...

Hola como estas?
Qué niño tan bonito
Cómo? Que es mío?
Que yo soy el padre?
Pero esto como va a ser
si yo soy impotente?
yo no me llamo Javier
No te quiero volver

CORO...

Thursday, March 30, 2006

Parecidos razonables

Disque me parezo a este tipo de enbaixo (un dos protagonistas de Los Hombres de Paco). Esta crenza provocou unha grave crise na convivencia do meu santo fogar.


Aproveito para poñer unha galería de parecidos. Opinade os que me coñecedes físicamente cal vos parece o máis cercano.

Walter Samuel, xogador do Inter de Milán


Javier Bardem, non é para botarme flores a min paréceme feo


Ricardo Darín, acábome de enterar que unha amiga dunha amiga dicíao


Unha web que busca parecidos sacoume como primeiro resultado a André Agassi


O parecido máis evidente pode ser co meu pai, como non teño imaxes del aquí a el compárano con este personaxe


Outro parecido inquedante é co bloggeiro Sao Tome. Tampouco teño foto pero din que se parece ao cantante de Turbo Negro


E despois estou ata o gorro de que me parezo a un grecorromano


Dito o cal facede a vosa achega e solucionade a miña disputa.

Monday, March 27, 2006

Os consellos do psicólogo

O meu psicólogo dixo: "para superar o teu problema debes facer unha actividade que che distraia que impida ao problema apoderarte de todo o teu tempo vital". E a continuación "por qué non fas un proxecto que che motive, un libro ou un guión."

Debería falar sobre o psicólogo antes para que contextualicedes xa que seguro que a maioría de vós nin sequera credes neles. É barato, polo menos o suficientemente barato, e aínda que acaba de saír do forno da universidade ten a intelixencia e sensibilidade como para ser un excelente profesional. Ademais témonos cariño mutuo xa que poucas persoas se tiran sobre min ás tres da mañá para falar sobre tortillas e viven para contalo. Forma parte do triunvirato que me dá un fogar cálido, divertido e solidario e me pon as cousas fáciles e confortables. Son parte indispensable da miña alegría de vivir. (Tranquilo Blond xa falarei outro día de ti)

E bueno, está un pouco tolo. Pero coma todos os xenios e todos os que queiran curar a tolería. Así que seguramente lle faga caso. Ou iso ou xogar ós videoxogos ou facer exercicio físico. A cuestión é facer algo de nós, ¿non?

Thursday, March 23, 2006

O que necesito

Unha muller rica para vivir dos seus cartos. Co tempo aceptarei tamén un home ou un orangután. Vendo o meu corpo por unha vida de mantido. Se Urdangarín que é alto e guapo o fixo por que eu vou ter máis orgullo.

Que me toque o euromillón. Aínda que antes debería xogar. Ou intentalo coa súor da miña fronte. Ou roubalo do erario público. De todos os xeitos envexo ao tío que fixo a web do millón de dólares. A ver se un día teño unha idea tan parva que me resulte tan exitosa.

Deixar de ser tan... E despois destes puntos suspensivos vai a miña alma ou a de calquera. O outro día chamoume moito a oración duns yankis nunha película: "Axúdanos Señor a conseguir o que nos propoñamos e a darnos xuizo para non desexar o que non podamos obter". ¿Agóchase aquí o segredo da sabedoría?

Un pouco máis de esperanza no mundo e na vida. Hai xente que bate coas farolas por mirar para o ceo e outros coma min por mirar para os cordóns dos zapatos. (Sabíades que o tío que inventou os remates dos cordóns fíxose millonario pola patente).

Unhas boas hostias... Non creo que a violencia leve a nada pero si me conviría madurar e non queixarme tanto. Ademais para queixarme podo limitarme a amargar a vosa lectura do blog.

Unha muller que me queira e me ature e viceversa. Ao mellor vai ser deso.

Será mellor mirar para o que un ten e, polo tanto, non necesita conseguir: saúde (aínda que con bandullo en ascenso), familia e amigos e demais seres e mascotas queridos e queridas, traballo (coff, coff), un capitaliño aforrado, as fins de semana libres para aburrirme e menos de 30 anos. Tereime que centrar nisto. Se non ao mellor vólvome tolo. Por certo, sabíades que ETA declarou unha tregua?

