Tuesday, July 26, 2005

Ecuacións falsas

Conversa entre un deputado da UPG e un enxeñeiro de telecomunicacións fan da guerra das galaxias:
-Yo cambiaría que en Galicia no se hablase gallego por multiplicar por 4 el PIB.
-Esa é unha ecuación falsa. Os pobos que toman conciencia de si e que coidan a súa entidade, como Euskadi e Catalunya, son os que melloran as súas condicións de vida.
Para min as dúas son falsas.

Cancións tristes

Hoxe, un día non especialmente melancólico aínda que habería que ver o barómetro de cada quen, dáme por escribir sobre as cancións tristes. Este martes 26 de xullo co sono facendo inaturablemente pesados os dedos das miñas mans mentres tecleo e coas vacacións á vista estou por lembrar unha conversa co compañeiro de piso dun amigo. Este afirmaba que as cancións tristes non se deben de escoitar cando un se sinte deprimido porque se xa estás amolado... ¿para que queres máis?
A conclusión inevitable é que as melodías da dor e da amargura deben de reservarse para aqueles estados de ánimos normal e eufóricos. Se lle concedemos ás cancións un gran poder, eu son partidario de que así é, nun estado normal de ánimo deprimiríanos e nun de euforia quedariamos situados a un escalafón normal de entusiasmo. Polo tanto a carreira de grupos coma Radiohead ou Portishead (si, xa me fixei que acaban en head, pero Talkin Heads é un grupo bastante rumboso) é perniciosa para a humanidade. Aínda así disfrutamos das cancións tristes.
Hoxe, 26 de xullo, coas vacacións á volta da esquina, pregúntome por que esa manía de autotorturarnos con cancións tristes para perpetuar a magoa, deprimirnos ou destruir as nosas ilusións. Pode que o desexo de beleza sexa máis forte.

Sunday, July 24, 2005

Conversa na inmobiliaria

-Grrrrrrrrr,guau, guaau, arfffffffff
-Arrrrrrrrrfgdklklñjkljlkjkl, grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr,jkjlkjlkjlkjlk,wkjlkjlñlkjlkñjlk
-RRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF
-kljkljlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjkljklrjrlkjrkrjkrjkrjrkljrkljrlkrjlkrjrrrjkjrlkjlrkjlrkjrlkjrlkrjlkrjlkrjrkljkljlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjkljklrjrlkjrkrjkrjkrjrkljrkljrlkrjlkrjrrrjkjrlkjlrkjlrkjrlkjrlkrjlkrjlkrjrkljkljlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjlkjkljklrjrlkjrkrjkrjkrjrkljrkljrlkrjlkrjrrrjkjrlkjlrkjlrkjrlkjrlkrjlkrjlkrjr
-rfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjrfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjrfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjrfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjrfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkjfhggklkj
(Ó final non imos ter que pagar nada e devólvennos íntegra a fianza)

