Sunday, November 11, 2007

8 Cancións que suman e non restan

En resposta (represalia?) ao Meme de Elianinha e como homenaxe á súa egrexia figura e pola súa extraordinaria memoria que lle permite non esquecerse de min, darei conta do seu meme con oito cancións que suman e non restan na miña vida.

Teenage Riot-Sonic Youth

Canción con propiedades curativas. Estaba coa espalda tronzada pola dor de tres días de Santirock de pé e botando (novo e inexperto xa sabedes) cando ao son desta melodía rebelde e despreocupada comecei a choutar como cabra tola que son. A seguinte semana tivena que pasar case na cama.



Devil´s Haircut-Beck

Seguramente a canción máis escoitada por min, un tipo, xa de seu, afeito a teimar unha e outra vez na mesma melodía. Unha canción sobre a paranoia e un mundo ameazante co que me sinto ben identificado.



In between days-The Cure

Robert Smith, o home de negro que leva pendurada a palabra SI, compuxo a canción que eu asocio a un dos períodos máis felices da miña vida.



Don´t you forget about me-Simple Minds

Nunca me gustou moito a épica nin a dos gañadores nin a dos perdedores. Si son un fan irredento das películas dos 80 dos sábados pola tarde en TVE. Desta contradición nace o meu apego por un tema dos escoceses Simple Minds, moi do gusto tamén de Baltariño.



Everybody Knows-Leonard Cohen

Pode que ninguén suba tan alto como Leonard Cohen cando, como Bono en The Fly, ispe o cinismo dos sabechóns cínicos á procura de autoxustificación. Un tema moi axeitado para os galegos e para sentirse, por uns cinco minutos, cuberto ante calquera perigo.



Flaca-Andrés Calamaro

Hai cancións que evocan situacións. Flaca de Calamaro traeme ao maxín unha mañá de sábado coa cidade a espertar, un sol brillante que non quenta e que clausura unha noite gloriosa. Unha volta moi tranquila ao fogar.



Fell in love with a girl-The White Stripes

O contido axústase á perfección ao continente. Unha boa canción para espertar polas mañás.



Volando Voy-Camarón/Kiko Veneno

Hai outra canción que reflicta mellor a alegría de vivir?




Paso este meme a
os non blogueiros Ex-En Antena/Ex-Ocioso suxeríndolle "8 películas que deberíamos abominar e non abominamos"; Zenón suxeríndolle "8 mentiras que aceptamos como verdade" e ao si Blogueiro Fravernero suxeríndolle ou ben "8 momentos de humor negro na historia" ou "8 momentos surrealistas da historia".

Tamén quero saber 8 cousas que non fagan chorar a La Mona, 8 momentos gloriosos do fútbol para Moiss, e oito cousas calquera que me queiran contar Heiddegger, Hendriks e Henrik Larsson. Se lles dá por aí.

Os que non teñan blog que poñan comentario neste post.

Labels:

6 Díxome díxome:

At 3:04 PM, Blogger Leopold Bloom said...

Comparto a túa opinión sobre Sonic Youth e o señor L. Cohen, Nadador. Os pais do Noise Pop estiven tentado de ir velos a Barcelona cando viñeron fai catro anos. Non puido ser...

 
At 1:14 PM, Anonymous Anonymous said...

Aproveito a súa invitación, Señor Nadador, para ocupar pacíficamente o seu blog. Podería dicir -e non mintiría- que a maioría dos grandes momentos futbolísticos foron con vostede sentado ao meu lado. Aínda así, fago un repaso mental sucinto e consgno os meus 8 momentos futbolísticos (tendo en conta que dentro de 10 minutos podería dicir outros 8 ou oitenta):

1. Por razóns obvias, o gol de Gio Van Bronckhorst ao Espanyol, momento no que as bágoas asulagaron o meu rostro, e nos vimos conferidos de poderes divinos.
2. O gol de Van Basten na final da eurocopa do 88. é o primeiro recordo futbolístico totalmente nítido na miña mente.
3. O gol de Abreu. Ese home está á altura dos grandes, coma Pelé, por un gol que nunca meteu.
4. A primeira Uefa do Sevilla, o 10 de maio de 2006, en Eindhoven. E eu que pensaba que ía morrer sen que o equipo da miña ialma ganase un título para eu velo.
5. A champions que gañou o Barça no ano 2006, 0 17 de maio do 2006, cómo vivimos ese partido!
6. Non o vivin, pero o óutro día vin unha reportaxe sobre o Brasil dos 70 e ese equipo xogaba en alejandrino (aproveito que sexamos ultrafriquis e nos dediquemos a ver partidos históricos ou mundiais pasados...).
7. O gol de Messi ao Xetafe, que foi igual que o de Maradona, pero sen servir para nada ao final.
8. Persoalmente marcoume moito o primeiro superdepor, o auténtico [Liaño;López Rekarte; Ribera, Djukic, Albistegui; Nando; Aldana, Mauro Silva, Fran; Bebeto e Claudio] e o final de liga contra o Valencia.
9. Por joder poño 9, ex aequo o Dream Team de Cruyff e o Milan de Sacchi, dous equipos inolvidables e que contribuiron a que moitos aprenderamos a amar o futbol.

 
At 1:54 PM, Blogger O Nadador said...

Mesturase a emoción coa nostalxia despois desta listaxe de momentos únicos.

 
At 4:32 PM, Anonymous Anonymous said...

Bueno, irmán, ai van as mentiras que tomamos por certas (para sobrevivir):

Todo o mundo sabe que as mulleres nos odian

Todo o mundo sabe que o alcol non fai dano

Todo o mundo sabe que vivimos no mellor dos mundos factíbeis

Todo o mundo sabe que faremos o que sexa polos que queremos

Todo o mundo sabe que somos libres

Todo o mundo sabe que, fagamos o que fagamos, viviremos ben.

Todo o mundo sabe que nunca poderemos tomar o poder

E xa non quero escribir máis paridas. O único que quero escribir é isto, que si que é unha mentira que eu tomo por verdade:

"Uno busca lleno de esperanzas/el camino que los sueños prometieron a sus ansias/sabe que la lucha es cruel y es mucha/pero lucha y se desangra por la fe que lo empecina/uno va arrastrándose entre espinas/en su afán por dar su amor/lucha y se desangra hasta entender/que uno se ha quedado sin corazón/precio del castigo que uno espera/por un beso que no llega o el amor que lo engañó...

Para unha canción que sempre resta
http://es.youtube.com/watch?v=NbBkFwdrHr4
pero que unha vez se escoita xa non se pode deixar de escoitar na cabeza...

Perdón ao meu benquerido nadador pola pésima calidade coa que ensuxo o seu espazo...

 
At 4:44 PM, Anonymous Anonymous said...

E insisto con outra canción que sempre resta, pero que é inevitable poñer día tras día...

http://es.youtube.com/watch?v=9aVRy-uAWEY

E xa me calo, antes de que alguén se poña juancarlista...

 
At 2:44 PM, Blogger Unknown said...

coincidencias nos gustos musicais...
fan que descubra algunha coisa nova coma white stripes ou sonic youth,que realmente valen a pena, polo resto felicitar o nadador por sair tan ben parado do MEME...
apertas

 

Post a Comment

<< Home