Wednesday, March 22, 2006

A importancia das persoas

Dúas das series de máis éxito da actualidade contan con elementos en común. CSI e House abordan as peripecias de médicos (porque Grissom non deixa de ser un médico forense, non?). No estético as dúas apostan por espectáculares recreacións dixitais das interioridades do corpo humano. E no filosófico as dúas apostan por investigacións baseadas non na psicoloxía ou no comportamento dos personaxes senón nos datos obxectivos. Así Grissom sempre repite "As probas non minten" e House di que "As enfermidades non minten, os pacientes si".

Nas dúas series pártese dunha fe ilimitada na ciencia. Esta pode resolver as investigacións policiais máis complexas e curar calquera enfermidade. As limitacións dos seres humanos son superadas polas últimas técnicas. Hai series similares a CSI como Medical Investigation e Numbers (delirante: un tío que resolve asasinatos con ecuacións) e en menor medida, como revisión do xénero de investigadores, Caso Abierto ou Sin Rastro e unha proliferación de series de médicos ( Anatomía de Grey, Hospital Central...).

O éxito destas series basease, en parte, en que permiten debuxar aos personaxes centrais da serie con 4 rasgos sen profundizar neles. Ademais se o interesante do capítulo é descubrir que o obvio motivo da morte daquel rico de Las Vegas obviamente non foi o obvio motivo o foco está no método científico de investigación e non nas relacións entre os personaxes e as súas motivacións. Simplemente quere deslizar esta teoría: Nas series de agora interesan máis os datos cas persoas porque vivimos nun mundo no que a xente interésase máis polas enfermidades raras que polos placeres e padeceres dos demais.

Por iso non me estraña o éxito de House. Os protagonistas teñen un color ben definido e aínda que encontro algúns puntos escuros e trillados na personalidade de Gregory House faime gracia. ¿A vós non?

Saturday, March 18, 2006

?

?

Friday, March 17, 2006

Obsesións

O que caracteriza a un obsesivo é a súa pouca capacidade de abstraerse do seu centro do universo desa semana en concreto. Non se libran dese burato negro que todo o absorve nin amigos, familiares, compañeiros de traballo, parella, mascota ou híbridos como mascota-parella ou amigo e a pesar de todo familia.

Hai obsesos que son obsesivos coa súa obsesión. Manteñen a mesma teima e non a soltan en anos. Estes ás veces conseguen algo. A opinión pública acaba por ignorar, esquecer ou tolerar a anomalía individual do suxeito e en casos estremos condecoralo como "gran artista" ou "informático revolucionario". Aos obsesos mutantes nunca lles dura a febre por esa persoa do outro sexo (ou do mesmo, ou dos dous), traballo, xefe, partido de fútbol, xogo de ordenador... Son periodos de días, semanas, meses ou anos e acaba pasando. Isto ten a vantaxe de que os seus seres contornais non as asasinen fartos de tan insoportable ensimismamento. Sen embargo a súa obsesión pola literatura, fotografía, badminton ou calquera outra actividade non chegará a bo porto.

Supoño que agardades que recoñeza que son un obseso. Non. Realmente son un excéntrico sen nada que dicir. Polo que déixovos coa canción de Aventura Obsesión:

VERSE 1
Son las cinco en la manana, y yo no he dormido nada
Pensando en tu belleza, enloco voy a parar
El insomnio es mi castigo, tu amor sera mi alivio
Y hasta que no seas mia, no vivire en paz
Y hoy conoci tu novio, pequeno y no buen mozo
Y se que el no te quiere, por su forma de hablar
Ademas tu no lo amas, porque el no da la talla
No sabe complacerte, como lo haria yo
Pero tendre paciencia, porque el no es competencia
Por eso no hay motivos, para yo respetarlo.

No es amor, lo que tu sientes, se llama obsesion
Una ilusion, en tu pensamiento
Que te hace hacer cosas, asi funciona el corazon

VERSE 2
Bien bestido y en mi lexus, pase por tu colegio
Me informan que te fuiste, como loco te fui a alcanzar
Te busque y no te encontraba, y eso me preocupaba
Para calmar mi ansia, yo te queria llamar
Pero no tenia tu numero, y tu amiga ya me lo nego
Ser bonito mucho me ayudo, eso me trajo la solucion
Yo se que le gustaba, y le di una mirada
Con par de palabritas, tu numero me dio
Del celular llamaba, y tu no contestabas
Luego te puse un beeper, y no habia coneccion
Mi unica esperanza, es que oiga mis palabras
"No puedo, tengo novio" - no me enganches por favor.