Thursday, July 21, 2005

Post 101: Petcións choqueiras

Eu imaxínome así a reunión Porteiro-Baltar(referiraste ó fillo)-Pita. Ábrense as portas e vese a Baltar de frac (un empregado outrora polo seu ademirado Vito Corleone) tocando o piano e a Porteiro cun cinguido traxe de noite bermello estomballado enriba do instrumento de Baltar (o piano enténdese) e levando a cabo contorsións eróticas mentres canta coa súa voz suave e sensual Sementar sementarei. Nestas entra o galán Pita, vestido coma Fredy Mercury en Bohemian Rapsody, e cantan Who wants to live forever os tres. Desprégase un cartel xigante, imitación do de Cidadán Kane, de Manuel Fraga.
Minotouriño no labirinto. Un día Emilio chega á súa casa particular e encontra a Quin coa muller na cama. ¿Racharía o pacto ou imporíase o talante? Nese momento esperta aliviado por residir no Monte Pío Pío onde colocou unha serie de minas antipersoais para se asegurar que ningún nacionalista de vizosas barbas lle roube á muller.
Tópicos galegos. O topicista galego Manuel Gallego responde así ante as acusacións de facer unha arquitectura demasiado galega: Eu non digo que sexa tópico, iso dino algúns e hai que darlles a razón ou non... ¿E por que non a haberían de ter ou de deixar de tela? Quero dicir: uns din unha cousa e outros din outra. Cada cal vai ó seu e quen non vai non vai e ó carallo. Lei de vida. O que hai que pensar é que a cousa é así, e se algún día deixa de ser así xa non é así, ou será da outra maneira a anterior, que sabia é a natureza.
Comparatismo: Ramiro Fonte: e bebo nos teus ollos como unha besta sedenta/ Fuxan os ventos: pariches de pé ao fillo/ como fan no monte as bestas... A miña conclusión que os dous están en galego.
Gallego intervén: Eu non sei se se poden comparar ou deixar de comparar. Son o que son iso esta claro sempre que sexan o que sexan.
O dos pinball sinceramente non me fai moita gracia.Etc, etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,etc,
O de personalizar xa o abordei no meu post sobre as camisetas pero volverei sobre o tema. Propoño que se personalice todo salvo as persoas. O da deslocalización píllame descolocado. Seguramente deslocalizarán todos os gobernos (español, autonómicos, locais...) e os veciños de Carballo cando queiran pagar o imposto de garaxe terano que facer en Nanking.
A xente non comenta porque nin interesa nin me coñece. E menos mal porque despois de ver os blogs máis votados en España alégrome de ter lido máis dun libro ou dous na miña vida e que en ningún deles aparecera Karlos Arguiñano na portada (un pouco elitista xa o sei...)
Vai rañala Choqueiro.
(Gallego intervén: OU non... vaite saber)

Wednesday, July 20, 2005

Peticións do POST 101: Daddy Cool


As equivalencias entre artes son perigosas e arriscadas. ¿É acaso Maradona o Picasso do futebol? ¿Parece xusto considerar a John Ford o Homero do Far West? Son comparanzas arriscadas pero eu arríscome: Boby MacFarrel foi un James Joyce, un Ezra Pound da música disco.
A estes artistas perdeunos a súa megalomanía. Buscaban englobar o universo enteiro nas súas pequenas obras de arte e poderiamos dicir que Boby, cantante de Boney M, foi outro delicioso enfermo. Mentres os leoninos Bee Gees se abandonaban a un hedonismo intrascente ( aínda que ritmicamente subxugante) e as divas como Gloria Gaynor cantaban á promiscuidade sexual Boney M intentaba fundar un mundo mellor mediante unha profunda revisión histórica e unha defensa daquelas figuras románticas que lograron levantar pequenas trincheiras de esperanza.
By the rivers of babylon ( a revisión de MacFarrel sobre o mito fundacional da civilización), Rasputin (unha denuncia do absolutismo e da excesiva influencia do clero), Ma Baker ( a desesperada loita do ser humano por conservar os lazos familiares ),El Lute (un canto a prol da libertade e en contra da discriminación racial) ou Daddy Cool (unha puxante metáfora da sociedade actual) son claros exemplos do pensamento MacFarreliano. Boby ademais era algúen que se tomaba moi en serio a música. Non hai máis que ver o lendario video de Daddy Cool cando, en certos momentos da actuación, perde a conciencia da súa propia existencia e transcende a un estadio superior do coñecemento.
Desgraciadamente a música nunca o tomou en serio a el. Os snobs críticos musicais prefiren a vellos amargados como Dylan ou esperpentos hiperactivos como Jagger para servir de profetas da música e desprezan a ensinanza de paz e amor de Boby. Velaí a guerra de Irak. Velaí a pobreza no mundo.
O único feito que me permite sentirme orgulloso por compartir orixe con Fraga, Franco, Pita, Piñeiro, Pérez Varela, Rouco Varela é o matrimonio de Boby cunha veciña de Chantada. Faime sentir orgulloso de ser humano e fillo de Breogán.
Proximamente as Choqueiro peticións...

Monday, July 18, 2005

Compañeiros de piso

Onte a miña nai, que (avergónzate Nadador)paga o meu aluger, preguntoume se polo que vou pagar este ano non podería conseguir un piso para min so. Eu respondín que prefería ir a un piso compartido. Resposta inusual en min amante da soidade e celoso da intimidade.
Tamén onte estaba eu en zapatillas e o meu compi ofreceuse a irme a por un bocadillo ó sempre dispoñible Bocadiño. Pareceume un xesto de tenrura infinda. Agradézolle publicamente que me acolla durante este mes. É coma un Gio para min (chiste privado). É a Champions.
Os responsables deste cambio de parecer teñen nome e apelidos (e se as tivese a man) caras: Víctor García Torres e Julio Torrado Quintas. Gracias a eles descubrín que se pode vivir con alguén diferente, respectalo, comprendelo e desfrutar do tempo todos xuntos.
Permítome un consello: os mellores amigos non son, necesariamente, os mellores compañeiros. A compatibilidade é unha cousa fodida. Por iso as persoas se namoran e logo non se soportan. Por iso os vellos (apunte choqueiro) dicían "Esa/ese é bo/boa para ti" e os casamentos soian funcionar. Por pura inercia. (Xa sei que hai moitos mais factores pero coñezo a moitos que nin se coñecian o casar e foilles ben.

Saturday, July 16, 2005

GTA

GTA San Andreas é o videoxogo máis vendido da historia. É a terceira parte dunha exitosa saga na que un ten que asumir o papel dun criminal nunha cidade norteamericana e asumir a súa rutina laboral: asasinato, extorsión, tráfico de drogas, trata de blancas, tenencia ilícita de armas, agresións, roubo con intimidación, conducción temeraria... Por se fose pouco conta con varias temas de Guns and Roses na banda sonora.
Non me escanaliza nada do que acabo de escribir. Si me fai rachar as vestiduras a intervención das autoridades norteamericanas ó se enterar de que hai unha ampliación do xogo (elaborada por uns hackers e non pola compañía) que permite realizar actos sexuais implícitos. Un problema grave xa que o xogo é apto para maiores de 18 anos e, de aprobarse a proposta da administración, pasaría a estar restrinxido ós maiores de 21 anos co grave prexuizo económico que iso supón.
¿Por que todos aqueles dispostos a disparar a un intruso no seu xardín tenlle tal fobia ó sexo? ¿É acaso tan perigoso ou vívese alí nunha psicose colectiva respecto ó tema?

Comparto a idea de que non é bo romper a inocencia dun rapaz de 10 ou 11 anos facéndoos interpretar a criminais sen escrúpulos. Tampouco me cabe dúbida de que unha personalidade mínimamente formada )16-17 anos) distingue perfectamente unha catarse cibernética dunha masacre real. Pero agóchase o sexo, teoría, porque implica unha, cando menos minimísima, empatía polos demais e necesidade de colaboración (je, je). A violencia do GTA na que un pandilleiro mata a quen lle molesta sen miramentos é máis acorde coa nosa época neoliberal. Lobos contra lobos. Alá van 6.000 anos de civilización dispostos a ser sustituidos por tódolos milenios de barbarie anteriores.
Non creo que os videoxogos produzan violencia salvo por un efecto de reciprocidade sociedade-productos culturais. Temos, en definitiva, os videoxogos que nos merecemos.

Friday, July 15, 2005

Post 101

Amigas e amigos (se os hai) estades perante o post 101 do Nada que dicir. Quen mo diría... A inconstancia combinada coa apatía son marcas da casa e dificilmente podía chegar a crer que ía escribir unha pequena postaliña case a diario onde descargar as miñas neuras diarias e plasmar a miña frikez a un amplo público de 20 e pico lectores.
Extraio as seguintes ensinanzas: estaba máis so do que cría, tiña máis necesidade de comunicarme e de escribir da que pensaba e son tan lacazán que non modifiquei en nada o deseño orixinal.
O meu agradecemento ás dúas principais promotoras (culpables) deste site, Aqui, por ser o suficientemente pesada e irritante como para animarme a facelo por non aturala, (sabes que é broma) e a Anxos por descobreme a min, e a tantos outros, as posibilidades deste mundo blogueiro.
Dende logo, tal como afirmaron o outro día no congreso, un blog non pode chamarse tal sen unha comunidade que enriqueza o seu sentido. Por iso todo o meu amor sen conservantes nin colorantes para vós.
Coma proba de agradecemento propóñovos dúas cousas:
-Que dedes a vosa opinión sobre este espazo.
-Que me pidades, se así o desexades, un post sobre calquera tema que queirades coa condición de:
*Un so tema por persoa.
*Que non implique verquer comentarios ofensivos sobre unha persoa ou desvelar a intimidade de ninguén salvo a miña.
Unha aperta.