No es amor, (escuchame por favor)
Lo que tu sientes,( que es?)
Se llama obsesion
Una ilusion (estoy perdiendo el control)
En tu pensamiento
Que te hace hacer cosas, asi funciona el corazon

VERSE 3
Hice cita pa'l psiquiatra, a ver si me ayudaba
Pues ya no tengo amigos, por solo hablar de ti
Lo que quiero es halarte (to pull toward oneself), para intentar besarte
Sera posible que por una obsesion uno pueda morir
Y quizas pienses que soy tonto, pribon y tambien loco
Pero es que en el amor, soy muy original
Me enamoro como otros, conquisto a mi modo
Amar es mi talento, te voy a enamorar
Disculpa si te ofendo, pero es que soy honesto
Con lujo de detalles, escucha mi version
Pura crema e' chocolate, un tarte y deborarte
Llevarte a otro mundo, en tu mente corazon
Ven vive una aventura, hagamos mil locuras
Voy a hacerte caricias, que no se han inventa'o

"Let me find out!"

CHORUS
No es amor no es amor - Es una obsesion....
(Repite hasta el FIN)

Tuesday, March 14, 2006

Xente á que envexo

Xa sei que é pecado e un valor españolista pero aí vai unha listaxe:
  • Aos guaraníes que teñen 9 palabras diferentes para definir felicidade.
  • Ás persoas que teñen por hobbie o seu traballo.
  • Aos homes que viron a Terra dende a Lúa.
  • Aos que teñen un plan e aínda así saben improvisar.
  • Ás rapazas guapas. Sempre ambicionei que me mirasen aí (dentro duns límites claro)
  • Aos que nun campo de concentración saben rir.
  • A Mario Vargas Llosa, Torrente Ballester e Kurt Vonnegut pola mesma razón e por tres diferentes.
  • Aos que son capaces de durmir nunha romería de pé e mentres soa a orquestra.
  • Aos bos cociñeiros.
  • Aos enxeñeiros de pontes.
  • Aos que acertan na súa xusta medida co sal e o dramatismo na vida.
  • Aos que verán o mundo despois ca min.
  • Aos que verán o mundo despois ca os dalí atrás.
  • Aos que pasan das cousas sen importancia a risco de quitarlle excelencia á vida ou caer na súa propia trampa.
  • Aos que teñen claras as cousas.
  • Aos que estiveron no último concerto de Ziggy Stardust.
  • Aos paxaros de cores atrevidas, se podo elixir o Martiño Pescador.
  • Aos escorpio en xeral.
  • En definitiva aos que non son coma min e seguramente teñan algo que envexarme.

Sunday, March 12, 2006

Un ano sen nada que dicir

¿Ao fin e ao cabo que significa un ano en comparación coa idade das estrelas ou dos anos que leva Manuel Fraga nun cargo político? ¿A quen lle importa o aniversario dun blog máis dos millóns que polo universo esparexados van? ¿Cambia algo levar un ano con este blog?

Celebramos os aniversarios por varios motivos. Agora tendemos a crer que serven para recibir agasallos e copas gratis no caso dos afortunados, o máis habitual é o pago por parte do homenaxeado, pero de novo confundimos as fins cos medios. Un primeiro motivo de felicidade é seguir vivo, un ano máis. Tratándose de algo que tiven que escribir case a diario non é pouca cousa. Por outra envellecer é signo de podremia, desgaste e decadencia aínda que sobre todo constitúe un privilexio e experiencia. O alicerce no que repousan todas as vidas, o ter sido e poder ser.

Este blog foi, é e será (esta última afirmación é desexo, a primeira presunción e a do medio supoño que obviedade se les isto) un punto onde pontificar e debater sobre vida, arte, gastronomía, deporte profesional, política e tendencias na moda ou calquera asunto nimio ou trascendental coa que a miña pequena cabeciña se vexa sacudido. Grazas a vós as miñas reflexións íntimas pasan a ter unha nova dimensión. Ampliades as miñas ideas e axudádesme a coñecer mellor aos que me arrodean e a min mesmo. Este blog foi para min un gran instrumento de comunicación. Quizais pequei de impudoroso ao abrirme as veces en demasía. Tamén admito ser un tipo prexuizoso e con ideas sensatas que se deixa vencer polos seus primeiros impulsos. E non podo negar que moitas veces escribía a procura da vosa conmiseración, sorrisa ou indignación. Nalgúns casos as polémicas sobrepasaron o ciberespacio e noutras só me enterei eu.

Benvidos por outro ano máis e espero non defraudarvos. Unha aperta.