Thursday, July 14, 2005

Congresista

É probable que exista unha manchea de lugares comúns onde case todos nós atopemos reductos de felicidade: a infancia, a natureza, unha conversa con amigos, certo home ou certa muller, unha tarde lendo na horta, unha película de madrugada... A min sempre me gustou colaborar cun grupo de persoas organizando eventos, congresos e xornadas.
Xa sabíades que era raro así que non poñades esa cara.
Cando estás cun grupo de xente ilusionada cun proxecto, disposta a pór ó compañeiro por diante dun propio, transmites a alguén un coñecemento que ti consideras importante ó resto do mundo, coñeces a outra xente que comparte as túas inquedanzas... Pintoo moi idílico. Seino. Os problemas de organización deste tipo de eventos son tantos, cando menos, coma conferenciantes hai no planeta. O inesperado e inevitable sempre acontece en todo congreso, organícese con todo o rigor que se queira (Nota: Esta era a condición que Jean Claude Carriere, guionista de Luis Buñuel, poñía a calquera bo guión).
Hai algo profundamente humano no espírito colaborativo. De feito a nosa supremacía vén dada en parte pola nosa peculiaridade de ser os únicos seres vivos de gran tamaño capaces de organizarse. O lobo contra o lobo neoconservador so é certo cando se destrúen as nosas identidades fundamentais coma grupo. Aí xa só queda o individuo que é claramente insuficiente. Do contrario ser hermafrodita sería a norma e non o pretexto para unha das mellores novelas que lin nunca.
Non vou agochar que quizais esta organización de actos, eventos, congresos... retrotraeme a un pasado... O problema do pasado é a escolla do calificativo. Se dicimos mellor estamos esquecendo o malo e se dicimos peor estamos mentindo. Logo é un problema de memoria. Gustaríame dicir, e creo que me podo permitir o luxo, de dicir que me alegro de ter vivido pero que teño a sorte de atopar motivos cada día para non ter que lembrar.
(Si, quedoume cursi)

Monday, July 11, 2005

Imaxes de mal gusto

O ton do discurso é moito máis significativo ca o discurso ou o contexto en si. O ton nace dunha experiencia vital e cultural compartida. Sabemos que cando se nos di que os medios ingleses non ofreceron imaxes das víctimas do atentado e acto seguido que a cidadanía recuperou lixeira a súa normalidade e non lle reprochou ó goberno por imprevisión mándasenos unha mensaxe implícita. "Non é conveniente".
A inconveniencia vén dada por:
-As víctimas teñen familia e amigos e é devastador para eles ver os seus corpos desmembrados entre os raís.
-Non debe cundir o pánico ante os terroristas. Iso é o que queren.
Estou dacordo coas dúas inconveniencias. Non estou dacordo en que non se publiquen as imaxes. ¿Por que? Si estou dacordo en non facer pública unha desgracia privada ( a víctima dun asasinato, violación...) pero creo que é unha obriga cando as causas da violencia son políticas amosar o horror da violencia en tódalas súas consecuencias porque non creo que traumatice gratuitamente nin para mal. O dano ós familiares está feito. O pánico está desatado entre os propensos a telo. Logo as inconveniencias son:
-As reaccións entre a poboación perante imaxes crúas poden ser igualmente crúas: indignación, reproche, toma de conciencia ante a violenta realidade da nosa orde social...
-Os obxectivos de sociedade civil e terroristas poden coincidir na superficie (fin das guerras coloniais en Irak, Israel e as próximas de Siria e Irán) pero non no fondo (vivir nun mundo máis xusto e en paz).
Os paranoicos coma min vémonos alimentados polo feito de que a masacre tivera lugar xusto antes da conferencia destinada a acabar coa pobreza estrema, gran logro para humanidade cun custe ridículo ( Dous billóns de pesetas, que no conxunto da economía mundial é unha esmola. Un 30% da poboación mundial vive con menos de 30$ ó ano, unha vaca inglesa recibe, de media en subvencións, 10.000 euros ó ano). Os poderosos non queren repartir, está claro.
Creo que as imaxes dos nosos mortos, desgraciadamente, fannos reflexionar máis ca as de lonxanos países. Por iso é especialmente importante que apareza ata a última víscera. Se alguén quere eliminar imaxes obscenas eliminemos esta:

Friday, July 08, 2005

Semen: Una historia de amor

O delirio dos medios fanme apañar estes extractos da entrevista de Leticia Dolera( Actriz, Barcelona 1.981) coñecida por participar en Al salir de clase e Los Serrano (peor é roubar... ¿non?):
Leticia Dolera (Barcelona, 1981) es una chica en serio. La catalana protagoniza una de las películas del verano: Semen. Una historia de amor.
«Semen. Una historia de amor». ¿Qué es esto?
Impacta un poco, ¿no? Pero es una historia de amor. El desencadenante de la historia es una inseminación artificial, que se hace en mi personaje. Luego surge una historia de amor. Pero ese semen es una semilla muy importante en la película porque es el hijo que voy a tener.
Totalmente una comedia. Es una película muy divertida. Es una historia de amor al revés. No es lo típico de chico conoce a chica, se gustan, salen a tomar un café? Es al revés. Se conocen, el pone su semen, comienzan a quedar y, después, se enamoran.
Es romántica. Y lo que también me gusta es que tiene un humor muy inteligente y elegante. El enamoramiento, la paternidad, la adopción, la inseminación? Creo que son cosas bastante presentes en la vida actual.

Lauren Bacall en Curtis

Coñecín á miña amiga en xullo nun curso de guión impartido por un dos creadores de Pratos Combinados. O que vos poda parecer un comentario sarcástico non o é, ninguén que ame tanto ó teatro e ó cine pode restar na vez de sumar no mundo da escea.
Características: cara de nena, ollos celestas, espigada, as formas de muller aínda por definir (sobre todo na mirada), curiosidade en cada xesto, un gran afán pola vida... Hai algo nela, coma en toda persoa interesante, contradictorio. Doce coma un nena por dentro, unha beleza fría, de estatúa, envolvéndoa. Sempre lle dixen que se parecía moito a Lauren Bacall. Ela preguntoume quén era esa. Eu respondinlle que me parecía mal que unha estudiante dun ciclo de imaxe non o soubese. Esta, neniña, é Lauren Bacall:

Pois agora casa. En novembro contoume que díxome que aceptara a aquel home coma quen acepta que lle veñan facer unha enquisa do CIS á casa e que lle acabou por coller cariño. Tiven a delicadeza de non preguntarlle se estaba embarazada pero entendín por unha indirecta que si o estaba. De tódolos xeitos deséxolle unha moi feliz vida en Cuenca. Facede cursos do Servizo Galego de Colocación. Coñécese a xente interesante.

Thursday, July 07, 2005

London calling

Cando viña para escribir neste blog tiña a intención de analizar a anglofobia da maioría de nós dada a elección dos xogos olímpicos de 2012 a Londres. Tiña a intención de dilucidar se os petulantes franceses, os indesexables americanos, os xenocidas e antidemocráticos rusos ou os prepotentes madrileños merecían menos a nosa antipatía.
Admitiría que, por cuestións políticas, viría ben que a París lle concederan o privilexio e que sería negativo para España un maior centralismo ó redor dunha cidade tan chabacana como Madrid. Aínda que penso que, gracias á masiva chegada de estranxeiros, acabará tendo unha atmósfera máis agradable.
Pero agora que se pode dicir...

Wednesday, July 06, 2005

Santiago traizoeira

Este post debería ser un comment. E algún estudioso dos barbarismos lingüísticos podería usar a miña frase para a súa tese. ¿E logo? Pois hai uns días varios de vós sinaláchedes a grave influencia que ten Santiago nas vagas de tristeza e saudade e deberiamos xulgar a xustiza de tal afirmación.
Choqueiro Said: coidado con santiago, é unha cidade moi falsa, hai que saber gardar as distancias con ela, promete pero non dá, non ten apenas nada que dar, a súa perfección non pertence á vida nen ao traballo, nen ao tumulto das xentes, solidifica o pasado, paraliza, faite crer mellor do que es, e é moi sórdida se rascas un pouco, favorece a superficialidade, a pose e certo dandismo sen miolo, parasita a enerxía do seu entorno e dos seus habitantes, esqueceu a súa orixe campesina, vive de ser vista e visitada, vale para retirarse da vida pero pouco para vivila, moi conservadora, moi oculta pero sen segredos que gardar, érguese sobre unha mentira ou unha ausencia, non gañou batallas nen libertade, é indiferente, como algunha muller extremadamente fermosa, á admiración e á dor que provoca, boa para chegar a ela, non para quedarse, etc, noutro tempo non foi así, agora xa non lle pertence aos seus habitantes, naceu tarde como venecia, como venecia debe ser conservada, está cansa, a veces cando a deixamos soa, estala en toda a súa grandeza, as torres entre néboa unha noite de inverno e vento e chuvia imparable, despois regresa ao seu vacío, á súa reserva, non é triste coma o vento do norte do que respira, nen alegre coma as beiras dos mares de arousa cos que soña, non hai unha razón para que estea aí, escepto que é lugar de moitas fontes, e que rollo estou botando, unha aperta en su tinta. E Seneschal Kay said: A vida ten os seus altibaixos. E Santiago (falo por experiencia) pode botárseche enriba cando te sintes só.
A pregunta que se me vén á cabeza é a seguinte... ¿E se eses ataques de melancolía danche nun sitio coma Arteixo ou Narón o ambiente industrial-apocalíptico-ruralidadecuiñítica non acabaría por esmagarte? Penso que se estás a pensar sobre se merece a pena vivir é mellor estar na Praza da Quintana que no Polideportivo de Abegondo.
Santiago é a beleza dos días e conservára nas súas laxes os nosos pasados días felices. Discorre unha cidade subterránea cos seus funcionarios, vellas beatas, servicios de fontanería, médicos, comerciantes de tódala vida e tódalas demais anormalidades presentes en cada núcleo de poboación urbana que coñezo ben por medio das miñas primas que non nos interesa. De Santiago amamos o tempo pasado e as posibilidades abertas. Que estas se veñan abaixo non é culpa da cidade senón do azar e da condición humana.
Nas catedrais agóchase a hipocresía relixiosa non as nosas pequenas frustracións.

Tuesday, July 05, 2005

Os famosos

En Alemaña recentes sentenzas xudiciais afirmaron que os famosos non teñen dereito a vida privada. A min cando menos non me parece de xustiza esta sentenza. Négaselles o dereito a un espacio e a un tempo para si. Un dereito recente, non por iso menos necesario.
As nenas de quince anos morrerían polos seus ídolos. Creo que é unha afirmación literal e pouco esaxerada a tenor do visto polos meus ollos. Tres anos despois cando as feromonas e os primeiros mozos mitigaron o efecto star abandonan ós seus deuses e os converten en inmundicia. Son millonarios, ociosos e seguramente, moito máis felices ca nós, durante a maior parte da súa vida. Perden o sentido da realidade porque só se poden relacionar endogámicamente. Nunca poderán acceder á perruqueira dos seus soños pero si gozarán dos seos operados de moda. Simplemente serán o que nós nunca seremos.