Friday, March 10, 2006

Un misterio

¿Por que esta cazadora ten tanto éxito? É sosa.É horrible.Pertence a un exército coma o alemán que non conta, precisamente, cos mellores antecedentes. Sen embargo é un fenómeno de éxito internacional. Explicádemo. Porfi.

Sunday, March 05, 2006

Contra o gafapastismo

De camiño á óptica coa miña nai preguntoume ela que tipo de gafas quería. Antes de poder responder díxome que as que se levaban eran as de pasta. Púxenme feito unha furia e repliqueille que precisamente por ese motivo ao mellor por ese motivo non as quería. Admito que é un comentario un tanto elitista e desafortunado que resulta incongruente co meu odio cara aos gafapastas.

Tentaba explicarllo o outro día ao Choqueiro. Un gafapasta, aparte de ser unha persoa que leva gafas con montura de pasta, é alguén que fai da cultura unha pose e un rasgo estético do que diferenciarse dos demais. Aglutina un consumo excéntrico e masivo do seu consumo cultural (normalmente música, cine e roupa cool) e unha actitude elitista que o diferenza dos demais mortais.

O seu modo de vida paréceme frívolo e baleiro de sentido. É unha opinión non unha afirmación obxectiva. Usar as paixóns e afeccións de cada un para diferenciarse dos demais é un camiño polo que non quero saír.

Desde logo que a maioría de persoas que mercan unhas gafas así só adquiren este modelo porque é o que lles resulta máis estético. Un dos poucos contextos nos que os prexuizos teñen validez moral é na moda. E eu teñoos, que lle vou facer.

O óptico e a miña nai arrinconáronme con caixóns e caixóns cheos de monturas pasteras. Eu rexeiteinos durante un cuarto de hora. Probabaas para convencelos de que os seres humanos podemos querer gafas de metal. "Pero esas son moi parecidas ás que tiñas antes Xoansiño", dicía a miña nai e eu contestaba "¿Pois mellor non?".

Finalmente, e despois de intentar colarme modelos híbridos pasta-metal, decidinme por outras de metal que non disgustaron a mamá. Todos contentos.

Thursday, March 02, 2006

Por non falar de Leo Bassi...

Probablemente todas as células do meu corpo incítanme a que escriba sobre Leo Bassi, Acebes & Zaplana, e as bondades que traería a este mundo ao laicismo... Seguro que alguén no blogouniverso xa o fixo e mellor ca min. Basta de tanta miseria intelectual pasemos a un tema universal no que ata os distintos colectivos de víctimas terroristas estarían de acordo: as consecuencias do envellecemento.

Tropecei por casualidade cunha web onde saen imaxes das Miss Mundo do pasado e dáse conta de como dirixiron as súas vidas despois do concurso. Se fose un home culto traería a colación algunha cita de Shakespeare ou de Yeats sobre a implacable voracidade do deus cronos e as belezas que coma calquera luxoso pazo acaban por derribarse co tempo.

Ao meu parecer algunhas envelleceron mal, noutras vese á rapaza con 18 anos coa mirada intacta pero unha capa de enrugas demasiado tupida para que a cámara as deixe pasar por alto, noutras vese como a vida as transformou en persoas totalmente diferentes e algunhas incluso cumpriron coa fórmula dos bos viños.

Gústanme as mulleres maiores ca min. Non especialmente, simplemente quero dicir que para min unha muller non perde o seu atractivo cos anos. O corpo cambia, pode que máis do que cambia o dun home, pero creo que é totalmente cultural o feito de que a maioría dos homes rexeiten ás mulleres maiores e non pase ao contrario.

En discusións intelectuais cos meus amigos intelectuais téñome sorprendido co comentario: "Si, tes razón pero xa está un pouco maior." A diferencia excesiva de idade pode considerarse un problema para manter unha relación pero non para espertar o desexo. A serie Nip/Tuck ("quita e pon" na galega os sábados a partir das 12) fai unha crítica devastadora desta cultura da eterna xuventude a través das aventuras de dous cirruxáns plásticos en Miami.

Actividades de comprensión relacionadas co texto:

1.- Cítense maduriñas na flor do seu atractivo.
2.- Descalifíquese a aqueles que só se fixan nas de 18.

Wednesday, March 01, 2006

Desafío municipal

¿Cantos destes concellos existen realmente en Galicia?

  • Baleira
  • As Nogais
  • Verea
  • Cartelle
  • Larouco
  • O Páramo
  • Pontedeva
  • Aranga
  • Crecente
  • Rubiá
Se vos parece moi fácil o xogo podedes dicirme de que provincia son cada un. Por suposto non vale mirar en Internet.