Non obstante establecemos vencellos emotivos con eles. No meu caso sempre baseado polo amor ó traballo que tiveran realizado máis ca o carisma. Seguramente os fans de Rocío Jurado non compartan a miña opinión. E gústame crer, un sentimento autoprotector, que eles, moitas veces de maneira delirante e megalómana, se alimentan desa adoración.
Entristecinme coa morte de Kurt Cobain e Stanly Kubrick. Para min eran persoas que sempre ían estar aí. As veces éme máis doado lembrar que un famoso desapareceu (programas especiais, artigos na prensa, discos recopilatorios, reedición das súas películas...) ca morte tráxica do meu tío Bernardo ós 50 anos. Simplemente eles están aí SEMPRE e a xente non.
Creo que ó longo da miña vida só fun de Beck. Hai tempo que esa admiración remitiu aínda que sigo admirando a súa música. Hai pouco atopei este artigo que narra como el sempre se viu sometido por culpa da súa familia á disciplina da Igrexa da Ciencioloxía. Os seus pais son cienciólogos e el viviu ata os 18 anos nun entorno que, entre outras prácticas habituais das sectas destructivas, destruiu os seus vencellos familiares, anulou a súa autoestima e autonomía persoal, limitou a súa formación e tamén se fala de que os abusos a menores son habituais na Igrexa da Cienciología. Gracias ó seu avó, un artista vanguardista bohemio sueco, a unha vida bohemia e a súa antiga parella; Beck intégrase no mundo "non cienciólogo" conseguindo unhas grandes cotas de creatividade. Desta época datan os seus mellores discos coma Mellow Gold ou Odelay. Cando se convirte nun cantante mundial recoñecido a súa familia volve presionalo para recuperalo para a secta e finalmente rompe coa súa moza no ano 2.000 e entra de novo na Ciencioloxía. Casa por sopresa con outra Ciencióloga (son habituais os matrimonios dirixidos) e ten un fillo.

Beck normalmente minte de maneira descarada en moitas entrevistas. É unha persoa cun problema grave como tantos outras do noso entorno. Sectas coma a Ciencioloxía, o Opus Dei ou os Pentecostais están a ter unha gran relevancia social e unha certa aura de respectabilidade. A desecularización da sociedade é un grave problema que nos trae a monstros coma Bush ou Bin Laden. A historia de Beck é unha de tantas pero eu síntoa coma miña. Quizais non debería porque o único que fixo foi encher de música o meu tempo. Non obstante, a pesar do tribunal de xustiza alemán, é unha persoa e sintoo por el.

Monday, July 04, 2005

Razóns para facer unha cama

Os meus fans e fanas lembrarán un dos meus primeiros posts adicado á reflexión sobre as camas e os argumentos en contra. Facer a cama... unha invitación a desesperanza e a preguiza.
Son menos e máis importantes os motivos para facela. Os habituais non me interesan ( a suavidade da cama sen enrugas, a imaxe da casa ) senón o que nos dá a entender de nós mesmos. O outro día unha prima miña riuse de min dicindo que seguía a escoller igual de mal a carne. E o peor era que tiña razón. Non como as partes máis encarnadas e deixo moito óso sen pelar. Deume vergoña ós 25 anos esta observación.
Escollo mal a carne, non desempaqueto as miñas maletas, deixo a cociña a medio limpar, escribo malos posts, como lixo, non laboro na casa, teño a habitación feita un cristo polos mesmos motivos polos que,
ás veces, non fago a cama.
Dende pequeno sempre fun condicionado a non saír da cama sen a cama feita e a roupa interior sen mudar. O das mudas é case un dogma de fe do que falarei noutro momento. Facer fago a cama case sempre antes de saír da casa. Fágoa mal, apresa, sen valorar o pouco esforzo que supón facelo ben. Así pasa un pouco coa miña vida. Lévoa de calquera maneira, imprimindo unha desidia a cada acción que levo a cabo. Pregúntome se eses pequenos xestos de derrota diaria acumúlanse nas miñas costas esmagándome. A forza quítama esa rutina de pasar a vida de puntillas cando non hai maís oportunidade de existir que a que temos. Cada acción conta e executala con interés e vontade de facer o correcto non é convinte senón obrigatorio ata os límites do corpo e da alma.

¿Por que facer ben a cama? Porque se non a facemos ben realizaremos de maneira cada vez máis neglixente outras tarefas ata que a abulia nos deixe sen intereses, aborrecidos e agardando a alguén que nos saque do letargo. Porque deixarse levar pola vida é bo se estamos nun alto no camiño e senón e mellor nadar en contra da corrente, aínda que sexa por facer algo. Non vos abandonedes coma min. Este será o último blog que faga de xeito desleixado. (prometido a medias)

Sunday, July 03, 2005

Superable

Se despois de traballar durante de horas limpando e movendo lotes baixo os efectos perniciosos da resaca, de sufrir dores agudos e inexplicables no brazo capaces de facerche pensar en ir a urxencias, se a pesar de ter experimentado un forte medo á morte, unha dor aguda de cabeza, desilusión existencial, de chegar á conclusión de que perdín de maneira irrecurable a un dos amores da miña vida por unha torpeza no pasado, de cortarme varias veces e golpearme os xeonllos coa mesa, de ver como a suxedade non marcha nin por asomo, de sentirte canso durante todo día, de chamar a unha amiga e case chorar no medio da rúa por ser esta unha semana perniciosa, de ter baixado 6 veces a tirar o lixo e soportar sensacións fedorentos nunca experimentadas, de encontrar sempre unha última mancha escondida e outra peza de roupa que non recollera, de cargar coas bolsas polo ensanche de Santiago, de ver como o ceo se escurecía e me dicía "vaite abaixo xa, esvaécete polo sumidoiro", de ver como non son capaz de controlar o meu peso e que todo mundo disfruta sinalándomo, de dores de espalda, de tremores nos brazos polos grandes pesos carrexados, de perder a oportunidade de matricularme para o vindeiro ano na escola de idiomas, de sentirme moi so nun piso baleiro nunha cidade baleira un domingo.... Se despois de todo isto sobrevives só cabe alegrarse, atopar un regocixo interno e e andar a rolos por el, afundindo a cara na lama da victoria. Nunca un solpor saberá tan ben e nunca un novo mencer será tan agardado. Dicía Denis de Rougemont que Tristán non amaba a Isolda senón os obstáculos que se interpuñan entre eles. ¿A vida é como o amor? ¿Son os días duros os que posibilitan a nosa felicidade?

Friday, July 01, 2005

A xénese deste blog

O corpo pídeme falar doutro asunto pero a xustiza reclámame que homenaxee a unha persoa que, de non ter coñecido, posibilita a lectura deste blog.
Haberá algunha por aí a reclamar a maternidade deste espacio paranoico e desfarrapado, non lle faltará a razón pero a saber por que o faría, pero se non fose por Anxos Sumai nunca tería Nada que dicir.
O asunto non é tan tópico e patético coma poda parecer. Non, ó ver que Anxos tiña un diario en internet non me puxen a facer igual. De feito isto parécese moi pouco a Anxos de Garda (¿non?). Máis ben foi pola correspondencia electrónica e as conversas que mantivemos as que me animaron a recuperar a fe na escrita. Estaba arrodeado dun grupo de persoas para os que a literatura era escribir un par de poemas o ano seguindo as modas literarias do momento, ler unha serie de lecturas canónicas, falar mal doutros escritores non amigos e louvar ós amigos ademais de xulgar as compañeiras polo seu parecido ó modelo apolíneo de beleza.
A min isto alonxábame bastante da literatura. Cando comezara a escribir e a compartir a miña afección con outras persoas buscaba aumentar a miña creatividade e os meus coñecementos. Pasados os primeiros momentos todo isto esvaeceuse. Con Anxos recuperei o gusto por compartir a literatura con alguén e gañei unha mestra dentro das limitacións que unha arte tan individual coma a escrita concede.

Ten a capacidade de dotar de beleza todo o que escribe con sinxeleza e sinceridade, un ollo clínico para diagnósticar a realidade... Todo iso podedes sabelo lendo os seus textos pero algo polo que eu o admiro especialmente é que hai moito traballo, esixencia e disciplina detrás deste traballo. Máis meritorio se cabe sendo ela unha persoa moi sensible e fráxil. A causa de tanto esforzo só pode provir dun amor polo traballo e unha necesidade real e profunda de comunicación. Ademais dunha personalidade única.
Onte Anxos presentou outra compilación dos seus diarios nun fermoso xardín compostelán cheo de nenos, gatos e con (escasas) racións de empanada de zamburiña. O certo é que parecía unha voda dos lectores coa súa literatura. Espero que saldes a débeda que admitiches ter comigo, un bico.